Felis Margarita

Felis margarita é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos e tribo dos felininos, pertencente ao xénero Felis.

Felis margarita
Gato do deserto, gato das areas
Felis Margarita
Felis margarita no zoo de Cincinnati
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Feliformia
Familia: Felidae
Subfamilia: Felinae
Tribo: Felini
Xénero: Felis
Especie: F. margarita
Nome binomial
Felis margarta
Loche, 1824
Área de distribución de Felis margarita
Área de distribución de Felis margarita

Área de distribución de Felis margarita
Subespecies
    Véxase o texto

É o membro máis pequeno do xénero Felis xunto co gato de patas negras (Felis nigripes), xa que apenas alcanza os 50 cm de lonxitude de cabeza e tronco, aos que hai que sumar outros 30 cm de cola; os machos máis grandes non chegan a pesar 3,5 kg.

Distribúese polas zonas desérticas do Norte de África e de Asia occidental, polo que e coñecido na bibliografía internacional como gato do deserto ou gato das areas.

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita en 1824 polo militar e naturalista francés Victor Loche, nun traballo publicado na Rev. Mag. Zool. París. Serie 2 (10): 49.

O seu espécime tipo foi atopado por Loche preto da localidade alxeriana de Négonca, no norte do Sáhara, e parece terse perdido.

Etimoloxía

Para a do xénero, véxase Felis.

O epíteto específico é unha homenaxe que Loche lle fixo ao xeneral de división francés Jean-Auguste Margueritte.

Subespecies

Segundo o Mammal Species of the World, na especie recoñécense na actualidade (2020) as cinco subespecies seguintes:

  • Felis margarita airensis Pocock, 1951.
  • Felis margarita harrisoni Hemmer, Grubb & Groves, 1976.
  • Felis margarita margarita Loche, 1858.
  • Felis margarita meinertzhageni Pocock, 1938.
  • Felis margarita scheffeli Hemmer, 1974.
  • Felis margarita thinobia (Ognev, 1927).

Notas taxonómicas

  • Eremaelurus thinobius foi proposto como especie por Sergey Ognev en 1926. Este espécime fora recolectado no deserto de Karakum en Turcomenistán. En 1938, Reginald Innes Pocock tamén considerouno como unha especie, pero subordinouno ao xénero Felis usando o nome científico Felis thinobius. Máis tarde considerouno como unha subespecie de Felis margarita, o que até o día de hoxe é amplamente recoñecido.
  • F. m. aïrensis foi proposto por Pocock en 1938 baseándose unha femia encontrada nas montañas Aïr en 1937.
  • En 1974, F. m. margarita, F. m. thinobia e F. m. scheffeli foron recoñecidas temporalmente como taxons válidos. Nese momento considerouse posíbel que os gatos de area eventualmente rexistrados en Afganistán e Irán puideran constituír subespecies distintas.
  • En 2005, F. m. margarita, F. m. thinobia, F. m. scheffeli e F. m. harrisoni foron recoñecidas como válidas por W. Chris Wozencraft en Mammal Species of the World, pero F. m. meinertzhageni e F. m. aïrensis consideráronse sinónimos de F. m. margarita.

Finalmente, o Grupo de expertos en gatos da UICN revisou a información existente e, en 2017, recoñeceu só dúas subespecies:

  • F. m. margarita Loche, 1858: morfoloxicamente distínguese polo seu tamaño máis pequeno e a súa pelaxe manchada ou raiada de cor amarelo, que se encontra no norte de África, e
  • F. m. tinobia (Ognev, 1927): de maior tamaño e con marcas reducidas, e unha pelaxe máis escure e gris, que habita en Asia occidental e central.

Características

As principais características desta especie son:

  • É un gato pequeno que mide de entre os 42 e os 52 cm de lonxitude de cabeza e tronco, cunha cola de entre 23 e 31 cm, e cunha altura na cruz de entre 24 e 30 cm. O seu peso oscila entre os 2,1 e os 3,4 kg nos machos e de 1,3 a 3,1 kg nas femias, que son máis pequenas.
  • A súa cara é aparentemente ancha, xa que as orellas están situadas lixeiramente baixas na cabeza, e teñen unha forma ensanchada.
  • A pelaxe é máis ben mesta e suave. A coloración da cara é abrancazada, presentando no dorso das orellas manchas negras, e na parte interior destes longos pelos brancos; a coloración xeral do corpo é amarela areosa apagada, máis escura no lombo e máis clara nos flancos, co ventre abrancazado, con tonalidades de cor amarela apagada. Presenta dúas bandas apardazadas escuras na parte superior das extremidades dianteiras, e aneis escuros na porción terminal da cola. As lantas dos pés están provistas de longos pelos grises. Os individuos xoves está máis fortemente marcados con manchas que os adultos.
  • Presenta glándulas externas, os machos posúen óso peneano, e a súa dentición é como a do Felis silvestris lybica, pero co primeiro molar notabelmente máis pequeno.

Hábitat e distribución

O gato das areas é un habitante típico das zonas desérticas, tanto en desertos de area coma pedregosos, distribuíndose de forma descontinua nos desertos do norte de África, o suroeste de Asia e Asia central, localizándose en zonas de vexetación escasa que poidan albergar pequenos roedores. Prefire terreos chans ou lixeiramente ondulados con escasa vexetación e evita as dunas espidas, onde hai presas escasas. Refúxiase en matogueiras cando as condicións climáticas son extremas, como cando as temperaturas son de –5 °C ou de 52 °C. En Marrocos encóntrase en areais con herbas perennes, matogueiras baixas e árbores de Acacia sp. En Irán, os seus principais hábitats son as dunas con árbores de Haloxylon sp. e chairas áridas con pouca vexetación. Na península Arábiga áchase principalmente en hábitats areosos, pero tamén en áreas de substrato rochoso duro, como chairas de grava e campos de lava volcánica. Está presente en desertos pétreos. Cos sues pés peludos, está ben adaptado aos ambientes extremos do deserto, vivindo en zonas afastadas da auga e tolera as extremas temperaturas cálidas e frías.

Bioloxía

Felis margarita é un animal solitario, de hábitos nocturnos, agochándose polo día en tobos escavados nas dunas ou ao pé de matogueiras. Aliméntase de animais pequenos (sobre todo roedores do deserto), esquíos terrestres e outros mamíferos até do tamaño das lebres, e tamén de aves, réptiles e insectos.

Ten un sentido do oído extremadamente bo, unha vista moi boa, pero un olfacto moderado.

Alcanza a madurez sexual probabelmente aos 10 ou 12 meses de idade. A época de cría é de marzo a abril. Tras un período de xestación de 63 días as femias paren en tbo ou entre rochas, e teñen unhas camadas de 2 a 4 gatiños que pesan ao naceren entre 50 e 60 g, e teñen unha lonxitude de cabeza e tronco de aproximadamente 12 cm, e unha cola de aproximadamente 6 cm. As crías ao cabo dunha semana pesan xa aproximadamente 100 g, e ás 4 semanas máis de 300 Abren os ollos ás 2 semanas. Ás tres semanas ou tres semanas e media abandoan o niño, e comen o seu primeiro alimento sólido ás 5 semanas, facéndose independentes da súa nai aos 3 ou 4 meses.

Os seus principais inimigos son as serpes velenosas, os chacais e as rapaces nocturnas grandes. En catividade ten unha lonxevidade de até 8 anos.

Ameazas

A degradación e a perda do seu hábitat considéranse as principais ameazas para o gato das areas. Moitas zonas onde vive son frecuentemente visitadas por humanos, animais domésticos e comensais, como o raposo (Vulpes vulpes). Os ecosistemas áridos están a seren degradados rapidamente polo desenvolvemento de infraestruturas e o asentamento e as actividades humanas, especialmente polo pastoreo de gando.

Máis recentemente foron identifiadas ameazas adicionais como a introdución de cans e gatos domésticos asilvestrados, que representan unha competencia directa na depredación, ademais de transmitiren enfermidades.

Estado de conmservación

Seguno os expertos da Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), esta especie, aínda que se encontra na súa ampla área de distribución con baixas densidades, e que os rexistros confirmados son escasos, supera, no entanto, os limiares para a categoría de ameazada de acordo con varios criterios, polo que cualifica o seu status como LC (poucos preocupante).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Felis Margarita TaxonomíaFelis Margarita CaracterísticasFelis Margarita Hábitat e distribuciónFelis Margarita BioloxíaFelis Margarita AmeazasFelis Margarita Estado de conmservaciónFelis Margarita NotasFelis Margarita Véxase taménFelis Margarita

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Galería de imaxes de GaliciaNordés (vento)Esther EstévezToubes, A PeroxaPedra de SconeGrupo Nós1Colocación do pronome átono en galegoVProvincia de PontevedraCampionato de España de segunda categoríaLev TolstoiEvencio FerreroHidrografía de GaliciaXabier DeiveGrupo RompenteRede neural artificialJosé Manuel Baltar BlancoFernando AlonsoGalegoParque Nacional das Illas AtlánticasMaría Victoria de la Fuente AlonsoBandeRAitana OcañaO Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoIulia DrúninaJosé Manuel LageFerrolA carta roubadaEls DottermansMoncha FuentesAbel CaballeroEstatuto de autonomía de Galicia de 1936Malpica de BergantiñosBetanzosPerbes, MiñoEleccións municipais en CamariñasBruce Springsteen8Mofa e BefaXesús PisónNarónBugalloAmieiroGondar, SanxenxoLista de palabras galegas de orixe celtaPeixe sapoMitoloxía galega2023María ReimóndezIgnacio CodesidoVilalbaLinuxPampallínTamara CanosaCelso Emilio FerreiroLareira19AxoloteCeutaCaramelo (empresa)RubiáTorrent, ValenciaLaura AñónBeatriz DouradoHard GZRevolución galega de 1846Con pólvora e magnoliasLeirón rabudoParadigmas dos verbos irregulares galegosJosé Manuel Rodríguez PuenteXosé Luís Méndez FerrínAtaque EscampeGerardo Pardo de VeraChula🡆 More