Feliformes

A dos feliformes, tamén chamados feloideos (Feliformia vel Feloidea), e unha das dúas subordes na que se adoita dividir a orde dos carnívoros que comprende os carnívoros con aspecto felino, incluíndo os gatos (grandes e pequenos), as hienas, as mangostas, as civetas e outros taxons relacionados.

Feliformes ou Feloideos
Feliformia vel Feloidea

Rango fósil: eoceno - actualidade
Feliformes
Tigre (Panthera tigris)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Feliformia
Kretzoi, 1945
Familias (actuais e fñósiles)
Feliformes
Exemplos das familias de feliformes existentes: eupláridos, félidos, hiénidos, herpéstidos, nandiníidos e vivérridos.

On membros da suborde dos feliformes contrasta cos da outra suborde de carnívoros, a dos caniformia (Caniformia), que reúne aos carnívoros con aparencia de "cans".

Ambas as subordes comparten unha característica que distingue aos carnívoros do resto dos mamíferos: a presenza de catro dentes carniceiros, un en cada hemimandíbula, que é un molar ou un premolar modificado e que se utiliza para esgazar carne e triturar ósos.

A separación dos carnívoros nos dous grandes grupos de feliforms e caniforms é hoxe amplamente aceptada, así como o é a cateforización de ambos os grupos como subordes (aínda que algún autores os consideran ás veces como superfamilias). Con todo, a clasificación dos feliformes como parte da suborde Feliformia ou baixo outras distintas agrupacións segue evolucionando.

As clasificacións sistemáticas que se ocupan só dos taxa actualmente vivos inclúen a todos do feliformes na suborde dos Feliformia.

Aínda que existen variacións na definición e na agrupación de familias e xéneros, as filoxenias moleculares suxiren, de feito, que todos os feliformes existentes son monofiléticos.

As familias existentes na actualidade son as que aparecen na cadro de clasificación científica á dereita, e as opinións sustentadas neste artigo reflicten os puntos de vista máis contemporáneos e ben fundamentados no momento en que se escribiu.

As clasificacións sistemáticas que tratan tanto os taxa existentes como os extintos varían máis amplamente, segundo os autores, Algúns autores separan certos feliformes (existentes e extintos) en grupos distintos, como por exemplo, a superfamilia dos Aeluroidea da suborde dos Feliformia. Outros inclúen todos os feliformes (existentes, extintos e "posíbeis antepasados") na suborde dos Feliformia, Porén, estudos recentes suxiren que esta inclusión de "posíbeis antepasados" en Feliformia (ou mesmo en Carnivora) pode ser falsa (Wesley-Hunt e Flynn 2005).

Árbore filoxenética dos feliformes

   Feliformia   

NimravidaeFeliformes

Stenoplesictidae

PercrocutidaeFeliformes

Nandiniidae Feliformes

Prionodontidae

BarbourofelidaeFeliformes

Felidae Feliformes

Viverridae Feliformes

Hyaenidae Feliformes

Herpestidae Feliformes

Eupleridae Feliformes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Jackson, Peter & Adrienne Farrell Jackson (1996): Les félins, toutes les espèces du monde: París / Lausanne: Delachaux et Niestlé. La bibliothèque du naturaliste. ISBN 2-603-01019-0.
  • Kemp, Thomas S, (2005): The Origin & Evolution of Mammals. Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-850761-5.
  • Marion, Rémy; Catherine Marion, Géraldine Véron, Julie Delfour, Cécile Callou & Andy Jennings (2005): Larousse des Félins. París: Larousse. ISBN 2-03-560453-2.
  • Wilson, Don E. & Russell A. Mittermeier (eds.) (2009): Handbook of the Mammals of the World. Volume 1: "Carnivores." Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-96553-49-1.
  • Wilson, Don E. & Reeder, Dee Ann M., eds. (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Feliformes Árbore filoxenética dos feliformesFeliformes NotasFeliformes Véxase taménFeliformesCarnívorosFelidaeHienaMangostaOrde (bioloxía)SubordeTaxon

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Fragas do EumeCarles PuigdemontProvincia de LeónBisexualidadeAlfonso MolinaCopa da CostaLobiosPrado, Morgadáns, GondomarOrchataXesús PisónManuel LourenzoPartido GalegoCira, SilledaZoe SaldanaLíbanoConcellos de GaliciaEvencio FerreroDavid PerdomoSilva bravaParque Nacional das Illas AtlánticasArquitectura gótica en GaliciaBipartito galegoFolgoso, Castro CaldelasCharlie ChaplinLuciano SobralRubén Fernández GarcíaFesta dos maiosGrellaDinahostingSantoalla, Santoalla do Monte, PetínEleccións municipais en RibeiraCódigo QRBidueiroLorbé, Dexo, OleirosManuel Curros EnríquezRNava CastroGalicia estremeiraArroazBoyanka Kostova (grupo musical)Día da NaiSambesugaIraqMarta DarribaSantiago de CompostelaUIAFAVila de CrucesXosé MonteagudoCuruxa comúnAlternativa dos VeciñosLinuxGuamHimno de DaguestánPorqueiraBubelaReino de GaliciaMaría Xosé CarideBandeira de GaliciaCágadoPedra de SconeAlmorzoLista de episodios de Shin ChanProxyA FonsagradaAlecrínJuan Fernández GarcíaEvan EllingsonOs vellos non deben de namorarseCalendario gregorianoOurizo cachoEusebio Alonso VieitesJanica KostelićChulaOs pronomes persoais galegosPriyanka Chopra🡆 More