A Fonsagrada: Concello da comarca da Fonsagrada, na provincia de Lugo

A Fonsagrada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Fonsagrada, da que é capital.

Segundo o IGE en 2018 tiña 3.589 habitantes (4856 no 2006, 4949 no 2005, 5007 no 2004, 4993 no 2003). Cunha superficie de 438,4 km² é o concello máis grande de Galicia. O xentilicio é «fonsagradino», «buroego» ou «brañego».

Modelo:Xeografía políticaA Fonsagrada
A Fonsagrada: Xeografía, Historia, Cultura
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 43°08′00″N 7°04′00″O / 43.133333333333, -7.06666666666677°04′00″O / 43.133333333333, -7.0666666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor em Wikidata
CapitalA Fonsagrada Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación3.186 (2023) Editar o valor em Wikidata (7,33 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie434,8 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude952 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde da Fonsagrada Editar o valor em WikidataArgelio Fernández Queipo Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais na Fonsagrada Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27.100 A Fonsagrada (Casco Urbano) e 27... Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE27018 Editar o valor em Wikidata

Páxina webfonsagrada.org Editar o valor em Wikidata

Xeografía

Demografía

Censo total 3.589 (2018)
Menores de 15 anos 176 (4,90 %)
Entre 15 e 64 anos 1.967 (54,81 %)
Maiores de 65 anos 1.446 (40,28 %)

Evolución da poboación do concello:

Evolución da poboación da Fonsagrada   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
17.302 15.807 13.925 9.392 5.007 4.412 4.309 4.198 4.059 3.960 3.838 3.768 3.670 3.589 3.465 3.389 3.328
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Segundo algúns autores, a historia da Fonsagrada remóntase a antes do século IV, como estación dun itinerario entre Asturias e Lugo, empregando unha vía romana que precedía a vellos camiños de tempos prehistóricos. Posiblemente xa houbese poboadores hai 30.000 anos.

A súa historia xira en torno ao Camiño Primitivo de Santiago, que entra no concello polo alto do Acebo atravesando a vila da Fonsagrada, centro da devoción e visita obrigada á capela de Santa María, onde existía un albergue e unha fonte, cuxo nome (Fontem Sacra) podería ser a orixe do topónimo de "Fonsagrada". Finalmente, a ruta sae do concello pola aldea de Paradavella.

A súa localización na ruta xacobea fundamentou a construción de varios hospitais de peregrinos, como o da aldea de Montouto, mandado construír por Pedro I o Cruel, a mediados do século XIV: o Real Hospital de Santiago de Montouto foi construído a carón doutro máis antigo, que foi rexentado por hospitaleiros ata mediados do século XX.

O concello da Fonsagrada, xunto co de Negueira de Muñiz, formou parte ata 1835 do Concello de Burón, cuxa capitalidade ostentaba a vila da Pobra de Burón, fundada en torno ao ano 1200.

Cara a mediados do século XIV, estas terras caeron baixo o dominio dos condes de Trastámara, pasando logo a mans do conde de Altamira (cara ao ano 1480). Ao longo da historia, os buroneses libraron unha gran loita contra as cargas e tributos que debían pagar, pero os señores feudais aplacaban as revoltas irmandiñas saíndo vitoriosos.

Durante o século XIX, a historia da Fonsagrada está ligada á guerra da Independencia e as Guerras carlistas de 1833 e 1847. Co triunfo do réxime liberal, as condicións de vida dos fonsagradinos non cambiaron substancialmente. A loita social a favor da redención foral foi unha constante entre as súas xentes.

Cultura

Toponimia

O nome da Fonsagrada procede do latín fontem sacratam 'fonte sagrada' ).

  • Adiós, nenas, que nos imos;/ adiós, nenas, que nos vamos;/ a Virgen da Fonsagrada/ mándavos muitos recados .

Galería de imaxes

Lugares da Fonsagrada

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Fonsagrada vexa: Lugares da Fonsagrada.

Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Fonsagrada

A Allonca (Santa María) | A Bastida (San Miguel) | Bruicedo (Santiago) | Carballido (Santa María) | Cereixido (Santiago) | Cuíñas (San Cristovo) | Fonfría (Santa María Madanela) | A Fonsagrada (Santa María) | Freixo (San Xulián) | Lamas de Campos (San Roque) | Lamas de Moreira (Santa María) | Maderne (San Pedro) | Monteseiro (San Bartolo) | Pacios (Santa María) | O Padrón (San Xoán) | Paradavella (San Xoán) | Piñeira (Santa María) | A Proba de Burón (Santa María Madanela) | San Martín de Arroxo (San Martín) | San Martín de Suarna (San Martín) | San Pedro de Neiro (San Pedro) | San Pedro de Río (San Pedro) | Santo André de Logares (Santo André) | A Trapa (San Cibrán) | O Trobo (Santa María) | A Veiga de Logares (Santa María) | Vieiro (Santo Antonio) | Vilabol de Suarna (Santa María) | O Vilar da Cuíña (Santa Bárbara)

Notas


Véxase tamén

Ligazóns externas


A Fonsagrada: Xeografía, Historia, Cultura 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

A Fonsagrada XeografíaA Fonsagrada HistoriaA Fonsagrada CulturaA Fonsagrada na literatura popularA Fonsagrada Galería de imaxesA Fonsagrada Lugares da FonsagradaA Fonsagrada ParroquiasA Fonsagrada NotasA Fonsagrada Véxase taménA Fonsagrada20032004200520062018Comarca da FonsagradaGaliciaIGEProvincia de LugoXentiliciowikt:brañegowikt:buroegowikt:fonsagradino

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Daniel DigesCamp NouGoogleLicenza de documentación libre de GNUXosé Luís BernalMeteoGaliciaIdade MediaAntiga CartagoSusana FortesCan de palleiroPaulino FernándezManuel RivasMercedes PeónSexo analMiguel Ángel Zabalza BerazaA memoria da choivaRabirrubio tizónXogoEmilia Pardo BazánTuiEpítetoEuskal Herria BilduReino Armenio de CiliciaManuel Gallego VilaRelación sexual humanaTerraMiro VillarAbruñoNordés (vento)Cerdedo-CotobadeIllas CanariasEstadio Municipal de RiazorFrancisco Castro VelosoOtto von BismarckCerdeiraDiego Rivas RegoAlfonso RuedaVladimir PutinUbaldo RuedaPúrpuraFrancisco Porto MellaÁlex FidalgoUrcoCarlos MeixideAgatha ChristieHLA-CExaculaciónBarcelonaLuísa VillaltaGrupo NósAves acuáticasPradairo comúnLuis García-ReyConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesUniversidade de Santiago de CompostelaFelaciónVillablinoRamón María del Valle-InclánBLeninismoCasas ColgadasContactPandemia de COVID-19Copia por contactoQEDBatalla de CacheirasRocco SiffrediA ComarcaJorge Sanz MirandaPresidente de Gabón🡆 More