Felinos

A dos felinos (Felinae) é unha subfamilia de mamíferos carnívoros, a máis importante das dúas que integran a familia dos félidos, xa que inclúe 13 dos 18 xéneros desta.

Felinos
Felinae

Rango fósil: mioceno - actualidade
Felinos
Lynx lynx, o lince común ou euroasiático
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Feliformia
Familia: Felidae
Subfamilia: Felinae
Waldheim, 1817
Distribución dos felinos
Distribución dos felinos

Distribución dos felinos
Xéneros
Felinos
Prionailurus bengalensis.
Felinos
Ocelote (Leopardus pardalis).
Felinos
Caracal (Caracal caracal).
Felinos
Otocolobus manul, antes Fels manul.

Distribución

Os representantes desta subfamilia áchanse amplamente distribuídos por todo o mundo e só faltan de forma natural nas rexións polares, Madagascar, Australia e algunhas illas oceánicas.

O gato doméstico, pertencente a esta subfamilia, foi introducido en varios destes lugares de forma voluntaria ou involuntaria, converténdose facilmente en bravo (asilvestrado) e causando un grave impacto entre as faunas endémicas.

Características

Os felinos alcanzan tamaños comprendidos entre os 50–60 cm do gato de patas negras (Felis nigripes) e os case 2 m que pode acadar o representante máis grande, o puma (Puma concolor).

Todos son eficientes cazadores dotados de garras totalmente retráctiles (agás o guepardo), pero son incapaces de ruxir como os membros da subfamilia dos panterinos porque, ao contrario que estes, teñen unha garganta totalmente osificada.

Todas as especies son solitarias, aínda que algunhas toleran con maior facilidade que outras a presenza doutros membros da súa especie no seu territorio.

En catividade producíronse con éxito diferentes tipos de híbridos, tanto dentro dun mesmo xénero e tamén, máis raramente, entre xéneros distintos. Logrouse cruzar o puma con éxito incluso cun membro da outra subfamilia (a dos panterinos), o leopardo, producindo uns híbridos chamados pumapardos. Os descendentes destes cruces son estériles en todos os casos.

Taxonomía

Descrición

A subfamilia foi descrita en 1817 polo anatomista e Wiki Galegopaleontólogo alemán, nacionalizado ruso, Johann Fischer von Waldheim, en Mém. Soc. Imp. Nat. Moscow, 5: 372.

Etimoloxía

O nome científico Felinae, está formao polo elemento fel-, raíz do seu xénero tipo, Felis, coa adición do sufixo -ĭnae, propio das subfamilias de animais.

Clasificación

Unha taxonomía moi discutida: Caracal e Profelis

Durante moitos anos considerouse a Caracal como un xénero monotípico, isto é, que só comprendía unha única especie, Caracal caracal, o caracal, e así aparece en case toda a bibliografía. Así mesmo, tradicionalmente, incluíuse a Caracal aurata no xénero Felis ou no Profelis.

Pero datos moleculares recentes revelan inequivocamente que o caracal, o serval e Caracal aurata están intimamente ligados. E análises xenéticas moi recentes mostraron que o caracal, Caracal aurata e máis o serval están estreitamente relacionados pola súa xenética, e que diverxeron dun antepasado común hai aproximadamente 5,4 millóns de anos. Polo tanto, suxeriuse incluír a todos eles dentro do xénero Caracal.

Este criterio foi aceptado polos autores da lista vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) para Caracal aurata. Polo tanto, segundo a UICN, o xénero comprede estas dúas especies:

Porén, aínda hoxe moitos autores recoñecen a Profelis como xénero independente.

Filoxenia

Árbore filoxenética dos xéneros da subfamilia dos Felinae.

Felinae

Pardofelis

Catopuma

Leptailurus

Profelis

Caracal

Leopardus

Lynx

Acinonyx

Puma

Otocolobus

Prionailurus

Felis

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Felinos DistribuciónFelinos CaracterísticasFelinos TaxonomíaFelinos FiloxeniaFelinos NotasFelinos Véxase taménFelinosCarnívorosFamilia (bioloxía)FélidosMamíferosSubfamiliaXénero (bioloxía)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Viroide1869CaviarMúsculo deltoideGran Premio do Brasil de 2018Lista de concellos de OurenseTradución de proteínasBearizTinamidaeFoca comúnComunicación celularLevantamento Kerenskii-KrasnovPrimeira guerra mundialEdicto de MilánCarpa comúnShirley ChisholmRakel WinchesterCrise financeira de 2007-2008World Trade Center (1973–2001)Gallus gallus domesticusNova OrleánsMila KunisAcuario (recipiente)Fernando Salgado VarelaBisexualidadeÁcido graxoLista de países por superficieHistoria da filosofía occidentalLunfardoPorto, PortugalLingua birmanaLogroñoJuan PardoKylian MbappéHistoria AugustaOrixe das avesDedativoSergio Pérez MendozaDactiliaCrimeaNatureza mortaBelgradoXoves SantoPárkinsonForcareiQuiralidade (química)Lista de reis de BabiloniaLingua romanesaGalipediaLingua serbiaGiotto di BondoneIndianapolis, IndianaEstados Unidos de AméricaPonferradaEmma StoneVilla MediciXXIII dinastía exipciaÁcido behénicoÁcido undecanoicoXosé Antonio TouriñánÁcido eicosapentaenoicoSan Xoán de RíoAbdul KalamBeadeLobeiraClanRosario Porto OrtegaBlastocistoLingua checaReconquista de VigoInositolElemento nuclear intercalado longoMilloKaren UhlenbeckPericarditeJake Gyllenhaal🡆 More