Leopardo

O leopardo ou pantera (Panthera pardus) é unha especie de mamífero da orde dos carnívoros, familia dos félidos e subfamilia dos panterinos.

Coma os outros tres grandes panterinos do xénero Panthera (o león, o tigre e o xaguar), presenta unha modificación no óso hioide que lle permite ruxir. O leopardo é denominado comunmente pantera ou pantera negra cando a súa pelaxe presenta unha cor completamente escura por mor do melanismo. Este fenómeno tamén se da entre os xaguares americanos, coa diferenza de que nos leopardos débese a un alelo recesivo e nos xaguares a un alelo dominante.

Leopardo
Rango fósil: Plistoceno ata o presente
Leopardo
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Felidae
Subfamilia: Pantherinae
Xénero: Panthera
Especie: P. pardus
Nome binomial
Panthera pardus
(Linnaeus, 1758)
Distribución do leopardo en liberdade:      Presenza histórica.      Presenza dubidosa.      Presenza moi fragmentada.      Presenza verificada.
Distribución do leopardo en liberdade:
     Presenza histórica.
     Presenza dubidosa.
     Presenza moi fragmentada.
     Presenza verificada.

Distribución do leopardo en liberdade:
     Presenza histórica.
     Presenza dubidosa.
     Presenza moi fragmentada.
     Presenza verificada.
Subespecies
    Véxase o texto
Sinonimia
    Véxase o texto

Características

Leopardo 
Leopardo melánico, ou pantera negra.

Os leopardos habitan todo tipo de hábitats, salvo os desertos, sempre que teñan onde se acochar e alimento abondo. Así, atópanse en selvas, sabanas, lugares rochosos, zonas de cultivos etc. Na antigüidade o leopardo era abondoso en toda África e na metade sur de Asia. Daquela, nalgunhas culturas era considerado un cruzamento entre león e pantera, como se reflicte no seu nome, que se compón das palabras gregas λέων leōn (león) e πάρδος pardos (pantera macho). Actualmente é moito menos frecuente atopalo en Asia, pero segue tendo unha presenza importante na zona central de África.

O leopardo ten a cabeza redonda e a cola longa e fina. As súas patas son potentes, con 4 dedos nas patas de atrás e 5 nas de diante, sendo tódalas súas garras retráctiles. As diversas subespecies presentan tamaños moi variados. Acadan unha lonxitude de 91 a 191 centímetros sen ter en conta a cola, que pode medir de 58 a 110 cm. A altura pode variar entre 45 e 78 centímetros. Os machos adultos chegan a pesar entre 37 e 90 quilogramos, e as femias entre 28 e 60.

A súa alimentación consiste en animais medianos ou pequenos. Na súa dieta inclúense monos, porcos, cervos, chacales, antílopes, aves, gando etc. Adoita gardar parte da súa caza nas árbores para non ter que comer ás presas e que lle rinda varios días. Os leopardos cazan preferentemente pola noite e descansan polo día, ocupando covas ou pólas das árbores, dende as que tamén vixían a presenza de presas ou de ameazas como leóns, hienas ou tigres.

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita en 1758 por Linneo no Tomo 1, páxina 41, da 10ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Felis pardus.

Sinónimo

Subespecies

Malia que no pasado houbo máis subespecies, hoxe varias están extinguidas. Na actualidade a maioría dos autores recoñecen as seguintes 8 subespecies:

  • Panthera pardus delacouri Pocock, 1930 - leopardo de Indochina.
  • Panthera pardus fusca (Meyer, 1794) - leopardo da India.
  • Panthera pardus japonensis (J. E. Gray, 1862) - leopardo chinés do norte.
  • Panthera pardus kotiya Deraniyagala, 1956 - leopardo de Sri Lanka.
  • Panthera pardus melas (G. Cuvier, 1809) - leopardo de Xava.
  • Panthera pardus nimr (Hemprich & Ehrenberg, 1833) - leopardo de Arabia (ás veces inclúese dentro do leopardo de Persia).[Cómpre referencia]
  • Panthera pardus orientalis (Schlegel, 1857) - leopardo do Amur.
  • Panthera pardus pardus (Linnaeus, 1758) - leopardo africano.

Porén, algúns consideran tamén a:

  • Panthera pardus saxicolor Pocock, 1927 - leopardo de Persia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas


Leopardo 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

Leopardo CaracterísticasLeopardo TaxonomíaLeopardo NotasLeopardo Véxase taménLeopardoAleloCarnívoroDominancia (xenética)EspecieFélidosHioideLeónMamíferosMelanismoPanterinosPantheraPelaxeTigreXaguarÓso

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ContactorLista das aves de GaliciaMar MediterráneoLista de voces dos animaisWolfgang Amadeus MozartLucky LukeMexacánPeter PanLista das árbores de GaliciaInfanciaFriedrich NietzschePonteareasVila de CrucesMaruxa MalloRoisIránMaggie SmithAlecrínTraxe galegoMasturbación coas mamasFernando AlonsoWikiMatriz cadradaSéchu SendePorto da LúaBelén do Campo PiñeiroArnaldo OtegiGalipediaFallout (serie)Manuel FragaRusiaLucía Calvo de la UzLuis Mateo DíezCélula pancreática acinarPobo galegoGran Buda de LeshanPepe CarreiroArxemundoPauliñaTextos das PirámidesFernando de Casas NovoaBélxicaEuskal Herria BilduBenito KamelasBipartito galegoSímbolos matemáticosVerza1 de agostoIrmandades da FalaFariña (serie de televisión)Francisco FrancoAlgoritmoTribadismoRMS TitanicCastelaoXosé Manuel PiñeiroAlemañaLingua portuguesaVitorino NúñezHarry S. TrumanÁ lus do candilConsellería de Cultura, Lingua e XuventudeOs pronomes persoais galegosTuiEleccións ao Parlamento do País Vasco de 2020Lucas VázquezSanta CombaAgustín Reguera OcampoFrancisco Porto MellaHLA-CAna PeleteiroLista de palabras galegas de orixe celtaPragaPontevedraXabier DeiveLuísa Villalta🡆 More