O Gato Con Botas

O gato con botas é un conto popular europeo.

A versión máis antiga recollida é a do autor italiano Giovanni Francesco Straparola, que incluíu este reallto en The Facetious Nights of Straparola no século XIV-XV. Despois foi recopilado en 1697 por Charles Perrault no seu Contos de mamá ganso (Contes de ma mère l'Oye) coma O gato mestre e anteriormente en 1634 por Giambattista Basile coma Cagliuso.

O gato con botas
O Gato Con Botas
Ilustración do conto.
Título orixinal"Il gatto con gli stivali
Autor/aGiovanni Francesco Straparola; Giambattista Basile; Charles Perrault
Ilustrador/aGustave Doré
OrixeItalia, Francia
LinguaItaliano, francés
ColecciónStories or Tales of Past Times with Morals: Tales of Mother Goose (Histoires ou contes du temps passé, avec des moralités: Contes de ma mère l'Oye)
Tema(s)Conto
Xénero(s)Conto de fadas, literatura infantil
EditorialBarbin
Data de pub.Xaneiro de 1697; (1729 en inglés); (século XX en galego)
editar datos en Wikidata ]

Resumo do enredo

O repartimento da herdanza dun vulgar muiñeiro non deixou a seu fillo Benxamín máis ca o gato do celeiro. Decepcionado, o coitado do fillo considerou comelo para non morrer coa fame, mais o micho resultou estar cheo de recursos, e díxolle: «Non debedes vos aflixir, meu señor, non tedes máis que me fornecer unha saqueta e un par de botas para andar pola matogueira, e veredes que a vosa herdanza non é tan cativa coma credes.» O fillo do muiñeiro non cabilou moito e decidiu seguir o seu consello. O gato, galantemente calzado, coa saqueta ao lombo atada no pescozo, encamiñouse axiña ata un tobo onde apañou un coello. Así puxo o seu gran proxecto en marcha, indo ao palacio e amosando a súa caza ao rei:

«Eis, Maxestade, un coello bravo que o Señor Marqués de Carabás (que e o nome que se lle ocorreu dar ao seu amo) me encargou ofrecerlle da súa parte». Co agasallo dunha parella de perdices e outros obsequios, sempre de parte do Marqués de Carabás, o gato con botas logo soubo cando o rei maila súa fermosa filla pasearían pola beira do río:

«Se seguides o meu consello poderedes facer fortuna —díxolle o gato ao seu amo—; só tedes que vos meter no río no lugar que eu vos indique e despois deixádeme actuar.»

Así segue o famoso intre no que a fábula dá un xiro; o gato comeza a berrar «Socorro! Acudídeme! Que o Marqués de Carabás afoga!» Deste xeito, o fillo do muiñeiro, espido, foi envolvido en ropaxes rexias e subido no coche de cabalos do propio rei, revelándose a fábula co aplomo e divertido enxeño característicos de Perrault.

O gato adiantouse entón á comitiva real e dirixiuse ás terras dun poderoso ogro.

O Gato Con Botas 

Aos labregos que estaban a traballar nelas díxolles: «Boa xente que estades a colleitar, se non dicides que todas estas leiras pertencen ao Marqués de Carabás, esmagareivos coma carne de chouriza.» Cando a carruaxe do rei pasou xunto aos campesiños e a Súa Maxestade preguntou quen era o dono daquelas terras, todos eles responderon: «Son do señor Marqués de Carabás».

Mentres tanto o gato chegou ao palacio do ogro e pediu audiencia. Os gardas, desconcertados pola aparencia do gato parlante, abriron a porta inmediatamente e o levaron perante o seu señor.

O Gato Con Botas 

Cando estiveron sentados, o gato díxolle: «Disque que vos tedes o don de vos converter en calquera clase de animal; que podíades, por exemplo, vos transformar en león, en elefante.» Afagado, o ogro díxolle que era certo, e de súpeto se transformou nun ruxinte león para demostrar as súas habilidades. O gato retoulle logo a se transformar nun animal moi pequeno, «nun rato, nunha rata». Devecendo por impresionar ao seu convidado, o ogro respondeulle converténdose nun rato, así que o fixo o gato colleuno polo rabo e tragouno enteiro.

Entón reclamou o palacio do ogro coma fogar para o recentemente nomeado Marqués e recibiu o rei coa súa filla. Ao final o Marqués consegue a princesa, e «o gato converteuse en gran señor, e xa non foi máis tralos ratos agás para se divertir.»

Análise

Segundo o sistema de clasificación de contos de Aarne-Thompson, O gato con botas é de tipo 545B, O gato como axudante.

Malia a súa popularidade, a dubidosa moralidade da historia, ou en realidade a ausencia dela, fixeron que tradicionalmente o conto fose menos interesante de analizar ca outras historias da época. Comparado co rico material que fornecen A Bela Dormente ou Barbazul, O gato con botas é considerabelmente máis alegre no ton. Perrault era coñecido certamente polas súas tendencias moralistas, porén se realmente hai unha lección por aprender nO gato con botas, semella ser que o engano e a mentira dan beneficios máis axiña e xenerosamente ca o traballo duro e o talento.

Para algúns lectores actuais, a nota eticamente discordante é cando o gato ameaza aos campesiños que traballan para o ogro, obrigándoos a dicir que traballan para o Marqués de Carabás. Nunha versión moderna, o gato con botas chega a un acordo cos campesiños polo que se din seren servos do Marqués de Carabás entón el libraraos da tiranía do cruel ogro. Isto eleva considerabelmente o ton moral da historia.

Tamén se pode considerar esta historia para fins didácticos de administración de empresas, todo "xefe" ou "xerente" nalgún momento deberá "confiar" ou "delegar" traballos a un subalterno. Darlle a oportunidade a alguén de nos axudar pode ser a clave na nosa vida que nos faga prosperar.

Noutras interpretacións o gato con botas representa o xogo da natureza racional e animal no fado do home. O gato é un animal humanizado, non só camiña ergueito senón que tamén fala, é un animal que razoa e que libera os seus instintos cando é necesario, na historia cando ameaza os campesiños ou se come o ogro transformado en roedor.

Adaptacións

Ludwig Tieck fixo unha versión teatral satírica en 1797 desta obra.

Le Chat botté (O gato con botas). Esta obra foi adaptada por Ánxeles Cuña e representada teatralmente por Sarabela Teatro en galego (A gata con botas, 2004)

Como se amosa arriba, a versión ilustrada de Gustave Doré é moi coñecida por captar o suave ton satírico da historia.

Un filme animado titulado El gato con botas foi lanzado directamente en vídeo en 1999 por Plaza Entertainment.

O gato con botas apareceu coma un personaxe no filme Shrek 2 (coa voz tanto en inglés coma en castelán de Antonio Banderas). Aparentemente, considerouse o gato coma elección obvia para asasinar a Shrek, que é un ogro, pois xa matara a un famoso antes. Porén, non tenta ningún enrevesado truco desta vez, senón que fai un ataque frontal aberto contra Shrek, aínda que a súa táctica de facer que o inimigo baixe as súas defensas adoptando un aspecto inocente de michiño coitado é tamén extremadamente efectiva. Ademais é español no canto de francés: «El gato con botas» e non «Le chat botté».

Galería de imaxes

Véxase tamén

Tags:

O Gato Con Botas Resumo do enredoO Gato Con Botas AnáliseO Gato Con Botas AdaptaciónsO Gato Con Botas Galería de imaxesO Gato Con Botas Véxase taménO Gato Con Botas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ÉuscaroPimpíns de DarwinDécada de 1180ArubaChikungunyaCristina TapiasProvincia de OurenseAmazonActinopterygiiInlativoEdgar de WahlPolpa dentariaMundial de Fútbol de 2006Vilamartín de ValdeorrasXosé Ramón GayosoCrónica troianaEstados Unidos de AméricaOxalacetatoNós (revista)BreixoSteven AdamsAntilope cervicapraBatoideaAWStatsMúsculo deltoideLareiraKagoshimaSexo analColumbiformesEva Iglesias MiguénsPCoreano (peixe)Dacota do NorteDécada de 1170Gran Premio de Australia de 2018ShinovaMullerDía Internacional dos TraballadoresHistoria da ChinaÁcido vaccénicoCancro colorrectalKiribatiGaravanzoBoeing 767CONCACAFGlándula suprarrenalInés ArrimadasBill CosbyCarballeda de AviaMonterreiBaltimoreLuísa VillaltaEdimburgoÁreas lingüísticas do galegoAngela MerkelIntrónRoko (actriz)Gran CanariaRetrato de TenochtitlanWilliam Smith (lexicógrafo)Hindemburg Melão Jr.Sergio Pérez MendozaARN transferenteAeroporto de Hangzhou-XiaoshanVilariño de ConsoFlynasUniversidade de GranadaCobra viperinaIllas SalomónPreposicionalPlebe🡆 More