Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Moeda estadounidense de curso legal

Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / LIBERTY / IN GOD WE TRUST / QUARTER DOLLAR.

Cuarto de dólar dos 50 estados
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo
Anverso común

Retrato de perfil George Washington cara á esquerda. Marcas de gravador (JF e WC) e marca de ceca.
  • Datas: 1999-2008.
  • Cecas e marcas: Filadelfia (P) e Denver (D).
  • Deseño do anverso: John Flanagan e William Cousins.
  • Tiraxe total: 34.797.600.000 exemplares.
  • Aliaxe: Cu bañado en Cu-Ni.
  • Diámetro: 24,26 mm.
  • Pesos: 5,67 g.
  • Espesor: 1,75 mm.
  • Canto: estriado.

Os cuartos de dólar dos 50 estados son unha serie de moedas dun cuarto de dólar postas en circulación pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en conmemoración de cada un dos estados constituíntes dos Estados Unidos.

Este programa foi creado pola Lei 105-124, do 1 de decembro de 1997, e as moedas foron cuñadas e postas en circulación entre 1999 e 2008 en bloques de cinco estados cada ano.

O deseño común do anverso correspóndese co coñecido como cuarto de dólar Washington, creado por John Flanagan en 1923 e adaptado nesta ocasión polo gravador da US Mint William Cousins, en tanto que o reverso é específico para cada estado.

O programa dos cuartos de dólar dos 50 estados púxose en marcha para promover unha nova xeración de coleccionistas de moedas, e converteuse no programa numismático máis existoso da historia dos EEUU, xa que aproximadamente a metade da poboación coleccionou as moedas desta serie. Isto provocou, ademais, un beneficio de arredor de 3.000 millóns de dólares para o Goberno federal, motivado da retirada da circulación das moedas por parte dos coleccionistas.

En 2009, a Casa da Moeda dos Estados Unidos comezou a complementar esta serie cun novo programa de moedas dun cuarto de dólar dedicadas ao Distrito de Columbia e dos territorios dos EEUU, nos que se inclúen Porto Rico, Samoa Americana, Guam, as illas Virxes Estadounidenses e as illas Marianas do Norte.

Creación da serie

Concepción da idea

Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
O representante por Delaware Michael Castle, promotor do proxecto de lei para a creación do programa de cuartos de dólar dos 50 estados.

As orixes deste programa de emisións están no Comité Consultivo Cidadán de Moedas Conmemorativas (CCCAC), nomeado polo secretario do Tesouro, Lloyd Bentsen, en decembro de 1993 e presidido polo director da Casa da Moeda dos EEUU, Philip N. Diehl. Desde os primeiros días de existencia deste organismo, varios dos seus membros a título individual, encabezados por David Ganz, instaron o comité a apoiar o programa dos cuartos de dólar dos 50 estados.

Ao principio esta iniciativa só atopou o apoio de Charles Atherton, da Comisión de Belas Artes dos EEUU, e de Dan Hoffman, un numismático novo de Carolina do Sur que tamén formaba parte do CCCAC. Mais a partir de 1995 o CCCAC comezou a sumarse formalmente o proxecto. O comité buscou daquela o apoio do representante republicano por Delaware Michael Castle, que presidía o Subcomité Bancario da Cámara de Representantes, con xurisdición sobre as moedas do país. A cautela inicial de Castle resolveuse cando Diehl suxeriu que as moedas se emitisen na orde en que os estados foran entrando na Unión e ratificaran a Constitución dos Estadios Unidos. Delaware, o estado natal de Castle, foi o primeiro en facelo e, xa que logo, sería o primeiro estado en ver en circulación a súa moeda dun cuarto de dólar. Posteriormente, Castle realizou varias comparecencias na cámara e presentou un proxecto de lei para a autorización do programa.

Oposición do Tesouro e apoio do Congreso

Malia o apoio do director da US Mint e do CCCAC, que fora designado polo Departamento do Tesouro, este mesmo departamento opúxose ao programa dos cuartos de dólar dos 50 estados, xa que as cuñaxes conmemorativas chegaran a identificarse nos últimos tempos con abusos e excesos. As previsións económicas da Casa da Moeda dos EEUU apuntaban a que o programa faría que o Goberno gañase entre 2.600 e 5.100 millóns de dólares, motivados pola señoriaxe —é dicir, na diferenza entre o valor nominal das moedas e o custo da súa produción—, mais outros 110 millóns noutros beneficios pola comercialización numismática. Diehl e Castle utilizaron estas previsións da Casa da Moeda para solicitar o apoio do Tesouro, mais os directivos desta institución consideraban que os cálculos carecían de credibilidade —ao final do programa, a US Mint estimou que o programa xerara 3.000 millóns de dólares en señoriaxe e 136,2 millóns en beneficios numismáticos—.

Diehl traballou con Castle con discreción para sacar adiante o proxecto de lei, malia a oposición do Tesouro ao programa. No entanto, o Tesouro suxeriu que o departamento realizase un estudo para determinar a viabilidade do programa. Co asesoramento de Diehl, Castle aceptou a suxestión do Tesouro e o estudo de viabilidade incluíuse no proxecto de Lei de Moedas Conmemorativas dos Estados Unidos de 1996, que tamén autorizaba o secretario do Tesouro a executar o programa sen necesidade de novas decisións do Congreso, no caso de que os resultados de viabilidade fosen favorables.

O Tesouro contratou coa compañía consultora Coopers and Lybrand a realización do estudo en 1997, e os seus resultados confirmaron as proxeccións da Casa da Moeda tanto sobre a demanda como sobre a señoriaxe e sobre os beneficios numismáticos do programa. Entre outras conclusións, o estudo determinou que era probable que 98 millóns de estadounidenses gardasen un ou máis xogos completos de moedas dun cuarto de dólar desta serie —ao concluír o programa, a US Mint anunciou que foron 147 millóns as persoas que os coleccionaron—. Malia todo, o Departamento do Tesouro seguía a oporse á creación do programa e negábase a levalo a cabo sen un mandato claro do Congreso para o facer.

En 1997, o Congreso emitiu ese mandato en forma de Lei do Programa de Moedas Conmemorativas dos 50 estados, que foi promulgada polo presidente Bill Clinton o 1 de decembro de 1997.

O programa dos cuartos de dólar dos 50 Estados

Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cerimonia de lanzamento do cuarto de dólar dedicado ao estado de Idaho en 2007.

Consonte o programa aprobado pola lei, a Casa da Moeda dos Estados Unidos comezou coa emisión dos cuartos de dólar dos 50 estados cunha cadencia dunha moeda cada dez semanas, ou cinco moedas por ano, na orde en que cada estado ratificou a Constitución ou entrou a formar parte da Unión. O reverso de cada moeda conmemora un dos 50 estados cun deseño emblemático da súa historia, as súas tradicións ou os seus símbolos.

A lei que autorizaba a serie e os procedementos habituais da Casa da Moeda outorgáronlle a cada estado un papel relevante á hora de determinar o deseño que o representaría na moeda correspondente. Na maioría dos casos seguiuse un proceso polo que o gobernador lle solicitaba á cidadanía do estado que presentase conceptos de deseño e nomeou un grupo asesor para supervisar o proceso. Estes gobernadores presentaron entre tres e cinco conceptos de deseño finalistas ao secretario do Tesouro para a súa aprobación, e os deseños aprobados devolvéronse aos respectivos estados para a elección do deseño final.

Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Bolsa e rolos da US Mint para a distribución dos cuartos de dólar dos 50 estados.

Os estados optaron, en xeral, entre dous procedementos. En 33 casos, o gobernador escolleu o deseño final recomendado, baseándose adoito en recomendacións de grupos consultivos e representantes da cidadanía. Nos outros 17 estados, os cidadáns elixiron o deseño final recomendado a través de votacións en liña, por correo, por teléfono ou por outros medios establecidos para o efecto. Finalmente, os gravadores da US Mint aplicaron todos os conceptos de deseño finalmente aprobados polo secretario do Tesouro entre os recomendados por cada estado. A atención popular e dos medios de comunicación en torno a este proceso foi intensa, o que lle proporcionou ao programa unha gran publicidade previa á posta en circulación das moedas.

O programa dos cuartos de dólar dos 50 estados foi a serie de moedas conmemorativas máis popular da historia numismática dos Estados Unidos. A Casa da Moeda estimou que, ademais dos 147 estadounidenses que coleccionaron estas moedas, 3,5 millóns participaron tamén no proceso de selección dos deseños de cada estado.

No final de 2008 cuñáranse e puxéranse en circulación todas as moedas dun cuarto de dólar previstas no programa. Consonte os datos da Casa da Moeda, a cantidade total de moedas cuñadas foi de 34.797.600.000. A tiraxe media foi de 695.952.000 moedas por cada estado, aínda que oscilou entre as 1.594.616.000 da moeda de Virxinia e as 416.600.000 do de Oklahoma. Todas as moedas circulantes foron cuñadas na Ceca de Filadelfia e na Ceca de Denver, e as versións con acabamento especial proof para coleccionistas na Ceca de San Francisco.

Primeira serie (1999)

1999
Imaxe do reverso Estado Data incorporación Tiraxe Data emisión Deseñador/a
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Delaware 7-I-1787 774.824.000 1-I-1999 William Cousins
Descrición: imaxe inspirada na estatua en Wilmington de Caesar Rodney a cabalo, o congresista que co seu voto moveu a balanza cara á independencia dos Estados Unidos.
Lendas: DELAWARE 1787 / THE FIRST STATE / CAESAR RODNEY / 1999 / EPLURIBUS UNUM
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Pensilvania 12-I-1787 707.332.000 8-III-1999 John Mercanti
Descrición: estatua Commonwealth, de Roland Hinton Perry, do Capitolio de Pensilvania, superposta á silueta do estado que contén unha doela clave.
Lendas: PENNSYLNAVIA 1787 / VIRTUTE, LIBERTY, INDEPENDENCE / 1999 / E PLURIBUS UNUM
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Nova Jersey 18-I-1787 662.228.000 17-V-1999 Alfred Maletsky
Descrición: escena do xeneral George Washington xunto a membros do exército colonial cruzando o río Delaware, cara ás batallas da guerra de independencia,baseada na pintura de E. Leutze Washington Crossing the Delaware. É a primeira moeda que representa a Washington en ambas as faces.

Lendas: NEW JERSEY / 1787 / CROSSROADS OF THE TEVOLUTION /1999 / E PLURIBUS UNUM

Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
'Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Xeorxia (EEUU) 2-I-1788 939.932.000 19-VII-1999 T. James Ferrell
Descrición: varios símbolos dese estado: pexego dentro da silueta do mapa, con pólas de carballo aos lados e un estandarte enriba. O mapa omite, por erro, o condado de Dade, no extremo noroeste (en 1860, os cidadáns deste condado votaron pola secesión dos EEUU e de Xeorxia, aínda que nunca se lle recoñeceu legalmente).
Lendas: GEORGIA / 1788 / WISDOM, JUSTICE, MODERATION / 1999 / E PLURIBUS UNUM
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Connecticut 9-I-1788 1.346.624.000 12-X-1999 T. James Ferrell
Descrición: imaxe do carballo no que o capitán Joseph Wadsworth agochou a Constitución de Connecticut, ameazada polo rei Xacobe II, impedindo así a caída do estado en mans británicas. Este carballo, que caeu por un trebón o 21 de agosto de 1856, aparece tamén no medio dólar do tricentenario de Connecticut, de 1935.

Lendas: CONNECTICUT / 1788 / THE CHARTER OAK / 1999 / E PLURIBUS UNUM

Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 

Segunda serie (2000)

2000
Imaxe do reverso Estado Data incorporación Tiraxe Data emisión Deseñador/a
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Massachusetts 6-II-1788 1.163.784.000 3-I-2000 Thomas D. Rodgers
Descrición: sobre un mapa do estado, a estatua The Minute Man, sita no Minute National Historical Park de Massachusetts, que representa as milicias que axudaron a combater pola independencia.
Lendas: MASSACHUSETTS / 1788 / THE BAY STATE / 2000 / E PLURIBUS UNUM
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Maryland 18-IV-1788 1.234.732.000 13-III-2000 Thomas D. Rodgers
Descrición: torre da Casa do Estado, construída en 1772, e aos seus lados pólas de carballo branco. A Casa do Estado ten a maior cúpula de madeira do país construída sen cravos. Houbo propostas para que o motivo central fose o famoso cangrexo azul, típico de Maryland.
Lendas: MARYLAND /1788/ THE OLD LINE STATE / 2000 / E PLURIBUS UNUM
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Carolina do Sur 23-V-1788 1.308.784.000 22-V-2000 Thomas D. Rodgers
Descrición: silueta do estado e, sobre esta, á esquerda unha estreliña do norte rodeada de xasmíns amarelos e á dereita unha palmeira; no medio unha estrela que indica a capital do estado: Columbia.
Lendas: SOUTH CAROLINA / 1788 / THE PALMETTO STATE / 2000 / E PLURIBUS UNUM
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Nova Hampshire 21-VI-1788 1.169.016.000 7-VIII-2000 William Cousins
Descrición: formación rochosa deste estado coñecida como " O vello da montaña". Á esquerda, nove estrelas, por ser o noveno estado en ingresar na federación. Esta formación rochosa colapsou en 2003.
Lendas: NEW HAMPSHIRE / 1788 / LIVE FREE OR DIE / OLD MAN OF THE MOUNTAIN / 2000 / E PLURIBUS UNUM
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Virxinia 25-VI-1788 1.346.624.000 16-X-2000 Edgar Z. Steever
Descrición: os tres barcos (o Susan Constant, o Godspeed e o Discovery) que trouxeron os primeiros colonos ao primeiro asentamento fixo inglés dos Estados Unidos: Jamestown.
Lendas: VIRXINIA / 1788/ JAMESTOWN / 1607 - 2007 / QUADRICENTENNIAL / 2000 / E PLURIBUS UNUM

Terceira serie (2001)

2001
Imaxe do reverso Estado Data incorporación Tiraxe Data emisión Deseñador/a
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Nova York 26-VII-1788 1.275.040.000 2-I-2001 Alfred Maletsky
Descrición: a Estatua da Liberdade superposta ao mapa do estado no que se marcan o río Hudson e a canle de Erie; á súa esquerda once estrelas, que indican que foi o undécimo estado en ingresar na Unión.
Lendas: NEW YORK / 1788 / GATE OF FREEDOM / 2001 / E PLURIBUS UNUM
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Carolina do Norte 21-XI-1789 1.055.476.000 12-III-2001 John Mercanti
Descrición: reprodución da fotografía "O primeiro voo", de 1903, na que un ultralixeiro planea sobre o chan, entanto que unha persoa observa.
Lendas: NORTH CAROLINA / 1789 / FIRST FLIGHT / 2001 / E PLURIBUS UNUM
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Rhode Island 29-V-1790 870.100.000 21-V-2001 Thomas D. Rodgers
Descrición: o Reliance, iate na Copa América de 1903, na baía de Narragansett coa ponte Pell de fondo, representación do deporte máis popular deste estado.
Lendas: RHODE ISLAND / 1790 / THE OCEAN STATE / 2001 / E PLURIBUS UNUM
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Vermont 4-III-1791 882.804.000 6-VIII-2001 T. James Ferrell
Descrición: montaña Camel's Hump ("Xiba de camelo"), con dous pradairos en primeiro plano e un home apañando zume nuns caldeiros. O estado é un gran produtor de xarope e de azucre de pradairo.
Lendas: VERMONT / 1791 // FREEDOM AND UNITY / 2001 / E PLURIBUS UNUM
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Kentucky 1-VI-1792 723.564.000 15-X-2001 T. James Ferrell
Descrición: mansión da plantación Federal Hill ("Outeiro federal"), hoxe parte do parque estatal My Old Kentucky Home. Cabalo de carreiras e un valado, en homenaxe ao Derby de Kentucky.
Lendas: KENTUCKY / 1792 / MY OLD KENTUCKY HOME / 2001 / E PLURIBUS UNUM
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 

Cuarta serie (2002)

2002
Imaxe do reverso Estado Data incorporación Tiraxe Data emisión Deseñador/a
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Tennessee 1-VI-1796 648.068.000 2-I-2002 Donna Weaver
Descrición: guitarra, trompeta e violín, cun libro de partituras detrás. Tres estrelas aos lados, alusivas ás tres rexións en que se divide o estado, coas súas músicas típicas: country, blues e música apalache. Debaixo, estandarte. Algúns medios criticaron inexactitudes nos instrumentos representados, como o número de cordas da guitarra ou a situación do tubo da trompeta.
Lendas: TENNESSEE / 1796 / MUSICAL HERITAGE / 2002 / E PLURIBUS UNUM
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Ohio 1-III-1803 632.032.000 18-III-2002 Donna Weaver
Descrición: avión Wright Flyer III, dos irmáns Wright, e un astronauta, sobre a silueta do estado, en homenaxe á contribución de Ohio ao avance aeroespacial (os astronautas John Glenn, Neil Armstrong, James Lovell e Judith Resnik eran nativos de Ohio, así como os Wright).
Lendas: OHIO / 1803 / BIRTHPLACE OF AVIATION PIONEERS / 2002 / E PLURIBUS UNUM
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Louisiana 30-IV-1812 764.204.000 30-V-2002 John Mercanti
Descrición: un pelicano (ave do estado), unha trompeta con notas musicais e a silueta dos EEUU cos territorios da Compra de Louisiana resaltados.
Lendas: LOUISIANA / 1812 / LOUISIANA PURCHASE / 2002 / E PLURIBUS UNUM
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Indiana 11-I-1816 689.800.000 8-VIII-2002 Donna Weaver
Descrición: monopraza de carreiras participante das 500 millas de Indianapolis, sobre a silueta do mapa do estado e rodeado de 19 estrelas (19º estado en ingresar na Unión).
Lendas: INDIANA / 1816 / CROSSROADS OF AMERICA / 2002 / E PLURIBUS UNUM
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Mississippi 10-I-1817 579.600.000 15-X-2002 Donna Weaver
Descrición: dúas flores de magnolio, a flor nacional do estado.
Lendas: MISSISSIPPI / 1816 / THE MAGNOLIA STATE / 2002 / E PLURIBUS UNUM

Quinta serie (2003)

2003
Imaxe do reverso Estado Data incorporación Tiraxe Data emisión Deseñador/a
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Illinois 3-I-1818 463.200.000 2-I-2003 Donna Weaver
Descrición: figura xuvenil de Abraham Lincoln, rodeada pola silueta do mapa do estado; á súa esquerda unha granxa e á dereita a silueta da cidade de Chicago. 21 estrelas, alusivas á orde da incorporación do estado á Unión.
Lendas: ILLINOIS / 1818 / LAND OF LINCOLN / 21st State - Century / 2003 / E PLURIBUS UNUM
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Alabama 14-I-1819 457.400.000 17-III-2003 Norman E. Nemeth
Descrición: Hellen Keller sentada nunha cadeira e lendo un libro en braille; o seu nome en braille e en inglés. A ambos lados, póla de piñeiro e grilanda de magnolias. É a única moeda da serie con texto en braille.
Lendas: ALABAMA / 1819 / HELLEN HELLER / SPIRIT OF COURAGE / 2003 / E PLURIBUS UNUM
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Maine 15-III-1820 448.800.000 2-VI-2003 Donna Weaver
Descrición: faro da península de Pemaquid e a goleta Victory Chimes no mar.
Lendas: MAINE / 1820 / 2003 / E PLURIBUS UNUM
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Missouri 10-VIII-1821 453.200.000 4-VIII-2003 Alfred Maletsky
Descrición: Meriwether Lewis e Wlliam Clark regresan a San Luís, co arco Gateway ao fondo. O deseño orixinal de Paul Jackson, gañador do concurso, foi alterado polos gravadores da US Mint aducindo razóns técnicas da cuñaxe, polo que hai controversia sobre a atribución da autoría a Alfred Maletsky.
Lendas: MISSOURI / 1821 / CORPS OF DISCOVERY / 1804 2004 / 2003 / E PLURIBUS UNUM
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Arcansas 15-VI-1836 457.800.000 20-X-2003 John Mercanti
Descrición: un diamante, arroz e un lavanco voando sobre un lago, elementos típicos do estado de Arcansas".
Lendas: ARKANSAS / 1836 / 2003 / E PLURIBUS UNUM

Sexta serie (2004)

2004
Imaxe do reverso Estado Data incorporación Tiraxe Data emisión Deseñador/a
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Míchigan 26-I-1837 459,600,000 26-I-2004 Donna Weaver
Descrición: contorno do mapa do estado do estado e dos Grandes Lagos.
Lendas: MICHIGAN / GREAT LAKES STATE 2004 / E PLURIBUS UNUM
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Florida 3-III-1845 481.800.000 29-III-2004 T. James Ferrell
Descrición: transbordador espacial, galeón español do século XVI e terra con palmeiras, árbore símbolo do estado.
Lendas: FLORIDA / 1845 / GATEWAY TO DISCOVERY / 2004 / E PLURIBUS UNUM
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Texas 29-I-1845 541.800.000 1-VI-2004 Norman E. Nemeth
Descrición: contorno do mapa do estado coa estrela de cinco puntas da súa bandeira superposta, todo rodeado por unha corda das usadas polos vaqueiros.
Lendas: TEXAS / 1845 / THE LONE STAR STATE / 2004 / E PLURIBUS UNUM
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Iowa 28-I-1846 465.200.000 30-VIII-2004 John Mercanti
Descrición: escena dunha escola e o profesor con alumnos plantando unha árbore, baseado na pintura Arbor Day, de Grant Wood.
Lendas: IOWA / 1846 / FOUNDATION IN EDUCATION / GRANT WOOD / 2004 / E PLURIBUS UNUM
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Wisconsin 29-V-1848 453.200.000 25-X-2004 Alfred Maletsky
Descrición: unha vaca, un anaco de queixo e unha espiga de millo, produtos agrícolas típicos de Wisconsin. Debaixo estandarte co lema do estado. Algúns exemplares desta moeda cuñados na Ceca de Denver presentan unha folla de máis na espiga de millo e hai algunha variante máis nestas follas.
Lendas: WISCONSIN / 1848 / FORWARD2004 / E PLURIBUS UNUM

Sétima serie (2005)

2005
Imaxe do reverso Estado Data incorporación Tiraxe Data emisión Deseñador/a
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  California 9-IX-1850 520.400.000 31-I-2005 Don Everhart
Descrición: o naturalista John Muir admirando o monólito de granito Half Dome, no Parque Nacional de Yosemite, cun cóndor sobrevoando.
Lendas: CALIFORNIA / 1850 / JOHN MUIR / YOSEMITE VALLEY / 2005 / E PLURIBUS UNUM
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Minnesota 11-V-1858 488.000.000 4-IV-2005 Charles Vickers
Descrición: unha movella grande nada nun lago bordeado de árbores; dúas persoas pescan nun bote. Superposto, un contorno texturizado do estado.
Lendas: MINNESOTA / 1858 / LAND OF 10,000 LAKES / 2005 / E PLURIBUS UNUM
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Oregón 14-II-1859 720.200.000 6-VI-2005 Donna Weaver
Descrición: lago do Parque Nacional Crater Lake visto desde a beira sur-suroeste, coa illa Wizard e os picos Watchman e Hillman. Coníferas en primeiro plano.
Lendas: OREGON / 1859 / CRATER LAKE / 2005 / E PLURIBUS UNUM
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Kansas 29-I-1861 563.400.000 29-VIII-2005 Norman Nemeth
Descrición: un bisonte americano e xirasoles, ambos emblemas da riqueza natural do estado.
Lendas: KANSAS / 1861 / 2005 / E PLURIBUS UNUM
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Virxinia Occidental 20-VI-1863 721.600.000 14-X-2005 John Mercanti
Descrición: vista da foz do New River coa ponte ao fondo. Antes de se escoller este deseño, houbo algunhas propostas de que o motivo representado fose o ser imaxinario Mothman.
Lendas: WEST VIRGINIA / 1863 / NEW RIVER GORGE / 2005 / E PLURIBUS UNUM
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 

Oitava serie (2006)

2006
Imaxe do reverso Estado Data incorporación Tiraxe Data emisión Deseñador/a
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Nevada 31-X-1864 589.800.000 31-I-2006 Don Everhart
Descrición: tres cabalos salvaxes mustang, co sol nacente tras as montañas nevadas, todo rodeado de pólas de artemisia e cun estandarte abaixo co lema do estado.
Lendas: NEVADA / 1864 / THE SILVER STATE / 2006 / E PLURIBUS UNUM
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Nebrasca 1-III-1867 591.000.000 3-IV-2006 Charles Vickers
Descrición: dilixencia don bois, que transporta pioneiros; á dereita a Chimney Rock e ao fondo o Sol de mediodía. Un finalista no concurso do deseño da moeda centrábase no xefe ponca Standing Bear, defensor dos dereitos dos nativos.
Lendas: NMEBRASKA / 1867 / CHIMNEY ROCK 2006 / E PLURIBUS UNUM
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Colorado 1-VIII-1876 569.000.000 14-VI-2006 Norm Nemeth
Descrición: o cumio Longs Peak, das montañas Rochosas, con árbores perennifolias ao pé. Abaixo, un estandarte cun lema do estado.
Lendas: COLORADO / 1876 / COLORFUL COLORADO / 2006 / E PLURIBUS UNUM
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Dacota do Norte 2-XI-1889 664.800.000 28-VIII-2006 Donna Weaver
Descrición: parella de bisontes americanos camiñando ao solpor polas Badlans.
Lendas: NORTH DAKOTA / 1889 / 2006 / E PLURIBUS UNUM
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Dacota do Sur 2-XI-1889 510.800.000 6-XI-2006 John Mercanti
Descrición: escena dun faisán (a ave estatal) sobrevoando o Monte Rushmore, enmarcado en dúas espigas de trigo.
Lendas: SOUTH DAKOTA / 1889 / 2006 / E PLURIBUS UNUM
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 

Novena serie (2007)

2007
Imaxe do reverso Estado Data incorporación Tiraxe Data emisión Deseñador/a
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Montana 8-XI-1889 513.240.000 29-I-2007 Don Everhart
Descrición: cranio de bisonte americano sobre unha paisaxe típica deste estado.
Lendas: MONTANA / 1889 / BIG SKY COUNTRY / 2007 / E PLURIBUS UNUM
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Washington 11-XI-1889 545.200.000 11-IV-2007 Charles Vickers
Descrición: un salmón real saltando; ao fondo o Monte Rainier.
Lendas: WASHINGTON / 1889 / THE EVERGREEN STATE / 2007 / E PLURIBUS UNUM
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Idaho 3-VII-1890 581.400.000 5-VI-2007 Don Everhart
Descrición: un falcón peregrino e o contorno do mapa do estado de Idaho, cunha estrela na súa capital, Boise.
Lendas: IDAHO / 1890 / ESTO PERPETUA / 2007 / E PLURIBUS UNUM
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Wyoming 10-VII-1890 564.400.000 4-IX-2007 Norman E. Nemeth
Descrición: o Bucking Horse and Rider, inicialmente rexistrado como marca en 1936 para as matrículas e convertido en logotipo identificador do estado. Este deseño xerou controversia en sectores da poboación, que o consideraron carente de detalles.
Lendas: WYOMING / 1890 / THE EQUALITY STATE / 2007 / E PLURIBUS UNUM
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Utah 4-I-1896 508.200.000 5-XI-2007 Joseph Menna
Descrición: as locomotoras Jupiter e No. 119 enfrontadas ao "cravo de ouro", que completaba a primeira liña férrea transcontinental dos EEUU, o 10 de maio de 1869.
Lendas: UTAH / 1896 / CROSSROADS OF THE WEST / 2007 / E PLURIBUS UNUM
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 

Décima serie (2008)

2008
Imaxe do reverso Estado Data incorporación Tiraxe Data emisión Deseñador/a
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Oklahoma 16-XI-1907 416.600.000 28-I-2008 Phebe Hemphill
Descrición: o paxaro do estado, Tyrannus forficatus, coas plumas da cola abertas, e as flores do estado, Gaillardia pulchella.
Lendas: OKLAHOMA / 1907 / 2008 / E PLURIBUS UNUM
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Novo México 6-I-1912 488.600.000 7-IV-2008 Don Everhart
Descrición: contorno do estado en relevo, e sobre el o símbolo do Sol dos Zia, que figura na bandeira do estado.
Lendas: NEW MEXICO / 1912 / LAND OF ENCHANTMENT / 2008 / E PLURIBUS UNUM
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Arizona 14-II-1912 509.600.000 2-VI-2008 Joseph Menna
Descrición: imaxe do Gran Canón e dun cacto á dereita; ao pé un estandarte cun lema do estado. O estandarte serve para separar os dous motivos, xa que o cacto non é propio da zona do Gran Canón, senón doutras do estado.
Lendas: ARIZONA / 1912 / GRAND CANYON STATE / 2008 / E PLURIBUS UNUM
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Alasca 3-I-1959 505.800.000 23-VIII-2008 Charles Vickers
Descrición: un oso grizzly capturando coa boca un salmón (o peixe estatal). No ceo, a estrela do Norte.
Lendas: ALASKA / !1959 / THE GREAT LAND / 2008 / E PLURIBUS UNUM
 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo  Hawai 21-VIII-1959 517.600.000 3-XI-2008 Don Everhart
Descrición: estatua do monarca hawaiano Kamehameha I, xunto co contorno do mapa do estado e o seu lema en hawaiano.
Lendas: HAWAII / 1959 / UA MAU KE EA O KA 'AINA I KA PONO ("A vida da terra perpetúase en honradez") / 2008 / E PLURIBUS UNUM
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 

Mapa das emisións

O mapa amosa os anos de emisión da moeda de cada estado (inclúese a extensión do programa en 2009 ao Distrito de Columbia e a outros territorios).

Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 

Na táboa seguinte amósanse os cuartos de dólar agrupados por ano e, dentro de cada ano, a orde do seu lanzamento. As cores correspóndense coas do mapa anterior, para facilitar a localización dos grupos de estados.

Cor Ano Orde de lanzamento
  1999 Delaware Pensilvania Nova Jersey Xeorxia Connecticut
  2000 Massachusetts Maryland Carolina do Sur New Hampshire Virxinia
  2001 Nova York Carolina do Norte Rhode Island Vermont Kentucky
  2002 Tennessee Ohio Louisiana Indiana Mississippi
  2003 Illinois Alabama Maine Missouri Arcansas
  2004 Míchigan Florida Texas Iowa Wisconsin
  2005 California Minnesota Oregón Kansas Virxinia Occidental
  2006 Nevada Nebrasca Colorado Dacota do Norte Dacota do Sur
  2007 Montana Washington Idaho Wyoming Utah
  2008 Oklahoma Novo México Arizona Alasca Hawai

Coleccionismo

Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Anverso da moeda híbrida do cuarto de dólar co dólar Sacagawea.

A lei que aprobou a creación do programa de moedas dun cuarto de dólar dos 50 estavos especificaba que o fin desta serie era "honrar a singular república federal dos 50 estados que compoñen os Estados Unidos, e promover a difusión do coñecemento entre a xuventude dos Estados Unidos sobre os estados individuais, a súa historia e xeografía, e a rica diversidade do patrimonio nacional", así como "animar a xente nova e as súas familias a coleccionar recordos de todos os estados polo valor nominal das moedas".

Ao ser este o propósito, as tiraxes foron realmente moi amplas, para que a súa difusión fose masiva, o que ocasionou que ningunha das moedas desta serie supoña un investimento valioso, nin sequera nas versións con acabamento proof, producidas pola Ceca de San Francisco, que malia ter tiraxes moito máis exiguas resultan tamén accesibles para calquera coleccionista.

No entanto, o interese dalgúns coleccionistas centrouse en pequenas variantes e erros provocados durante a produción das moedas, como é o ocorrido nalgúns espécimes do cuarto de dólar de Wisconsin (2004) cuñados na Casa da Moeda de Denver, que presentan variantes na cantidade, no tamaño e na orientación das follas da espiga. En febreiro de 2005 vendeuse en eBay un conxunto de tres exemplares con estas variantes por 300 dólares e despois producíronse aumentos salientables, que chegaron ata os 1.500 dólares por moedas individuais; no entanto, a listaxe de prezos de 2020 de Professional Coin Grading Service (PCGS) atribúe aos exemplares mellor conservados unha valoración de entre 92 e 130 dólares.

Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Moeda co lema parcialmente borrado, de xeito que se le IN GOD WE RUST.

En maio de 2000 descubriuse un erro de gran relevancia ao aparecer unha moeda híbrida co anverso do cuarto de dólar e o reverso do dólar Sacagawea; este exemplar estaba nun rolo de moedas dun dólar adquirido nunha oficina bancaria de Mountain Home, Arcansas. Esta moeda híbrida, que pola súa configuración non amosa data, foi a primeira dunha serie de once que se foron descubrindo e autenticando. As autoridades da Casa da Moeda dos Estados Unidos supoñen que estas pezas, que amosan a marca de ceca da Ceca de Filadelfia, foron cuñadas entre finais de abril e principios de maio de 2000. Estes híbridos producíronse nos habituais discos das moedas dun dólar, revestidas de latón de manganeso, e non nos do cuarto de dólar, que están revestidas de cuproníquel.

Outras variantes coñecidas provocadas por erros son o cuarto de dólar de Minnesota (2005) con dobre cuñaxe e esta mesma moeda con diferente cantidade de follas nas árbores. E unha rotura do cuño na moeda de Kansas (2005) creou a aparencia de que o bisonte do seu reverso ten unha xiba. Por outra banda, son relativamente habituais os cuartos de dólar de Kansas nos que se le o lema "IN GOD WE RUST" (sen o "T" de "TRUST") no anverso.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Predecesor:
Cuarto de dólar Washington
(modelo orixinal)
Cuartos De Dólar Dos 50 Estados: Creación da serie, Mapa das emisións, Coleccionismo 
Cuarto de dólar estadounidense

(1999 - 2008)
Sucesor:
Cuartos de dólar do Distrito de Columbia e dos territorios dos Estados Unidos

Tags:

Cuartos De Dólar Dos 50 Estados Creación da serieCuartos De Dólar Dos 50 Estados Mapa das emisiónsCuartos De Dólar Dos 50 Estados ColeccionismoCuartos De Dólar Dos 50 Estados NotasCuartos De Dólar Dos 50 Estados Véxase taménCuartos De Dólar Dos 50 EstadosIn God We Trust

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

República Social ItalianaNacionalismo galegoBen AffleckAnálise numéricaRío UllaImperio españolContactorCoímbraDinastía ValoisMosteiro de Santa María de Oseira7 de febreiroO Ézaro, DumbríaRiba-roja de TúriaAtol Bora BoraComunismoAlfonso MolinaEva CárdenasMadagascarFudbalski Klub Crvena ZvezdaDaniel de la TorreMúsica das películas de Chano PiñeiroChantadaA VeigaGalicia estremeiraLista de episodios de DoraemonChelsea ManningAmieiroSexoCorea do NortePasaporte de FidxiBoyanka Kostova (grupo musical)ISBNAntas de UllaCaobaCopa LibertadoresLingua galegaBreaking BadEster ExpósitoMicciónAmancio López SeijasUlpiano VillanuevaHuelvaA esmorgaFelaciónAndorraDeportivo da CoruñaIndependenciaCebadaForrest GumpA morte na literatura popular galegaCallitriche hamulataClara AndradaÁngel Alvariño SaavedraIdade MediaBasilio Río BrenllaJake GyllenhaalMarxismoAlcóntarFidel CastroLareiraJosé Luis Iglesias LagoNúmero piJagoba ArrasateRocco SiffrediLuís TosarXunta de GaliciaPartido Comunista pola República GalegaCatedral de Santiago de CompostelaPorto da LúaDragon Ball ZXabier DeiveCourseraO SalvadorKuala LumpurDios ke te crew🡆 More