Faisán Común: Ave da familia dos faisáns e a única delas con poboación salvaxe en Galiza

Femia en Inglaterra

Faisán común
Phasianus colchicus
Faisán Común: Características físicas, Comportamento, Orixe e distribución
Macho en Polonia

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Superorde: Galloanserae
Orde: Galliformes
Superfamilia: Phasianoidea
Familia: Phasianidae
Subfamilia: Phasianinae
Xénero: Phasianus
Especie: P. colchicus
Nome binomial
Phasianus colchicus
Linnaeus, 1758

O faisán común (Phasianus colchicus) é unha ave da familia dos faisáns e a única delas con poboación salvaxe en Galiza. Pertence á familia Phasianidae, da orde dos galiformes. Orixinaria de Oriente, foi introducida polo ser humano en Europa occidental dende moi cedo, tanto como ave de caza como para o seu aproveito decorativo, posto que as plumas dos machos poden ser moi espectaculares. Tamén se produce en granxas.

Existen dúas subespecies altamente espalladas e conviventes:

Características físicas

Faisán Común: Características físicas, Comportamento, Orixe e distribución 
Phasianus colchicus
Faisán Común: Características físicas, Comportamento, Orixe e distribución 
Phasianus colchicus

O faisán adulto mide entre 50 e 90 centímetros de longo, e ten unha cauda moi longa, que pode representar a metade do seu tamaño. Os machos teñen unha plumaxe marrón no corpo, de forma repoluda, pero salferido de plumas brancas, púrpuras ou verdes. A cabeza é verde escura, co peteiro branco, e unhas olleiras vermellas de cor intensa. Na base do pescozo, dependendo da subespecie, pode ter un anel branco.

As femias son moito máis discretas, cunha plumaxe marrón clara, e con pintas negras, similares ás perdices, pero moito maiores ca estas.

Comportamento

Os machos son polígamos e territoriais. Viven machos e femias no campo, entre as árbores, e tamén nos matos, e aliméntanse de gran, follas e pequenos invertebrados, pero gabean ás noites para durmiren nas pólas das árbores. Aniñan no chan, cunhas postas de ao redor de dez ovos entre abril e xuño (no hemisferio norte). O período de incubación é de 23 a 2 días. Os polos permanecen coa femia varias semanas, malia medraren moi axiña: en catro meses xa poden ser considerados adultos.

Poden voar en distancias curtas, e a velocidades que roldan os 100 kms/h, pero prefiren escapar á carreira e desprazarse polo chan.

Orixe e distribución

A especie é orixinaria de Asia, pero existen diversas fontes á hora de datar a súa introdución en Europa Occidental. Parece ser que os primeiros en traelas foron os gregos, e que de aí saltaron, polo seu valor ornamental, a criárense en Roma. Outras fontes apuntan a unha masiva introdución a comezos da Idade Media. En Gran Bretaña introducíronse no século X, extinguíronse e volvéronse reintroducir a principios do século XIX, con moitísimo éxito. En América comezouse a súa introdución a mediados do XIX e principios do XX (México, Chile...).

En Galiza non é unha ave abondosa, pero pode atoparse nas zonas de montaña próximas a Ourense, así como na raia portuguesa e na montaña interior (Chandrexa de Queixa, Vilariño de Conso...). Tamén se teñen producido avistamentos nas zonas costeiras de Sanxenxo e O Grove. Estanse a realizar soltas experimentais de faisán como especie cinexética e sempre dentro de coutos. Na produción agrícola, en España había en 2003 unhas 52.000 cabezas, pero a maior parte correspondían a Cataluña.

Gastronomía

A carne do faisán é menos aprezada cá da perdiz. É seca, e un tanto dura, especialmente nos machos, que son menos queridos na cociña. O faisán de granxa ten máis proteínas e menos graxas ca outras especies avícolas, coma o polo ou o pato.

A carne ten un escaso contido en sodio, polo que se lles recomenda aos hipertensos, e constitúe unha fonte importante de fósforo e vitaminas do grupo B.

Na literatura

A novela Danny the Champion of the World, de Roald Dahl, conta a historia dun furtivo e do seu fillo, que se dedican á caza do faisán.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Tags:

Faisán Común Características físicasFaisán Común ComportamentoFaisán Común Orixe e distribuciónFaisán Común GastronomíaFaisán Común Na literaturaFaisán Común NotasFaisán Común Véxase taménFaisán ComúnFemia en Inglaterra

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Alicia BorrásGalego-portuguésLoeweGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981Ramiro CarregalIndonesiaEnciclopediaPaleolíticoAlexandre BóvedaProsobranquiosMomia de ManchesterJordi Sierra i FabraRSSHans ZimmerArco (arquitectura)Galicia estremeiraMoisés Rodríguez PérezPilar AbellaOllos de augaJ. K. RowlingNiceto Alcalá-ZamoraLeninVerínVertoCaroline WozniackiA PontenovaMartiño de DumioLedicia CostasDavid BowieLeopoldo Calvo-Sotelo BusteloGata CattanaFoliadaVilagarcía de ArousaFrancisco de QuevedoNomes de fumePablo Iglesias TurriónKarlos ArguiñanoA Bandeira, Manduas, SilledaCeutaDolores del Río Sánchez-GranadosApioPedro SánchezÁureoEmma WatsonOvo (alimento)Meg RyanAlmudena ChacónPartido PopularIker MuniainCaldas de ReisInés ReyLince (zooloxía)VilalbaMoscovaAlianza Libre Europea2015Labregos do tempo dos SputniksHidacioOs ÁnxelesCAPTCHADiana Varela PuñalTLingua betawiAna PeleteiroAguacateRosalía de CastroPRECOs vixilantes do CamiñoFrancisco FumegaJulio Ulloa VenceBidueiroTeoría de gruposWikipedia en betawi🡆 More