Otidiphaps Nobilis: Especie de pomba

Otidiphaps nobilis, coñecida na bibliografía internacional como pomba faisán, é unha especie de ave, endémica de Nova Guinea, pertencente á subclase das neornites, infraclase dos neognatos, superorde das neoaves, granorde dos columbimorfos, orde das columbiformes, e da súa única familia dos colúmbidos, e tamén a única da subfamilia dos otidifabinos, así como a única representante do único xénero desta, Otidiphaps.

Otidiphaps nobilis
Otidiphaps Nobilis: Características, Hábitat e distribución, Taxonomía
O. nobilis aruensis no zoo de Cincinnati.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
(sen clasif.): Columbimorphae
Orde: Columbiformes
Familia: Columbidae
Subfamilia: Otidiphabinae
Xénero: Otidiphaps
Gould, 1870
Especie: O. nobilis
Nome binomial
Otidiphaps nobilis
Gould, 1870
Subespecies
Véxase o texto

Características

Trátase dunha gran pomba terrestre, que se asemella a un faisán na súa morfoloxía externa, particularmente na súa cola comprimida lateralmente e as ás arredondadas, ao que alude o seu nome vulgar. Como non hai ninguna ave galiforme en Nova Guinea, a pomba faisán ocupa o nicho ecolóxico das perdices ou dos pequenos faisáns, mentres que a súa parente, a pomba coroada (Goura cristata), ten un estilo de vida semellante ao dos faisáns máis grandes, pitas do monte ou os pavos.

É unha especie moi silenciosa que se alimenta de sementes e froitos caídos. Aniña no chan baixo árbores e arbustos, poñendo no niño un único ovo que choca durante aproximadamente catro semanas.

Hábitat e distribución

O seu hábitat son as selvas chuviosas de Nova Guinea e as illas adxacentes. Pódese atopar en outeiros e áreas montañosas baixas, pero tamén nas terras baixas. Atópase en Indonesia e Papúa Nova Guinea, onde se encontra en Batanta e Waigeo e nas montañas do oeste de Nova Guinea ao leste de Nassau e Oranje Ranges, desde o nivel do mar até os 2 050 m de altura.

Taxonomía

Descrición

Tamto o xénero como a especie foron descritos en 1870 polo naturalista e Wiki Galegoornitólogo inglés John Gould, na páxina 62 da súa obra The Annals and magazine of natural history; inluding zoology, botany, and geology.

Etimoloxías

O nome científico do xénero fai referencia ás súas similitudes coa familia das avetardas (Otididae). Concretamente, o nome Otidiphaps está formado polos elementos do latín científico otid- e -phaps (ambos tirados do grego antigo, e unidos por un -i- epentético para faciliar a pronuncia). O primeiro elemento está tirado da raíz do xenitivo do nome ὠτίς ōtís, 'abetarda'; e o segundo, de φάψ pháps, 'pomba salvaxe'.

O nome común reflixte a súa adaptación a manterse no solo do bosque como un faisán asiático oriental, ao que se parece.

Subespecies

Segundo o ITIS e a clasificación de referencia do Congreso Ornitolóxico Internacional, a especie comprende as seguintes catro subespecies:

  • Otidiphaps nobilis Gould, 1870
    • Otidiphaps nobilis aruensis Rothschild, 1928
    • Otidiphaps nobilis nobilis Gould, 1870
    • Otidiphaps nobilis cervicalis E. P. Ramsay, 1880
    • Otidiphaps nobilis insularis Salvin & Godman, 1883

Status

O tamaño da poboación global de Otidiphaps nobilis non foi cuantificado, pero a especie descríbese a miúdo como bastante común en zonas montañosas, aínda que localmente escasa nalgures.

Sospéitase que a poboación está diminuíndo lentamente debido á deforestación do seu hábitat forestal primario, pero a taxa de declive non foi cuantificada.

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que a especie ten unha área de distribución moi grande e que, polo tanto, non se achega aos limiares do criterio de tamaño vulnerábel, e a pesar de que a tendencia da poboación parece estar diminuíndo, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para achegarse aos limiares de vulnerábel. O tamaño da poboación non foi cuantificado, pero non se cre que se achegue aos limiares para o criterio de tamaño da poboación vulnerábel. Por estas razóns a especie é avaliada como LC (pouco preocupante).

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Otidiphaps Nobilis CaracterísticasOtidiphaps Nobilis Hábitat e distribuciónOtidiphaps Nobilis TaxonomíaOtidiphaps Nobilis StatusOtidiphaps Nobilis GaleríaOtidiphaps Nobilis NotasOtidiphaps Nobilis Véxase taménOtidiphaps Nobilis

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Os PinosO CarballiñoProvincia de PontevedraXaxún no islam29 de abrilOsiris (deus)Candela PeñaÁlvaro CunqueiroReino Armenio de CiliciaNiñodaguia, Niñodaguia, BaltarMercedes MiláPadrónFelip PedrellLope de VegaThe ArtistFragas do EumeManuel Núñez SingalaFelaciónCristina PichelFidiasLeBron JamesSandra GonzálezConcellos de GaliciaFiúnchoXoán Paulo I, papaHLA-DRXunta de GaliciaVirxe MaríaIdade MediaSunnismoCruceiroSica RomeroManuel FragaRafael LouzánMiguel de CervantesYouTubeBipartito galegoXXX edición dos Premios GoyaNoiaAfonso XII de EspañaXardaCódice CalixtinoDolores IbárruriCarballoCastelo da PicoñaOurensePavillón Multiúsos Fontes do SarBiscaiaDaniel Lago BarreiroHans ZimmerLuis Ángel Lago LageJohann Sebastian BachVitoria Uxía de BattenbergAna Belén FortesPortadaAmieiroSabugueiroIrmandiñosTapparaOuka LeeleVox populiA EstradaBilbaoProvincias de EspañaBieito RubidoOcéano ÍndicoNúmero piSantiago de CompostelaEstudanteHard GZImperio RomanoCarlos Blanco VilaCidade Vella da CoruñaCapitalismo🡆 More