A Guerra Revolucionaria dos Estados Unidos de América (1775–1783), tamén coñecida como Guerra de Independencia dos Estados Unidos de América e Guerra Revolucionaria nos Estados Unidos, foi un conflito armado entre Gran Bretaña e as Trece Colonias de América do Norte, que declararon unilateralmente a súa independencia como Estados Unidos de América.
O conflito tivo lugar maioritariamente no continente americano. En 1778, Francia, tomando vinganza pola súa derrota na Guerra dos Sete Anos, asinou unha alianza coa nova nación. O conflito acadou a categoría de guerra mundial con Gran Bretaña combatendo con Francia, España e os Países Baixos. A loita tamén se produciu na India entre a Compañía Británica das Indias Orientais e o Reino de Mysore aliado dos franceses.
Guerra de Independencia dos Estados Unidos de América | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Rendición de Lord Cornwallis despois do Asedio de Yorktown, Batalla de Trenton, Morte do Xeneral Warren na Batalla de Bunker Hill, Batalla de Long Island, Batalla de Guilford Court House | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Estados Unidos Francia Co-belixerantes: | Gran Bretaña
Nativos americanos | ||||||
Líderes | |||||||
George Washington Nathanael Greene | Sir William Howe Thomas Gage | ||||||
Forzas en combate | |||||||
Estados Unidos: 40 000 Aliados: Nativos aliados: Descoñecidos | Gran Bretaña: 39 000 Forzas leais: Alemáns auxiliares: Aliados nativos: 13 000 | ||||||
Baixas | |||||||
Estados Unidos: 6 824 mortos en batalla 25 000–70 000 mortos totais no conflito Francia: 10 000 mortos en batalla (o 75% no mar) España: 5 000 | Gran Bretaña: 4 000 mortos en batalla 1 243 mariñeiros mortos en batalla, 42 000 desertores, 18 500 mortos por enfermidade (1776-1780) Polo menos 24 000 mortos totais Alemáns: 1 800 mortos en batalla |
A guerra tivo a súa orixe na resistencia de moitos americanos ós impostos aprobados no parlamento británico, que eles consideraban inconstitucionais. As protestas patrióticas escalaron até boicots e a destrución dun cargamento de té no Boston Tea Party. O goberno británico castigou a Massachusetts pechando o porto de Boston e quitándolles o seu autogoberno. Os patriotas responderon coa creación dun goberno da provincia na sombra e fóra de Boston. As outras Trece Colonias apoiaron a Massachusetts e formaron o Congreso Continental para coordinar a súa resistencia, organizando comités e convencións que se apoderaron de xeito efectivo do poder dos gobernos reais. En abril de 1775 comezou a loita entre a milicia de Massachusetts e os regulares británicos en Lexington e Concord. O Congreso Continental designou o Xeneral George Washington para facerse cargo das milicias que asediaron as forzas británicas en Boston, forzándoas a evacuar a cidade en marzo de 1776. O Congreso supervisou a guerra, dándolle a Washington o control sobre o Exército Continental, quen tamén controlou as milicias estatais.
O 2 de xullo de 1776, o Congreso Continental votou formalmente pola independencia e proclamou a Declaración do 4 de xullo. Namentres, os británicos reuniron forzas para esmagar a revolta. Sir William Howe derrotou a Washington, capturando Nova York e Nova Jersey. Porén, Washington foi quen de capturar un destacamento en Trenton e expulsou os británicos fóra da maioría de Nova Jersey. En 1777 o exército de Howe lanzou unha campaña contra a capital nacional en Philadelphia, non podendo axudar á forza de separación de Burgoyne dende o Canadá. O exército de Burgoyne quedou atrapado e rendeuse despois da Batalla de Saratoga en outubro de 1777. Esta vitoria americana animou a Francia a entrar na guerra en 1778, seguida por España en 1779.
En 1778, despois de fracasar nos estados do norte, os británicos mudaron de estratexia e centráronse nas colonias do sur, onde se propoñían alistar moitos rexementos de leais. Nun principio, as forzas británicas tiveron éxito en poñer Xeorxia e Carolina do Sur baixo o seu control en 1779 e 1780, pero o apoio dos leais foi menor do agardado. En 1781, as forzas británicas movéronse cara a Virxinia, pero o seu movemento foi bloqueado pola vitoria naval francesa. Washington tomou o control no asedio franco-americano de Yorktown e capturou a forza completa británica, composta por máis de 7 000 homes. A derrota en Yorktown puxo o Parlamento Británico en contra da guerra, e a comezos de 1782 votaron o remate das operacións ofensivas en América do Norte. Porén, a guerra contra Francia e España continuou, e as tropas británicas defenderon Xibraltar contra o longo asedio franco-español, mentres a Royal Navy conseguía vitorias chave, especialmente na Batalla de Saintes en 1782. En 1783, o Tratado de París rematou coa guerra e reorganizou a soberanía dos Estados Unidos sobre o territorio delimitado aproximadamente no que hoxe é Canadá polo norte, Florida polo sur e o río Mississippi polo oeste. Francia cobrou a súa vinganza e unha gran débeda nacional interna, mentres España adquiría as colonias de Gran Bretaña en Florida.
No século XVIII Gran Bretaña posuía trece colonias na costa leste de América do Norte. Nelas foise xerando un crecente descontento contra o dominio británico que desencadeou unha sublevación. As causas que a provocaron foron as seguintes:
O descontento estalou en 1773 en Boston cando os colonos botaron un cargamento de té inglés ao mar (motín do té). A represión británica e o envío de tropas fixo aflorar sentimentos nacionais nas colonias, o que deu lugar á Declaración de Independencia, do 4 de xullo de 1776, redactada por Thomas Jefferson, e á guerra contra os británicos.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Guerra de Independencia dos Estados Unidos de América, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.