Marca Rexistrada: Símbolo rexitrado legalmente para identificar un produto ou servicio

Unha marca rexistrada considérase —a efectos legais— unha forma de rexistro sobre calquera símbolo utilizado para identificar de maneira exclusiva un ou varios produtos comerciais ou servizos.

Dito símbolo adoita denominarse como marca rexistrada (en inglés, trademark), a cal se mostra de forma abreviada coas iconas , M.R. ou ®, aínda que isto non é indicativo do rexistro ante a autoridade competente.

Marca Rexistrada: Símbolo rexitrado legalmente para identificar un produto ou servicio
Logotipo de "Marca rexistrada".

O símbolo dunha marca rexistrada pode ser unha palabra ou unha frase, unha imaxe ou un deseño, e o uso do mesmo para identificar un produto ou servizo só lle está permitido á persoa física ou xurídica que realizou o rexistro de dita marca ou a que estea debidamente autorizada por quen a rexistrou.

Unha marca rexistrada determina a identidade gráfica/física/operativa dun produto ou servizo. Inclúe elementos gráfico-visuais propios que diferencian o artigo dos dos seus competidores, proporcionándolle certa identidade no sector comercial. Ademais, trátase dunha identidade rexistrada, protexida polas lei correspondentes, que pode utilizarse con exclusividade.

Na industria farmacéutica a marca denomínase nome comercial, xa que é o nome que identifica o medicamento dun determinado laboratorio farmacéutico. O nome comercial adoita ser moi distinto do nome do principio activo do medicamento, que se identifica como Denominación común internacional (DCI) ou nome xenérico. Algúns laboratorios fabricantes de produtos xenéricos utilizan como nome comercial o nome do "principio activo" seguido do nome do seu laboratorio (por exemplo, Ibuprofeno Normon), ou mesmo o nome do principio activo seguido do "nome comercial" que utilizaba antes o laboratorio (por exemplo, Amoxicilina Ardine).

Tags:

AbreviaturaBen económicoServizoSímbolo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Idade MediaNarónNacionalidade históricaDía das Letras GalegasMarie CurieGalego-portuguésFrancisco Fernández del RiegoEuropaMúsica tradicional galegaJacobo BucetaOs EoasItä-Helsingin KiekkoXXX edición dos Premios GoyaBechamelGalipediaO Coello, Caldelas de Tui, TuiDereito de autoríaRianxoCinema pornográficoNCIS (serie de televisión)Rías BaixasPúrpuraAguaneiroEva Iglesias MiguénsSuízaPraza da QuintanaRoberto Vidal BolañoEpíforaRevolución galega de 1846CaralloGabriel García MárquezLingua xavanesaMaría a BalteiraDía de Castela e LeónShinovaLila comúnGuepardoMeteoGaliciaLista de siglas e acrónimosO comparativo galegoCalemburBlanca RomeroRondaSoberbiaKDistritos de PortugalMallorcaRonaldinhoArco do Triunfo de ParísEscudo de GaliciaAves non voadorasCastro de Punta do BicoConcello de CotobadePeneArmando RequeixoAbeleiraSabela (Operación Triunfo)AristótelesEspañaLeonardo da VinciXela AriasSolTigreArantza PortabalesCanle (enxeñaría)Raffaella CarràVichelocregoXuetasXílgaroConíferas🡆 More