Salmónidos

A dos salmónidos (Salmonidae) é a única familia da orde dos salmoniformes (Salmoniformes), peixes teleósteos mariños, os máis deles anádromos e algúns de augas doces, que se distribúen de forma natural por todo o hemisferio Norte, pero que foron amplamente introducidos polo ser humano en augas frías de ríos de todo o mundo para a pesca.

Salmónidos
Salmonidae

Rango fósil: cretáceo superior -
actualidade
Salmónidos
Troita (Salmo trutta fario)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Osteichthyes
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Protacanthopterygii
Orde: Salmoniformes
Bleeker, 1859
Familia: Salmonidae
Autor en discusión
Xéneros
Ver no texto

Inclúe especies como as troitas e os salmóns do Vello Mundo, os salmóns do Pacífico, as troitas do xénero Salvelinus, os salmóns do xénero Huso, os corégonos (xénero Coregonus) e os tímalos (xénero Thymallus).

Algunhas das súas especies son, ademais, extensamente criadas en acuicultura, tanto que existe unha especialidade dentro deste tipo de actividades, a acuicultura de salmónidos.

Os salmoniformes apareceron por primeira vez no rexistro fósil no cretáceo superior.

Etimoloxía

O seu nome científico, Salmoniformes deriva do latín salmo, que é como chamaban na antiga Roma ao salmón, e o elemento -iformes, co que se constrúen os nomes das ordes de peixes.

Ademais da orde, salmo dá o nome ao xénero Salmo, que é o tipo non só da orde, senón tamén da súa única familia, Salmonidae, ao que pertence o salmón propiamente dito e as troitas.

Anatomía

Teñen escamas pequenas tipo cicloide; non presentan espiñas nas aletas, tendo todos eles no seu lombo unha aleta adiposa; algunha especie pode acadar até 1,5 m de lonxitude máxima.

Hábitat e bioloxía

Moitos destes peixes son anádromos, pasando parte da súa vida no mar, pero retornando aos ríos que remontan até preto da súa cabeceira para desovar nos leitos de grava; tras isto moitos deles morren.

Importancia para o ser humano

Son especies moi valoradas na pesca, tanto comercial como deportiva; tamén moitas son moi usadas na acuicultura, tendo grande importancia a súa comercialización para a alimentación humana.

Clasificación

Filoxenia dos Salmónidos
Coregoninae

Prosopium Salmónidos 

Stenodus Salmónidos 

Coregonus Salmónidos 

Thymallinae

Thymallus Salmónidos 

Salmoninae

Salmo Salmónidos 

Salvelinus (incl. Salvethymus) Salmónidos 

Oncorhynchus Salmónidos 

Brachymystax

Parahucho Salmónidos 

Hucho Salmónidos 

A familia subdivídese en 3 subfamilias que agrupan 11 xéneros que reúnen as 209 especies actualmente válidas:


Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Benton, M. J. (2000): Vertebrate Palaeontology: Biology and Evolution. Blackwell Publishing. ISBN 0-632-05614-2. Resumo
  • Nelson, J. S. (2006): Fishes of the World. 4th ed. Nova York: John Wiley and Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 336–351.

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Salmónidos EtimoloxíaSalmónidos AnatomíaSalmónidos Hábitat e bioloxíaSalmónidos Importancia para o ser humanoSalmónidos ClasificaciónSalmónidos GaleríaSalmónidos NotasSalmónidos Véxase taménSalmónidosAuga doceFamilia (bioloxía)Hemisferio NorteMigración animalOrde (bioloxía)PeixePescaTeleósteos

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Fragas do EumeJorge Sanz MirandaGoogleJava (linguaxe de programación)O Barco de ValdeorrasMasculino e feminino en galegoCristovo ColónCeutaRonaldoImperio BritánicoJorge PeteiroGalicia estremeiraJacobo BucetaCopia por contactoLiteratura galegaVasoiraConsellería de Cultura, Lingua e XuventudeAlfabeto galegoMoscovaAmador Víctor GonzálezConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesChinche das camasLuis López DiéguezNatalia OreiroJude BellinghamParalelismoVladimir PutinRefraneiro galego sobre o panThe ArtistCélula procariotaApolonio de AtenasMahatma GandhiTeresa RiberaGres, Vila de CrucesMadridEthan HawkeEstadio Jan BreydelOrlando BloomCoprofiliaOurenseAndrés Martínez SalazarPosición do misioneiroGlobo aerostáticoÁnxel CasalCatedral de OurenseLois PereiroOs pronomes persoais galegosFrancisco de QuevedoPosición do coito lateralJ. K. RowlingRegulamento xeral de protección de datosRafael NadalMúsica tradicional galegaFala de EstremaduraAmeixa (molusco)Sara Vila AlonsoNino BravoTeléfonoAntía OteroLlama M-82A Pobra do CaramiñalÁreas lingüísticas do galegoJosé Manuel Rodríguez PuenteForma físicaYouTubeApolonio de Atenas (orador)Nordés (vento)Sistema operativoMarie CurieC++Número triangularReal Club Celta de VigoPavillón Multiúsos Fontes do SarModelo OSI🡆 More