Apalaches

Os Apalaches (en inglés Appalachians) é un sistema montañoso de América do Norte que vai de Terra Nova e Labrador (Canadá) ata o centro de Alabama (Estados Unidos), aínda que a parte máis setentrional dos mesmos morre na península de Gaspé, no Quebec.

Constitúen o elemento morfolóxico máis destacable da parte oriental de América do Norte.

Apalaches
Localización dos Montes Apalaches
Apalaches
Os Apalaches fotografados en Carolina do Norte

Trátanse de montañas antigas formadas no Paleozoico con relevos suavizados pola prolongada acción dos axentes esóxenos. O sistema divídese nunha serie de cordais, nas que a media de altura dos picos é 900 m. O cumio máis elevado é o Monte Mitchell, en Carolina do Norte que mide 2.040 metros e é o punto máis alto dos Estados Unidos ao leste do Mississippi e de todo o leste de Norteamérica.

Os montes Adirondac e o río Hudson dividen os Apalaches en Apalaches do Norte e Apalaches do Sur.

Tags:

AlabamaAmérica do NorteCanadáEstados Unidos de AméricaQuebecTerra Nova e Labrador

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Roko (actriz)VacaManuel Otero MartínezAsalto do bou EvaLisboaBlogInstagramLavandaRéptiles22 de xulloLeninEva Iglesias MiguénsCinema pornográficoSelección de fútbol de Galicia28 de decembroRías Baixas (serie de televisión)LeitzaAlberto Núñez FeijóoLista de xentilicios de concellos galegosÁlvaro CunqueiroOtelo Saraiva de CarvalhoEl Pueblo GallegoJosé Luís Valladares FernándezTelexornalDiego AnidoGrândola, Vila MorenaFesta da Palabra SilenciadaBaby ReindeerEmilio González AfonsoGran Guerra IrmandiñaPovoaçãoJuan CorralEmilio Aragón ÁlvarezDavid SuchetC++Lista de estacións de tren de GaliciaShinovaRusiaHard GZMark Lewis JonesComarcas de GaliciaLuís CíliaAs Pontes de García RodríguezAlexander VórticeGoizuetaRevolución dos caraveisRosario Porto OrtegaMondoñedoEmilio Aragón BermúdezTarragonaCaso Asunta BasterraSalvador IllaParroquias de GaliciaContactLista de episodios de Shin ChanCamilo Nogueira RománBojan KrkićTransformador (modelo de aprendizaxe automática)LeymaBatalla das Termópilas (-480)Manuel RicoCharles WhiteLareiraXosé Ramón GayosoIndonesiaLista de filmes coas maiores recadaciónsEduardo MendozaAs dúas MaríasAmaia Martínez GrisaleñaMario CaneiroTito ValdésSuízaMaría a BalteiraLista de emperadores romanos2020Séculos Escuros🡆 More