Caracol

Caracol, cascarolo ou cosco son os nomes comúns que reciben os moluscos gasterópodos con cuncha en espiral, a diferenza dos que non a posúen, que se chaman lesmas (terrestres) ou dos que a teñen pero non é espiral, que son as lapas.

Caracol
1-cuncha, 2-figado, 3-pulmón, 4-ano, 5-poro respiratorio, 6-ollo, 7-tentáculo, 8-ganglios cerebrais, 9-conduto salivar, 10-boca, 11-, 12-glándula salivar, 13-poro xenital, 14-pene, 15-vaxina, 16-glándula mucosa, 17-oviduto, 18-saco de dardos, 19-pé, 20-estómago, 21-ril, 22-manto, 23-corazón e 24-vasos deferentes

Características

Adoitan medir entre 1 e 8 centímetros, aínda que se atoparon fósiles de gasterópodos de dous metros de lonxitude. A cuncha sérvelles como protección contra os depredadores (no caso das especies acuáticas) e contra o desecamento (nas terrestres). Na cabeza teñen dous pares de tentáculos ou cornos, no extremo dos máis longos atópanse os ollos e os máis curtos son órganos táctiles.

Aliméntanse por medio da rádula, que é unha lingua en forma de cinta, que adoita ter milleiros de dentículos. Algúns carnívoros teñen rádulas capaces de furar as cunchas doutros moluscos.

Móvense grazas a contraccións musculares ondulatorias que percorren a cara inferior do . No caso dos caracois terrestres axudados por un soporte mucoso que segregan.

Hai especies monoicas e dioicas. Normalmente as hermafroditas non se autofecundan.

Atópanse en ecosistemas terrestres, dende os desertos ata as montañas, e acuáticos, tanto mariños, dende as profundidades ata o litoral, como de auga doce.

Os gasterópodos veñen do cámbrico sendo moi común os fósiles en rochas mariñas, especialmente do cenozoico.

Alimentación

A alimentación dos caracois é variada. Principalmente son fitófagos, prefiren as follas e outros tecidos vexetais, pero tamén poden alimentarse de restos animais e, como xa se dixo, mesmo hai especies carnívoras. Poden chegar a tomar ó día a unha cantidade de alimento equivalente á metade do seu peso. Son de importancia na cadea trófica pois serven de alimento a moitas especies de peixes e aves.

Nalgúns lugares como Cataluña son tradicionalmente apreciados na cociña. Os escargots franceses críanse para tal fin, e en Portugal sérvense como aperitivo. En Galiza existe algunha granxa de cría e engorde de caracois para consumo humano. Isto deu pé á celebración de festas gastronómicas para a súa exaltación, como a festa do caracol de Santa María de Sacos (Cerdedo-Cotobade).

Os campesiños consideran ós caracois prexudiciais para o campo porque come das plantas da horta, especialmente nos brotes e plantas novas.

Locucións

  • Custar máis o pringue cós caracois.
  • Levalo todo ó lombo coma o caracol.
  • Máis lento que unha caracola.
  • Pecharse como o caracol.

Refraneiro

  • Cando chove e fai sol, colle o caracol.
  • Con bo sol, abre os ollos o caracol.
  • Con bo sol, saca os cornos o caracol.
  • Con caracoles, figos e brevas auga non bebas, pero o pan e o viño sexa tanto que todo o que comas ande nadando.
  • Deben nadar en viño os caracois, as brevas e os figos.
  • Estudiante de cama e sol non vale un caracol.
  • O caracol tivo anteollos e por uns cornos perdeu os ollos.
  • O caracol baleiro fai máis ruído que cheo.
  • Pro caracol non hai roubos, pois todo o que ten traino ó lombo.

Coplas

  • Caracol, caracol, bota os corniños ó sol, que a túa nai e o teu pai tamén os botou.

Adiviñas

  • Levo a casa ó lombo,/ ando sen ter unha pata;/ vou marcando o pasiño/ deixando un camiño de prata.
  • Nunca poño mala cara/ anque sempre me dan col,/ ¿que bicho son?
  • Pon col cara ao revés/ e o meu nome tes.
  • ¿Que bicho é o que sobe a costa e non ten pés?
  • ¿Que cousiña cousa será elo/ a que trai a casa ó carrelo?

Usos terapéuticos

Caracol 
Couselo, pucho das parades ou, tamén, caracol

A baba dos caracois é boa para cura-los catarros de peito (ERG:baba).

Co nome de caracol desígnase tamén unha herba que medra nos valados e tellados, o couselo (Umbilicus rupestris). Trevo caracol designa outra planta herbácea, a alfalfa (Medicago sativa). Martín Sarmiento cita unha terceira planta, chamada herba do caracol (ou herba da gouxa e serpentina), da que di que, en cocemento, cura os animais mordidos por unha cobra, pero os datos que dá non permiten identificala.

Verme caracol é unha das denominacións populares da larva que ataca as coles.

Mariño Ferro tamén recolleu outros usos do caracol na medicina popular doutros países. Así, en Lancashire, para cura-las febres ensartan nove ou once caracois nun fío, e cada vez que se pon un dise "Aquí deixo a miña febre"; unha vez tódolos caracois no fío, bótanse ó lume. En Italia, curan as espullas fregando nelas cun caracol que logo botan lonxe dun e cara ao mar.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Enciclopedia Microsoft Encarta 2009 (DVD) (en castelán).
  • Anónimo: Refraneiro do viño. Castrelos. Col. O Moucho. Vigo 1974.
  • GÁRFER, J.L. e FERNÁNDEZ, C.: Adivinancero popular gallego. Taurus Ed., Madrid 1984.
  • LEIRO LOIS, Adela (dir.): Cambados: a tradición oral. Colexio Público Castrelo, Cambados 1986.
  • MARIÑO FERRO, Xosé Ramón: La medicina popular interpretada II. Xerais, Vigo 1985.
  • MOREIRAS SANTISO, X.: Os mil e un refráns galegos do home. Ed. do autor, Lugo 1977.
  • RIVAS QUINTAS, Eligio: Frampas. Contribución al Diccionario Gallego. Ed. Ceme, Salamanca 1978.
  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961.
  • ZAMORA MOSQUERA, Federico: Refráns e ditos populares gallegos. Galaxia, Vigo 1972.

Outros artigos

Tags:

Caracol CaracterísticasCaracol O caracol na cultura popular galegaCaracol Galería de imaxesCaracol NotasCaracol Véxase taménCaracolCunchaGasterópodosLapa (molusco)LesmaMoluscos

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Mercedes QueixasAmérica LatinaMártires de CarralXabier DíazSobreiraCaso Asunta BasterraCangasFentoOldhamMiguel SolísAC-211CohesiónFrancisco FrancoToxo arnalGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981Pablo Iglesias TurriónMaría Xosé QueizánAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoLino LópezEstados Unidos de AméricaManuel Otero Martínez2024Os pronomes persoais galegosXXX edición dos Premios GoyaIrene FerrerasSangueRías Baixas (serie de televisión)A gaita gallega (libro)O porco de péLista de deuses celtasGalileo Galilei22 de xulloArceSénecaJohannes VermeerEduardo Blanco AmorÁlex FidalgoPedro SánchezSexo analIrene JunqueraSegunda guerra mundialMexacánJennifer LopezMark Lewis JonesNúmero piSubgrupoDelfínMimosaArantzaVilalba, Vilalba, VilalbaCarlomagnoEuropaQuenllaTito VilanovaPortolamoso, Curtis, CurtisAltriGalaicosPablo PicassoFernando Salgado GarcíaRepública Democrática do CongoCalorMaría a BalteiraPaulino PereiroLaurent CantetTraxe galegoWayback MachineMaría Antonieta de AustriaLeonardo da VinciPunta UmbríaCharles DarwinGuerra🡆 More