O canal da Mancha (inglés: English Channel, francés: la Manche, alemán: Ärmelkanal, bretón: Mor Breizh, córnico: Mor Bretannek, neerlandés: Het Kanaal) é a parte do océano Atlántico que separa a illa principal da Gran Bretaña do norte da Francia e une o mar do Norte ao Atlántico e que se estende por unha superficie duns 75.000 km², comunicando o mar do Norte polo paso de Calais polo leste e o océano Atlántico polo oeste.
Canal da Mancha | |
---|---|
Localización administrativa | |
Estado | Reino Unido e Francia |
Subdivisión | Condados de Cornualla, Devon, Dorset, Hampshire, West Sussex, East Sussex e Kent (RU) Departamentos de Pas-de-Calais, Somme, Seine-Maritime, Calvados, Mancha, Ille e Vilaine, Côtes-d'Armor e Finistère (FRA) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Atlántico |
Continente | Europa |
Arquipélago | Illas Británicas |
Illa/s | Gran Bretaña |
Coordenadas | 50°N 02°O / 50, -202°O / 50, -2 |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar do Norte e golfo de Biscaia |
Illas interiores | Illa de Wight e Illas do Canal (RU) |
Afluentes | Sena (776 km) e Somme (263 km) (FRA) |
Cidades ribeiregas | Brighton, Worthing, Hove, Littlehampton, Portsmouth, Gosport, Bournemouth & Poole, Southampton, Plymouth, Torbay, Hastings—Bexhill, Eastbourne, Bognor Regis, Folkestone—Hythe, Weymouth, Dover, Exmouth, Falmouth—Penryn, Ryde, St Austell, Seaford e Penzance (RU) Le Havre, Calais, Boulogne-sur-Mer, Cherbourg, Saint-Brieuc, Saint-Malo, Lannion—Perros-Guirec, Dieppe, Morlaix, Dinard, Étaples—Le Touquet-Paris-Plage, Fécamp, Eu—Le Tréport, Trouville-sur-Mer—Deauville, Berck (FRA) |
Accidentes | |
Golfos e baías | Baía Lyme (RU) Baía do Sena, golfo de San Malô, baía do Monte Saint-Michel (FRA) |
Cabos | Cabo Beachy, punta de St. Catherine, punta Start e punta Lizard (RU) cabo Gris Nez, cabo de Antifer, punta de Barfleur, cabo d eLa Hague |
Estreitos | Paso de Calais (mar do Norte) |
Características | |
Superficie | 75.000 km² |
Lonxitude máxima | 560 lm. |
Anchura máxima | 34-240 km. |
Anchura mínima | Paso de Calais (34 km) |
Profundiade máxima | 174 m. |
Profundidade media | 63 m. |
Mapa | |
Localización oficial | |
Mapa da rexión da canle da Mancha. | |
Ten aproximadamente 563 km de lonxitude e unha anchura de 240 km na parte máis ancha e de apenas 34 km no seu punto máis estreito, entre Dover e o cabo Griz-Nez. A profundidade máxima é de 172 metros.
A circulación marítima na canle da Mancha é das máis intensas do mundo, con máis de 250 navíos por día, o que supón un cuarto do tráfico marítimo mundial. A esa circulación intensa superponse a dos ferries que ligan Francia e Inglaterra por vía marítima. Dende que foi inaugurado o 6 de maio de 1994, o Eurotúnel constitúe unha excelente e rápida alternativa de viaxe, ao permitir a comunicación ferroviaria entre Gran Bretaña e a Europa continental.
As Illas da Canle localízanse no interior da Canle da Manga, próximas ao lado francés. A illa de Ouessant é o punto de referencia da extremidade occidental da canle.
O departamento de Mancha -que incorpora a península do Cotentin, que avanza en dirección á canle- debe o seu nome á rexión marítima circunveciña.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Canal da Mancha |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Canal da Mancha, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.