Eurotúnel: Túnel ferroviario que liga a Francia á Inglaterra por debaixo da auga

1°27′00″L / 51.01667, 1.45

O Eurotúnel ou Túnel da Mancha, denominado Channel Tunnel en inglés, le tunnel sous la Manche en francés e aínda alcuñado polos ingleses como The Chunnel, é un túnel ferroviario que liga a Francia á Inglaterra por debaixo da auga. A súa construción foi bastante demorada e o inicio das obras sufriu algunhas falsas partidas até a súa inauguración en 1994. É o segundo túnel ferroviario máis longo do mundo, apenas superado polo Túnel Seikan no Xapón.

Eurotúnel: Tentativas anteriores, O túnel actual, Véxase tamén

Tentativas anteriores

Unha ligazón entre a Francia e a Inglaterra xa fora proposta en diversas ocasións:

  • En 1802, o enxeñeiro francés Matthieu Favier fixo unha proposta para a construción dun túnel: os pasaxeiros atravesarían o túnel en carruaxes tiradas por cabalos; o camiño iluminaríase con lanternas de aceite e unha illa a medio do túnel fornecería ar fresco para os cabalos. O custo, mesmo nesa altura, sería dun millón de libras.
  • En 1875, Peter Barlow, construtor do primeiro camiño de ferro subterráneo, suxeriu que se colocase un tubo de aceiro xigantesco flutuando sobre o canal. A idea rexeitouse.
  • En 1876 lévanse a cabo extensos estudos xeolóxicos.
  • En 1880 a compañía South Eastern Railway fai perforacións experimentais do lado inglés.
  • En 1881 unha máquina de perforacións Beaumont escava un túnel de 820 metros ao longo dos penedos do lado inglés.
  • En 1922 comezan novamente escavacións do lado inglés, mais despois de estaren feitos 128 metros de túnel, lanzáronse obxeccións políticas e as obras pararon unha vez máis.

Foi só despois do fin da segunda guerra mundial que os técnicos consideraron que o coñecemento tecnolóxico existente era o suficiente para a construción do túnel e comezaron a darlle a debida atención.

O túnel actual

Estudo

En 1957 formouse o Grupo de Estudo para o Túnel do Canal (Channel Tunnel Study Group). No seu relatorio, publicado en 1960, recomendábase a construción de dous túneles ferroviarios principais e un de servizo, menor. O proxecto iniciouse en 1973 mais, debido a problemas de financiamento, foi interrompido en 1975 cando xa estaban construídos 250 metros dun túnel de proba.

En 1984, a idea relanzouse cunha proposta conxunta dos gobernos inglés e francés, para a construción do túnel con fondos privados. Das catro propostas presentadas, foi escollida a que máis se semellaba ao anterior proxecto de 1973 e anunciouse ao público o 20 de xaneiro de 1986. O 12 de febreiro de 1986, os gobernos dos dous países asinaron en Canterbury o Fixed Link Treaty, que se ratificou en 1987.

O percorrido planeado ligaba Calais en Francia a Folkestone en Inglaterra. Na maior parte do seu percorrido, o túnel encóntrase a 40 metros abaixo do fondo do mar, sendo a sección sur máis fonda que a sección norte.

Construción

Eurotúnel: Tentativas anteriores, O túnel actual, Véxase tamén 
Interior do Eurotúnel

A escavación do túnel demorou sete anos e empregou 15.000 traballadores, sendo as operacións conducidas simultaneamente dos dous lados. O contratista principal foi a TransManche Link, un consorcio que englobaba 10 empresas e 5 bancos de ambos os países. Usáronse grandes máquinas, as chamadas tunnel boring machine (TBM). Estas máquinas eran auténticas fábricas móbiles que abriron o túnel, retiraban as terras e escoraban as paredes con betume. Cando as TBM’s se encontraron, sensibelmente a medio do túnel, a máquina francesa desmantelouse, en canto que a inglesa derivouse para as rochas e aí foi abandonada. Case 4 millóns de metros cúbicos de cal se escavaron só do lado inglés; a maior parte deitouse ao mar en Shakespeare Cliff, preto de Folkestone, tendo roubado ao mar con iso preto de 360.000 m².

O Túnel da Mancha está constituído por 3 túneles paralelos, dous principais ferroviarios e un máis pequeno, de acceso. Este túnel de acceso, que se emprega para vehículos máis pequenos, lígase aos outros a través de pasaxes transversais en intervalos regulares para permitir que os traballadores da manutención teñan acceso aos túneles principais e para fornecer unha saída de emerxencia en caso de accidente.

Detalles finais

Eurotúnel: Tentativas anteriores, O túnel actual, Véxase tamén 
Perfil xeolóxico.

O encontro dos dous túneles 40 metros abaixo do solo do Canal da Mancha o 1 de decembro de 1990, nun crosover (pasaxes que permiten trens pasar dun túnel a outro), tornou posíbel camiñar en terra seca de Inglaterra á Europa pola primeira vez desde o fin da última glaciación, máis de 13 mil anos atrás. Os ingleses e franceses, usando métodos de cálculo e investigación con láser, encontráronse con menos de 2 cm de erro.

O túnel inaugurouno oficialmente a Raíña británica Elizabeth II e o Presidente francés François Mitterrand, un 6 de maio de 1994.

Estatísticas

O túnel posúe 50 km de lonxitude, sendo que 39 deles están debaixo do mar. A profundidade media é 40 metros abaixo do solo do mar. Abriuse para uso comercial aínda en 1994, e os trens cargan vehículos e pasaxeiros. Case 7 millóns de pasaxeiros fan a travesía de 35 minutos todo ano.

A Sociedade Americana de Enxeñeiros Civís declararon o túnel unha das sete marabillas do mundo moderno.

Incendio

O único serio incidente no Eurotúnel aconteceu o 18 de novembro de 1996, cando o lume se espallou nun tren transportando camións. Os pasaxeiros evacuáronse nun tren vido na dirección oposta. Ninguén morreu, debido á acción rápida das autoridades francesas e británicas, mais o lume causou serios danos ao túnel e aos carrís, nun raio de 200 metros do accidente. O túnel reabriuse para uso limitado o 21 de novembro do mesmo ano, mais o transporte de pasaxeiros ficou paralizado até o 4 de decembro.

Operación

Eurotúnel: Tentativas anteriores, O túnel actual, Véxase tamén 
Estación ferroviaria de Waterloo

O túnel está xestionado por Eurotunnel plc. Existen catro distintos tipos de servizo:

  • Eurostar: un tren de pasaxeiros de alta velocidade. Conecta a estación londiniense de Saint Pancras coa Estación do Norte (Gare du Nord) en París, e con Bruxelas - Midi/Zuid, con paradas en Ashford, Calais e Lille. Inicialmente a terminal británica era a estación de Londres - Waterloo (ironicamente nomeada en referencia á última das batallas napoleónicas, entre o Reino Unido e a Francia).
  • Le Shuttle: transporta coches e ómnibus a través do túnel (como se fose un ferry-boat, balsa), servizo entre Calais (Francia) e Folkstone (Inglaterra).
  • Transporte de camións: carga camións no tren (que viaxan en vagóns abertos), os motoristas viaxan nun ómnibus, separados dos seus vehículos.
  • Servizo de transporte de carga convencional.

A pesar de que os trens do Eurostar viaxaren en alta velocidade en Francia (onde os carrís son modernos e especialmente feitos para os trens TGV que viaxan á unha velocidade de 300 km/h) e dentro do túnel (a unha media de 160 km/h), a velocidade en terras inglesas, especialmente preto da cidade de Kent, limítase polos carrís de baixa velocidade usado polos trens. O goberno británico instituíu un proxecto (Channel Tunnel Raíl Link, Conexión de Carril ao Túnel do Canal, en galego), con parte dos seus orzamentos vidos do goberno, cuxo obxectivo é construír unha liña de tren de Londres á entrada do túnel, especialmente dedicada aos trens de alta velocidade do Eurostar. No final de 2003, aproximadamente a metade da liña estaba completa (sección de Kent a Cheriton).

Busca por asilo

O túnel tornouse un medio popular en persoas que buscan asilo, coa esperanza de que as oportunidades de recibiren asilo sexan maiores no Reino Unido do que son en Francia, e entrando ilegalmente no Reino Unido. Houbo algunhas tentativas de tales persoas que tentaron camiñar ao longo do túnel ou entrar nos trens (de pasaxeiros) ilegalmente, mais a maioría prefire tentar esconderse en vagóns de carga ou en camións usando o túnel.[Cómpre referencia] En 2002 as autoridades británicas puxeron un sistema sofisticado de microfonía en Kent, esperando ouvir os batementos cardíacos ou a respiración de tales persoas. No comezo de 2003, o goberno británico premeu autoridades francesas a fecharen o centro para persoas que buscan asilo en Sangatte, que incentiva tales persoas a entrar ilegalmente no Reino Unido, na opinión dos británicos.[Cómpre referencia]

O Eurotúnel en filmes

Dado o seu status como un dos maiores feitos de enxeñaría do século XX, é talvez sorprendente o feito de que o Eurotúnel non se tornou unha icona cultural (a pesar de ser unha das marabillas do mundo moderno tal como a Ponte Golden Gate, en San Francisco; ou o predio Empire State, en Nova York). O clímax do filme Misión Imposíbel, en que Tom Cruise, encima dun vagón dun tren de alta velocidade, é capturado por un helicóptero, dentro no que é supostamente o Eurotúnel.

Tal escena (xerada coa axuda de computadores) contén moitos erros (alén da clara imposibilidade de tal voo). Dous dos máis significantes erros son o uso dun TGV francés dentro do "Eurotúnel" -tales trens non operan no túnel- e mostrando un único túnel rectangular con dúas liñas de tren. De feito, o Eurotúnel usa dous túneles fisicamente separados, para ambas as direccións de viaxe.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Eurotúnel Tentativas anterioresEurotúnel O túnel actualEurotúnel Véxase taménEurotúnelCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

SubgrupoLandraVerónica ForquéIrene FerrerasBipartito galegoInstagramParafusoJuan CorralAdolfo SuárezPontedeumeMíster EspañaVichelocregoExaculaciónCarbohidratoNúmero piAlfonso RuedaManuel MurguíaCohesiónBrasiliaRevolución dos caraveisSusana FortesLeymaAsalto do bou EvaEstanislao FiguerasCatedral de Santiago de CompostelaCarrizo (paxaro)Reino UnidoRamón Otero PedrayoEva MejutoDistritos de PortugalMarcelo Rebelo de SousaFlorentino López CuevillasJorge LorenzoHLA-DMTwitterAs leis de CelavellaFillas de CassandraEsperantoLeninismoGonzalo MellaHarvey WeinsteinMark Lewis JonesVilalba, Vilalba, VilalbaRastroRibadeopxhj6Tito ValdésO Barco de ValdeorrasOurenseEl Pueblo GallegoMoinanteRocco SiffrediDaniel de la TorreLista de filmes coas maiores recadaciónsPornografíaListenbourgRataVladimir PutinAna TurpinVicente RiscoMartín SarmientoPaulino PereiroShinovaGuerra civil españolaIbn al-AbbarBoyanka Kostova (grupo musical)Iker MuniainGaliciaRusiaNormativa oficial do galegoFollas novasTrofoblastoPosición aconchegadaValentín García GómezPadrónMoulin RougePampallín🡆 More