Belfast: Capital e cidade máis grande de Irlanda do Norte e da provincia do Ulster

Belfast (/ˈbɛlfɑːst/ en irlandés: Béal Feirste) é a capital e cidade máis grande de Irlanda do Norte e da provincia do Ulster, situada na foz do río Lagan entre montañas, na costa leste de Irlanda do Norte.

É a décimo segunda cidade máis grande do Reino Unido e a segundo maior da illa de Irlanda. Tiña unha poboación de 333.871 habitantes en 2015 e de 671.559 (2011) na área metropolitana. Belfast sufriu moito nos Problemas: nos anos 70 e 80 era unha das cidades máis perigosas do mundo, cunha taxa de homicidios en torno a 31 por 100.000. Porén desde o Acordo do Venres Santo de 1998 produciuse unha maior modernización da cidade. Ten dous aeroportos, o Aeroporto George Best e o Aeroporto Internacional de Belfast. A Universidade Queens de Belfast fundada en 1845 é a maior da cidade e na Universidade do Ulster, fundada en 1984, pódense cursar belas artes, deseño e arquitectura.

Modelo:Xeografía políticaBelfast
Belfast: Historia, Notas, Véxase tamén
Belfast: Historia, Notas, Véxase tamén
Imaxe

Lema«Pro Tanto Quid Retribuamus?» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aRio Farset (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Belfast: Historia, Notas, Véxase tamén
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 54°35′47″N 5°55′48″O / 54.5964, -5.935°55′48″O / 54.5964, -5.93
EstadoReino Unido
PaísIrlanda do Norte
SubdivisiónsBelfast (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Irlanda do Norte (1921–) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación345.006 (2021) Editar o valor em Wikidata (3.000,17 hab./km²)
Xeografía
Superficie114,995472 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude3 m Editar o valor em Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico28 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webbelfastcity.gov.uk Editar o valor em Wikidata

Historia

Belfast: Historia, Notas, Véxase tamén 
O RMS Titanic zarpando de Belfast, 2 de abril de 1912.
Belfast: Historia, Notas, Véxase tamén 
O Albert Memorial Clock.
Belfast: Historia, Notas, Véxase tamén 
Stormont.

O lugar onde se atopa o actual Belfast estivo sempre ocupado desde a Idade de Bronce. O xacemento arqueolóxico coñecido como Giant's Ring (o anel do xigante), situado moi preto da cidade, ten 5000 anos e aínda se poden ver restos de fortificacións que datan da Idade de Ferro nos outeiros que rodean a cidade.

Converteuse nun asentamento importante no século XVII cando un gran número de colonos ingleses e escoceses instaláronse alí no proceso de colonización do Ulster, co obxectivo de erradicar á poboación católica do Ulster. En 1641, os católicos se rebelaron, pero foron severamente reprimidos. Belfast floreceu como un importante centro comercial e industrial durante os séculos XVIII e XIX e converteuse na cidade máis industrializada de Irlanda, superando incluso a Dublín grazas aos seus estaleiros, a súa industria téxtil e tabaco. Os estaleiros Harland and Wolff convertéronse nos máis importantes do mundo, empregando ata 35.000 traballadores. Nestes estaleiros construíuse o tráxicamente famoso RMS Titanic.

Belfast constituíuse na capital de Irlanda do Norte desde a creación desta rexión administrativa en 1920 pola Acta do goberno de Irlanda de 1920. Desde entón foi crecendo en número de habitantes e foi testemuña de enfrontamentos dos seus cidadáns católicos (maioritariamente "nacionalistas" favorables á independencia do Reino Unido) e protestantes (ou "leais", que se opoñen a calquera proceso que leve á separación do Imperio Británico).

Belfast foi bombardeado tres veces durante a segunda guerra mundial polos bombardeiros da Luftwaffe. O bombardeo que causou máis danos produciuse na noite do 15 de abril de 1941, cando 200 bombardeiros, entre Heinkel He 111, Junkers e Dorniers, atacaron a cidade sen ter unha resistencia importante. Estímase que preto de mil persoas morreron durante o ataque ou feridas provocadas durante o ataque. Ademais, unhas 100.000 persoas perderon a súa casa. Aínda que os estaleiros e as fábricas de aeronaves víronse afectadas, recuperáronse rapidamente, xa que a demanda de buques e avións era alta. Isto supuxo, por suposto, a rápida recuperación da economía de Belfast.

O 21 de xullo de 1972, o IRA provisional detonou 22 bombas dentro e no arredor da cidade, asasinando a nove persoas, incluídos dous policías e feridas a outras 130. Amais do exército británico e a policía local, o IRA provisional enfrontouse a dous grupos paramilitares: a Asociación en Defensa do Ulster e a Forza Voluntaria do Ulster. Ata 1994 producíronse enfrontamentos esporádicos entre as dúas forzas en Belfast. Aínda que o cesamento do fogo entre ambas partes rematou coa violencia na cidade, a cidade mantén un importante compoñente de segregación entre a poboación católica republicana e a poboación unionista protestante.

En 1997, os unionistas perderon o control do Consello de Belfast por primeira vez na súa historia. Esta derrota confirmouse nas eleccións de 2001 e 2005. Isto permitiu aos membros dos nacionalistas do SDLP e Sinn Féin exercer como alcalde por primeira vez. O actual alcalde, Jim Rodgers, pertence ao Partido Unionista do Ulster.

Etimoloxía e lema

Belfast: Historia, Notas, Véxase tamén 
Escudo da cidade de Belfast.

Belfast é a versión anglicanizada do nome irlandés da zona onde se atopa, que significa "Vado areoso na desembocadura do río". Isto refírese a barra que se formou onde o río Farset se une ao río Lagan en Donegall Quay e desemboca a Belfast Lough. Este foi o centro arredor do que se desenvolveu a cidade. O río Farset tamén recibe o nome da palabra "pozo de area", "feirste" en irlandés. Rodeado polo río Lagan como o río máis importante, o Farset agora languidece na escuridade, baixo a avenida principal (High Street). O río aberto aínda se pode ver no bordo do cemiterio de Shankill. Bank Street no centro da cidade non se refire ao sector bancario, senón ao banco do río e Bridge Street (Rúa da Ponte) era o sitio onde antes se situaba unha ponte sobre o río Farset.

A cidade de Belfast ten o lema en latín "Pro tanto quid retribuamus" . Isto pódese traducir como "O que debemos dar a cambio de moito" (literalmente "Recibindo tanto, o que debemos devolver") e foi tomado do Salmo 116 versículo 12 da Vulgata.

Belfast: Historia, Notas, Véxase tamén 
Castelo de Belfast.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas


Belfast: Historia, Notas, Véxase tamén 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

Belfast HistoriaBelfast NotasBelfast Véxase taménBelfastAcordo do Venres SantoAxuda:AFI para o inglésConflito de Irlanda do NorteIlla de IrlandaIrlanda do NorteLingua irlandesaReino UnidoRío LaganUlsterUniversidade do Ulster

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ricardo BeirasMoulin RougeFabiola GarcíaBélxicaAgustín Fernández PazJulio Iglesias RedondoEstadio de TammelaOman AirA EstradaMercedes QueixasOldhamCaquetáCarles PuigdemontJorge LorenzoIbn al-AbbarSabela (Operación Triunfo)TarragonaLista de siglas e acrónimosRafael NadalLesakaEstatua de Che Guevara en OleirosDiego AnidoRamón María del Valle-InclánOs pronomes persoais galegosYolanda CastañoCastro de Punta do BicoUniversidade de Santiago de CompostelaFesta da Palabra SilenciadaMamen MendizábalWikiAmancio OrtegaVichelocregoMario CaneiroDonald TrumpIrene FerrerasAdrenalinaRacing Club de FerrolMaruxa MalloSegunda República EspañolaPardo de CelaPecados capitaisRéptilesXXXTentacion1915Harvey WeinsteinSerés, Serés, CastroverdeAltriPalmaLingua galegaArxentinaCarlos de Matos GomesLipoproteína de BraunAC-101The ArtistRataAdriano Correia de OliveiraLista de xentilicios de concellos galegosInfinitivo conxugadoSonsoles EspinosaMíster EspañaLista de presidentes da República PortuguesaCanle (enxeñaría)Elena CandiaAciñeiraBlogGabriel RufiánSupermanVladimir PutinMilánParadigmas dos verbos irregulares galegosShōgun🡆 More