Antón Villar Ponte: Farmacéutico, xornalista, escritor e político galego

Antón Villar Ponte (tamén coñecido como Antón Vilar Ponte), nado en Viveiro o 2 de outubro de 1881 e finado na Coruña o 4 de marzo de 1936, foi un dos fundadores dunha das primeiras Irmandades da Fala e un dos principais alentadores do galeguismo de preguerra.

Estudou farmacia, aínda que exerceu tamén o xornalismo. A súa obra abrangueu varios eidos (novela, ensaio, conferencias, discursos etc) e especialmente a produción dramática, transmisora do ideario galeguista. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 1977.

Infotaula de personaAntón Villar Ponte
Antón Villar Ponte: Traxectoria, Ideario, Recoñecementos
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalAntón Villar Ponte
Antón Vilar Ponte
Biografía
Nacemento2 de outubro de 1881 Editar o valor em Wikidata
Viveiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de marzo de 1936 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor em Wikidata
Antón Villar Ponte: Traxectoria, Ideario, Recoñecementos Deputado nas Cortes republicanas
11 de marzo de 1936 – 15 de abril de 1936

Circunscrición electoral: A Coruña
Antón Villar Ponte: Traxectoria, Ideario, Recoñecementos Deputado nas Cortes republicanas

13 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: A Coruña
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalLicenciado en farmacia
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
OcupaciónXornalismo
EmpregadorIrmandades da Fala
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoEnsaio, comedia, teatro
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMicaela Chao Maciñeira
† 27/11/1928
FillosAntonio Villar Chao futbolista
María del Carmen Villar Chao
IrmánsRamón Villar Ponte Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Antón Villar Ponte: Traxectoria, Ideario, Recoñecementos Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 1229 Dialnet: 2453792
Notes
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1977.

Na súa traxectoria política foi un dos fundadores, en 1929, da Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e, como membro dela, foi elixido deputado da Federación Republicana Gallega pola provincia da Coruña nas eleccións de xuño de 1931. En 1934 incorporouse ao Partido Galeguista e volveu ser electo nas eleccións de febreiro de 1936 na candidatura da Fronte Popular. Con todo, non chegou a prometer o cargo nin a presenciar o plebiscito do Estatuto de Galicia de xuño, pois morreu en marzo por mor dunha perforación gástrica.

Traxectoria

Antón Villar Ponte: Traxectoria, Ideario, Recoñecementos 
Dedicatoria a Murguía no libro Nuestra afirmación regional, 1916.

Pertencente a unha familia de clase media e ideoloxía monárquico-conservadora, estudou nos institutos de Lugo e Santiago e fundou o semanario republicano Nueva Brisa en 1899. Durante a súa carreira participou no movemento republicano e colaborou en El Combate. Licenciouse en farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1901 e dende ese ano rexentou unha botica en Foz. Alí dirixiu o periódico El Automóvil, fundou ¡Guau... Guau! e colaborou en La Idea Moderna. Actuou como secretario do comité republicano que presidía Manuel Leiras Pulpeiro en Mondoñedo e colaborou esporadicamente coa Revista Gallega de Galo Salinas.

Antón Villar Ponte: Traxectoria, Ideario, Recoñecementos 
Fundouse aquí…. Placa na Coruña.

En 1906 marchou a Madrid onde se adicou ao xornalismo, na redacción do republicano El País. En 1907 foi redactor da coruñesa Tierra Gallega. Emigrou á Habana en maio de 1908, onde tamén traballou en diarios e revistas como Follas Novas e dirixiu a revista Alma Gallega en 1910. Foi nomeado secretario da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega. En Cuba contactou con Ramón Cabanillas.

En 1910, de volta en Galiza, estabeleceuse na Coruña. Abriu unha farmacia en Monelos e mesmo chegou a ser parte da directiva do Colexio oficial de Farmacéuticos da provincia da Coruña en 1926. Colaborou nas páxinas de varios xornais e revistas: Germinal, La Voz de Galicia (1911-1917) -que o envía a cubrir a información da revolución portuguesa-, Nós (dende 1920), El Pueblo Gallego, El Noroeste, Galicia. Diario de Vigo, Alborada de Pontevedra, Alborada de Monforte de Lemos, Claridad, O Irmandiño, Mi Tierra, El Agrario Barcalés, Faro Villalbés, Ser, El Momento, El Heraldo Gallego, Mariñana ou Céltiga, entre outros. Os xornais foron a palestra dende a que espallou o seu ideario.

Relacionouse con Rodrigo Sanz e Aurelio Ribalta. Este último realizara en 1915 un chamamento dende a revista Estudios Gallegos para defender a lingua galega. O 5 de xaneiro de 1916, Antón Villar Ponte recolleu a chamada de Aurelio Ribalta e comezou dende as páxinas de La Voz de Galicia unha campaña para a creación dunha Liga de Amigos do Idioma Galego. En marzo publicou o folleto Nacionalismo gallego (Apuntes para un libro). Nuestra afirmación regional (de 36 páxinas nesa 1ª ed; 95 páxinas na 2ª), no que volve sobre a cuestión da defensa, dignificación e fomento do uso da lingua galega.

O 18 de maio de 1916, Villar Ponte convocou unha xuntanza nos locais da Real Academia Galega na Coruña, á que asistiron arredor de vinte persoas, entre elas, Manuel Lugrís Freire, Florencio Vaamonde, Uxío Carré Aldao, Luís Porteiro Garea, Francisco Tettamancy e Ramón Villar Ponte, irmán de Antón, entre outros. Nesta xuntanza acordouse a creación dunha Irmandade de Amigos da Fala, que tería como obxectivo a defensa, exaltación e fomento da lingua galega, e nomeouse a Antón Villar Ponte como Primeiro Conselleiro. Canda Lois Peña Novo e Manuel Lugrís Freire, Antón Villar Ponte dirixiu o voceiro escrito das Irmandades da Fala, A Nosa Terra, que apareceu en novembro de 1916.

Antón Villar Ponte: Traxectoria, Ideario, Recoñecementos 
Deputados galegos de 1931. Ramón Suárez Picallo, Daniel Vázquez, Alejandro Rodríguez Cadarso, Castelao, Nóvoa Santos, Antón Villar Ponte, Poza Juncal, Otero Pedrayo e Antón Alonso Ríos.

Presidiu a Asociación da Prensa Coruñesa. En 1919 colaborou na formación do Conservatorio Nazonal de Arte Galego, que traduciu autores estranxeiros ao galego. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos.

En xullo de 1934 ingresou como membro de número na Real Academia Galega, a proposta de Eladio Rodríguez González, Félix Estrada Catoyra e Francisco Ponte Blanco, co discurso de ingreso O sentimento liberal na Galiza, respondido por Ramón Otero Pedrayo. O texto foi publicado por primeira vez en 1977 nos obradoiros tipográficos da editorial Moret, na Coruña, con limiar de Sebastián Martínez-Risco. Moitas das súas propostas (inseridas no traballo das primeiras Irmandades da Fala), foron posteriormente asumidas por símbolos do galeguismo como Alfonso Rodríguez Castelao.

Amosouse partidario de colaborar, como o resto da ING, coa ditadura de Primo de Rivera e aceptou entrar o 7 de febreiro de 1924 no consistorio da Coruña como concelleiro en calidade de directivo da Reunión de Artesáns. As Irmandades da Fala da Coruña criticaron con dureza esa súa decisión. Finalmente, a súa oposición a devolverlle a xestión das institucións de beneficencia á Igrexa católica precipitou a súa renuncia o 18 de marzo dese ano e a súa oposición á ditadura. Chegou a ser arrestado por artigos contrarios á ditadura en maio de 1926 e mais en xaneiro de 1927. Na súa traxectoria política foi un dos fundadores da ORGA (1929) e, como membro dela, foi elixido deputado da Federación Republicana Gallega pola provincia da Coruña nas eleccións de xuño de 1931. En 1934 incorporouse ao Partido Galeguista e volveu ser electo nas eleccións de febreiro de 1936 na candidatura da Fronte Popular, mais non chegou a prometer o cargo nin presenciar o plebiscito do Estatuto de Galicia de xuño, pois morreu en marzo por mor dunha perforación gástrica.

Ideario

O traballo e as reflexións de Villar Ponte contextualízanse nun momento de desenvolvemento intelectual e estético en toda Europa. En Galiza coincidiu co agromar de dúas posturas enfrontadas no seo do galeguismo. Dunha banda, a corrente culturalista (de dereitas, personificada por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Florentino López Cuevillas) e, da outra, a máis activista politicamente (de esquerdas, con Manuel Lugrís Freire, Uxío Carré Aldao ou Víctor Casas).

Antón Villar Ponte: Traxectoria, Ideario, Recoñecementos 
Nuestra afirmación regional, 1916, 2a ed.

Villar Ponte foi parte deste segundo grupo, xuntamente con Xoán Vicente Viqueira. A súa propia visión do nacionalismo galego inclúeo nesta corrente, pois defendeu a construción dos sistemas políticos desde a racionalidade e o servizo ao pobo, xa que consideraba as persoas de forma individual e non como ente abstracto (contrariamente do que defendían os culturalistas).

Igualmente, prescindiu das paixóns e apelaba á racionalidade. Estes razoamentos, en principio críticos co nacionalismo galego, utilizounos contra o nacionalismo español:

¿Incondicionaes d'Hespaña? A incondicionalidade é escravitú. A incondicionalidade inda non se da no senso natural para que poida dárese no senso político. Condicional é o mais respetabre da vida: a relación entre pais e fillos, dentro da familia. ¿Cómo poden existir parvos que falen da santa incondicionalidade a un Estado, sempre cousa artificiosa e mudabre.

Segundo Villar Ponte, os sistemas sociais constrúense historicamente pola humanidade. Daquela, acontecería o mesmo cos conceptos nación e estado: se os constrúen os seres humanos, non son realidades eternas nin feitos que determinen ou deban determinar, en principio, unha imposición moral. Este punto de vista bate frontalmente co discurso historicista que predominaba nos nacionalismos do século XIX e de comezos do XX.

Antón Villar Ponte: Traxectoria, Ideario, Recoñecementos 
Portada dunha edición facsimilar de Almas mortas.

Recoñecementos

O Concello de Viveiro convoca o Premio de Novela Vilar Ponte que rende homenaxe a Antón e a Ramón Vilar Ponte.

Obra bibliográfica

Ensaio

  • Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional (1916), 36 pp. na 1ª ed; 95 pp. na 2ª. Adicado a Aurelio Ribalta.
  • Os nosos valores (1920). Conferencia lida na Sociedade Económica de Santiago, publicada en A Nosa Terra, nº 120.
  • Do cosmopolitismo, do universalismo e da mansedume galega (1921), traballo lido na "Oliva" de Vigo, A Nosa Terra nº 139.
  • "Preludio cordial" en Abellas de ouro de Xosé Lesta Meis, Nós, 1930.
  • O sentimiento liberal na Galiza, discurso de ingreso na RAG en 1934.

Teatro

Antón Villar Ponte: Traxectoria, Ideario, Recoñecementos 
O Mariscal.
  • Do caciquismo: A patria do labrego (1905)
  • Da superstición. Entre dous abismos (1920)
  • Da emigración: Almas mortas: novela dialogada cómico tráxica en tres estancias (Céltiga, 1922), ilustrada por Camilo Díaz Baliño.
  • O Mariscal (1926). Canda Ramón Cabanillas, con debuxos de Álvaro Cebreiro. Ediciós Lar.
  • Teatro galego: tríptigo (Nós, 1928). Inclúe: Do caciquismo: a patria do labrego; Da emigración: almas mortas e Da superstición: entre dous abismos.
  • Os evanxeos da risa absoluta: anunciación do antiquixote. Folk-drama da sinxeleza campesina. Ilustracións de Castelao (Nós, 1934).
  • Nouturnio de medo e morte, bárbara anécdota realista en dous tempos (sin literatura) que puido andar nos romances dos cegos (Nós, 1935)
  • A festa da malla. Ed. de Dolores Vilavedra et al. Col. Os libros do Centro Dramático Galego (1997, Xerais). ISBN 978-84-8302-100-2.
  • Xuana de Vega ou "Os mártires": dúas versións dunha obra inconclusa de Antón Vilar Ponte. Ed. de Ernesto Vázquez Souza. Laiovento, 2001.

Amais, traduciu obras clásicas de William Shakespeare ou Molière.

Escolmas e estudos

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Antón Villar Ponte TraxectoriaAntón Villar Ponte IdearioAntón Villar Ponte RecoñecementosAntón Villar Ponte Obra bibliográficaAntón Villar Ponte Galería de imaxesAntón Villar Ponte NotasAntón Villar Ponte Véxase taménAntón Villar Ponte

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Fermin MuguruzaMasculino e feminino en galegoManuel Curros EnríquezSantiago de CompostelaBélxicaLista de palabras galegas de orixe celtaMISBNMecanismo de AnticiteraPalauPablo EcheniqueSéculos EscurosDoenza de Paget de mamaRibadeoMaruxa MalloHelsingin JalkapalloklubiLontreiraCataluñaHenrique VIII de InglaterraCouselo (planta)Wayback MachineXosé Manuel BeirasGres, Vila de CrucesTransformador (modelo de aprendizaxe automática)Galileo GalileiItxu DíazMexacánRosario Porto OrtegaGuerraManuel RivasAmy WinehouseEduardo Blanco Amoroyz9zLedicia CostasMaría Jesús MonteroSegunda República EspañolaTelexornalMáquina comecartosManuel Gago MariñoElena CandiaMartín SarmientoYolanda CastañoRamón CabanillasOTANBibTeXÁngeles VázquezTonhito de PoiIker MuniainMártires de CarralJosé López CamposIsabel II do Reino UnidoRataCuarzoCarbohidratoFesta da Palabra SilenciadaRicardo BeirasDavid BeckhamEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Verónica ForquéAntón Villar PonteManuel MaríaAC-141PortadaMaría JamardoSusana FortesColocación do pronome átono en galegoSupermanAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoUnión AfricanaLuisa CarnésBenito MussoliniBispo🡆 More