Joaquín Poza Juncal, nado en Pontevedra o 26 de novembro de 1898 e finado en Madrid o 28 de setembro de 1934, foi un avogado, xornalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de novembro de 1898 Pontevedra, España |
Morte | 28 de setembro de 1934 (35 anos) Pontevedra, España |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Esquerra Republicana de Catalunya 13 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Pontevedra | |
Gobernador civil da provincia de Ourense | |
Gobernador civil | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | avogado , político |
Partido político | Izquierda Republicana |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Joaquín Poza Cobas |
Irmáns | Hernán Poza Juncal e Laureano Poza Juncal |
Fillo de Joaquín Poza Cobas, dirixente republicano de Pontevedra, sucedeu ao seu pai como director de La Libertad. Foi vicepresidente do Centro Republicano de Pontevedra e un dos asinantes do manifesto fundacional da Federación Republicana Gallega en 1930, o chamado Pacto de Lestrobe. Logo da proclamación da Segunda República foi concelleiro de Pontevedra e máis tarde gobernador civil de Ourense. Nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado por Pontevedra pola FRG.
En 1933 pásase a Acción Republicana e ingresa en Izquierda Republicana en 1934. Participou activamente nas asembleas de elaboración do Estatuto de Autonomía de Galicia. Foi tamén avogado asesor da Caja Rural de Lérez, fundada en 1926.
Foi redactor-xefe de El País, voceiro do PRG e logo de IR, colaborador de Faro de Vigo e El Emigrado (A Estrada). Dirixiu a revista Vida Agraria, voceiro da Caja Rural de Lérez, da que foi asesor xurídico.
Iniciouse na masonaría en 1929 na loxa pontevedresa "Helenes nº 7", na que empregou o simbólico "Vergniaud", acadando o grao 3º (mestre).
Foi irmán de Hernán e Laureano Poza Juncal, este último tamén masón no exilio.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Joaquín Poza Juncal, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.