Xosé Lois García Fernández: Escritor galego

Xosé Lois García Fernández, nado en Merlán (Chantada) o 22 de abril de 1945, é un escritor galego.

Infotaula de personaXosé Lois García Fernández
Xosé Lois García Fernández: Traxectoria, Obra, Obra en catalán
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de abril de 1945 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Merlán, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

AELG: 548 Dialnet: 622619

Traxectoria

Con vinte anos pasou a vivir a Barcelona, onde traballou de obreiro da metalurxia na SEAT e estudou varios cursos de socioloxía no Instituto de Ciencias Sociais e Políticas que, máis tarde, abandonou para ingresar na Universidade de Barcelona da que é licenciado en Filosofía e Letras (sección de Historia). Foi Director do Arquivo Histórico Municipal e Responsable de Patrimonio HIstórico de Sant Andreu de la Barca (Barcelona). Fundador do “Centre d’Estudis Joan Falguera” de Sant Andreu de la Barca, e da “Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada”.

Desenvolveu diversos labores na divulgación da cultura galega en Cataluña. Autor de diversas publicacións de historia, ensaio, teatro, literatura infantil e sobre a simboloxía románica na Ribeira Sacra. Crítico de arte e literatura, conferenciante, articulista en varias publicacións de Galiza, España e do estranxeiro. Foi correspondente da revista portuguesa Nova Renascença. Articulista da prensa catalá: revista Canigó e Historia y Vida e nos xornais: Avui e Mundo Diario. Participou nas revistas portuguesas: Quadernos do Tâmaga!, Anto e Saudade, Colóquio & Letras. Columnista semanal do xornal O Correo Galego, Galicia Hoxe, A Nosa Terra e Sermos Galiza.

Especialista da literatura de expresión portuguesa en África (a este continente viaxou en numerosas ocasións) e autor de antoloxías poéticas de Portugal, Galicia, Mozambique, Angola, Guinea-Bissau, Macau e o Brasil. Tamén é antólogo e tradutor. A súa obra a compoñen mais de cincuenta libros publicados sobre diversas temáticas en galego, portugués e catalán. Ten realizado varias viaxes a África e América. Investigador sobre a obra de Agostinho Neto, o primeiro presidente de Angola, e doutros autores. Ten escrito numerosos prólogos sobre autores de poesía. É membro de honor da União dos Escritores Angolanos.

Obra

Poesía

  • Cancioneiro de Pero Bernal, 1972.
  • Abrilsonetos, 1974.
  • Borralleira pra sementar una verba, 1974, Xistral.
  • Non teño outra cantiga, 1975, edición do autor, Barcelona.
  • Do Faro ao Miño, 1978, Ediciós do Castro.
  • Aquarium, 1982, Ediciós do Castro.
  • Materia Corporal (1986).
  • Os indícios do sol, 1988, Oficinas de Trabalho Protegido da APPACDM, Braga.
  • Tempo precario (1972-1987), 1988, Ediciós do Castro.
  • Labirinto incendiado, 1989, Edições do Tâmega, Amarante.
  • Paixón e rito, 1993, Sons Galiza.
  • Círculo de luz e xisto, 1994, Espiral Maior.
  • Rosto incompleto, 1996, Espiral Maior.
  • Falo de Baco, 1998.
  • Sambizanga, 1999, Ediciós do Castro.
  • O som das águas lentas, 1999.
  • Kalendas, 2005, Xerais.
  • Do Faro ao Miño 2 (2005)
  • No imo do tempo, 2007, Toxosoutos.
  • Pórticos do gozo (poemas a Pantón), 2008, Toxosoutos.
  • Poemas pornofálicos, 2009, Toxosoutos.
  • Petroglifia (poemas a Sober), 2010, Toxosoutos.
  • Por ninguén aloumiñada. Poesía completa 1972-2005, 2011, Toxosoutos.
  • No sangue dos bardos. Poesía completa 2005-2009, 2011, Toxosoutos.
  • Tedempo, 2012.
  • Remitencias, 2013, Asociación Cultural Xermolos.
  • No soño dos ollos (2017).
  • O mar vai en nós (haikais) (2022). 20 poemas sobre o Prestige. Ilustracións de Xosé Randolfe Vilariño.
  • Cancioneiro profano (2023). Silleda: Fervenza. 102 páxs. ISBN 978-84-19840-06-6. Ilustracións de Xosé Randolfe Vilariño.

Ensaio

Narrativa

  • Xente de inverno: contos, 1995, Ediciós do Castro.

Teatro

  • A proclama (1996). Cadernos de Teatro.
  • A cerna (2013)
  • Conversa de Manuel María e Xohán de Requeixo no monte Faro, entre as néboas do tempo (2016)
  • O proceso a Lucía Fidalgo (2017)
  • Auto do demo e da viñateira (2017)
  • Teatro completo (1996-2019) (2019). Ed. de Autor. ISBN 978-84-09-14183-8. Estudo preliminar de Elza Hauresku.
  • Unha cunca de caldo quente (2022). Fervenza ed.

Edicións

  • Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
  • Rosalírica: (homenaxe de 27 poetas portugueses a Rosalía no centenario de súa morte), 1985, Ediciós do Castro.
  • Cantares d'amor e d'amigo, de Carles Riba, 1990, Ediciós do Castro.
  • Nova Galiza, 1990, Ediciós do Castro. Edición facsimilar.
  • Floriram cravos vermelhos: antología poética da expressão portuguesa em África e Ásia, 1993, Espiral Maior.
  • Nacionalismo e Cultura, de Amílcar Cabral, 1999, Laiovento.
  • Homenagem a Angola no XXV aniversário da súa independência nacional (1975-2000), 2001, Ediciós do Castro.
  • Cadernos poéticos dun emigrante galego en Cuba, de Domingo Campio Devesa Naveiro, 2004, Ediciós do Castro.
  • Antoloxía dos poetas galegos en Cuba, 2008, Toxosoutos.
  • Antoloxía poética da Escola Labrega luguesa. De Leiras Pulpeiro a Uxío Novoneyra, 2013, Fundación Uxío Novoneyra.

Literatura infanto-xuvenil

  • A figueira lingoreteira, 1996, Ediciós do Castro. Poesía.
  • A mulemba que fala, 2006, Everest Galicia. Narrativa.
  • A feira do cinco, 2009, A Fervenza. Teatro.
  • A idade do orballo, 2009, Everest Galicia. Narrativa.
  • O reloxo de Merexildo, 2009, A Fervenza. Teatro.
  • Labyrinthus, 2010, Everest Galicia. Narrativa.
  • Mirafentos, 2010, A Fervenza. Teatro.
  • Do A ao Z con... Manuel María, 2011, Everest Galicia. Ensaio.

Traducións

Obras colectivas

  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Ediciós do Castro.
  • Alén do azul (unha ducia de poetas galegos en Catalunya), 1999, Ediciós do Castro.
  • Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán, 2003, Edicións do Cumio.
  • Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo, 2003.
  • Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones.
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
  • Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.
  • Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.

Obra en catalán

Poesía

  • Cruïlles de Sant Andreu de la Barca (2006)

Teatro

  • Desguiament de guiats (2014)

Traducións

  • El problema de les nacionalitats ibèriques (antologia de "Sempre en Galicia"), de Castelao, 1983, Edicions 62.

Ensaio

  • Tot descobrint Sant Andreu de la Barca (1999)
  • Imatges i records de Sant Andreu de la Barca (1999)
  • Efemèrides històriques de Sant Andreu de la Barca (2000)
  • Recull enciclopèdic de Sant Andreu de la Barca (2001)
  • La Societat El Casino de Sant Andreu de la Barca (2002)
  • La pagesia a Sant Andreu de la Barca (2004)
  • Els alcaldes de Sant Andreu de la Barca del segle XX (2005)
  • L'alcalde Joan Falguera i Estapé. Vida i obra (2005)
  • Guia del patrimoni arquitectònic de Sant Andreu de la Barca (2006)
  • Constitució del Consell de Jurats de Sant Andreu de la Barca (1594) (2006)
  • L'ahir i l’avui de Sant Andreu de la Barca (2007)
  • L'emigració de Sant Andreu de la Barca a Xile (2008)
  • La nostre gent (Sant Andreu de la Barca) (2009)
  • Cròniques de Sant Andreu de la Barca (2012)

Obra en castelán

Traducións

  • Poemas a la madre Africa (antología de la poesía angolana del siglo XX), 1992, Ediciós do Castro.
  • Antologia da poesia brasileira = antología de la poesía brasileña, 2001, Laiovento.

Premios

  • 1992: Creación Literaria do Ministerio de Cultura.
  • 2008: Pedrón de Honra.
  • 2009: Fillo Adoptivo e Cronista de Sant Andreu de la Barca
  • Gañador do II Premio MOME de Teatro Varela Buxán do Concello da Estrada no 2012, por A cerna.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Xosé Lois García: Coloquio homenaxe. Chantada, 13 e 14 de agosto de 2005, 2006, Ajuntament de Sant Andreu de la Barca, Barcelona.
  • A letra e o ar: palabra-liberdade na poesía de Xosé Lois García, de Andityas Soares de Moura, 2009, Toxosoutos.

Ligazóns externas

Tags:

Xosé Lois García Fernández TraxectoriaXosé Lois García Fernández ObraXosé Lois García Fernández Obra en catalánXosé Lois García Fernández Obra en castelánXosé Lois García Fernández PremiosXosé Lois García Fernández NotasXosé Lois García Fernández Véxase taménXosé Lois García Fernández194522 de abrilChantadaGaliciaMerlán, Chantada

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista de nomes masculinos en galegoEva GonzálezOvidio RodeiroEstíbaliz EspinosaPartido Comunista dos Traballadores de EspañaXapónRosario DúrcalMéxicoSuleiman IMonforte de LemosFebreiroCopia por contactoWikipediaMarta Fernández-TapiasSilvia SuperstarFaneca bravaMads MikkelsenCervo comúnMalvares de MoscosoAlfonso Basterra CamporroAbraham PérezIris Gey LópezComarcas de GaliciaPRECVilaxoán, Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de ArousaYolanda DíazCandela PeñaLista de castelos de PortugalLupus eritematoso sistémicoPío BarojaGoogleLingua galegaIsabel Díaz AyusoAciñeiraMaría a BalteiraHTMLHeviRamón PiñeiroAdolfo GacioRúa das Rodas (Santiago de Compostela)Os pronomes persoais galegosSéculos EscurosAlberto Núñez FeijóoHelia GonzálezLista de WikipediasLoureiroCetáceosEduard del Castillo VelascoManuel Jesús González CapónBerrogüettoMáquina comecartosNoruegaJohn TravoltaValladolidNieves NeiraPosición do misioneiro invertidaJennifer LopezCruceiroSátrapaSelección de fútbol de GaliciaHLA-DOFrancisco Castro VelosoDonostiaMiguel de CervantesMarçal MolinéSteve JobsBibiana FernándezPobo galegoIsabel Feodorovna RomanovaEspañaFernando AlonsoPemento de PadrónLeninismoBenedicto García VillarToledo🡆 More