Voo 752 De Ukraine International Airlines

O voo 752 de Ukraine International Airlines era un voo internacional regular de pasaxeiros dende Teherán, Irán con destino Kíiv, Ucraína, operado por Ukraine International Airlines.

O Boeing 737-800 que realizaba a ruta esnafrouse pouco despois de engalar o día 8 de xaneiro de 2020 dende o aeroporto Imán Khomeini. Os 176 pasaxeiros e tripulantes a bordo morreron no desastre, converténdose no peor accidente dun Boeing 737 Next Generation ao superar en vítimas ao do voo 812 de Air India Express, ocorrido en 2010. Trátase do primeiro accidente mortal da aeroliña Ukraine International Airlines.

voo 752 de Ukraine International Airlines
Resumo
Data  8 de xaneiro de 2020
Causa  Lanzamento dun mísil
Lugar  Irán
Coordenadas  51°06′14″L / 35.561111111111, 51.103888888889
Orixe  Teherán
Destino  Kíiv
Aeronave

O aparello foi derrubado polos Corpos da Gardia Revolucionaria Islámica, que atribuíron o feito a un erro humano, describindo o presidente iraniano Hassan Rouhani o accidente como un "erro imperdoable". As autoridades de aviación do país inicialmente negaron que o avión fose alcanzado por un mísil e dixo que un erro técnico fora o responsable, mentres que as autoridades ucraínas, despois de diferir inicialmente das explicacións de Irán, dixeron que o derrubo do avión estaba entre as súas principais teorías. As investigacións das axencias de intelixencia occidentais revelaron que o aparello fora derrubado por un mísil terra-aire Tor-M1 lanzado por Irán, e tres días despois, o 11 de xaneiro, os Corpos da Gardia Revolucionaria Islámica dixeron que eles derrubaran o 737 tras confundilo cun mísil de cruceiro, disparándolle dous mísiles terra-aire.

Avión

O aparello era un Boeing 737-8KV, con número de serie 38124 e rexistro UR-PSR. No momento do accidente tiña 3 anos e 7 meses. O avión voou por vez primeira o día 21 de xuño de 2016, e foi entregado á aeroliña o 19 de xullo dese mesmo ano.

Accidente

O voo estaba operado por Ukraine International Airlines, a aeroliña nacional de Ucraína, nunha ruta regular entre o aeroporto Imán Khomeini de Teherán e o aeroporto de Boryspil en Kíiv. As autoridades de emerxencias confirmaron que no avión viaxaban 176 persoas, dos cales 15 eran nenos e 9 tripulantes.

O voo 752 tiña que engalar ás 05:15 hora local, porén, a saída foi atrasada ao redor dunha hora. O avión finalmente engalou de Teherán ás 06:12 e tiña que chegar a Kíiv ao redor das 08:00 hora local. Os datos de voo de Flightradar24 non amosan discrepancias en datos de velocidade ou altitude respecto do que amosaría un voo normal. Os derradeiros datos ADS-B recibíronse ás 06:14, menos de 3 minutos despois da engalaxe. Segundo eses datos a última altura rexistrada era de 2 415 m (7 925 pés) sobre o nivel do mar cunha velocidade 509 km/h. O propio aeroporto atópase a 3 305 pés sobre o nivel do mar, o que lle daba ao avión unha altitude absoluta de 4 620 pés. O voo estaba subindo cando o rexistro dos datos rematou abruptamente.

Un vídeo circulou polas redes sociais amosando supostamente o momento do accidente. O vídeo suxería que o avión estaba incendiado cando comezou a caer, con algunhas das súas partes separándose no aire. Despois o aparello esnafrouse entre Parand e Shahriar e estoupou. ISNA non confirmou a autenticidade do vídeo, pero afirmou que o avión estaba ardendo antes do accidente, o que provocou a especulación dun posible derrubo.

Pouco despois do accidente chegaron ao lugar 22 ambulancias, catro autobuses ambulancia e un helicóptero, pero os lumes impediron as labores de rescate. Os restos do avións estaban espallados por unha ampla área sen que se atopasen superviventes. O avión quedou destruído tras o impacto.

Pasaxeiros e tripulación

Segundo o portavoz da organización iraniana de aviación o número exacto de persoas a bordo era 167 pasaxeiros e 9 tripulantes. Os medios estatais iranianos inicialmente informaran que o avión levaba 180 persoas. Iranian Students News Agency (ISNA) dixo que a meirande parte dos pasaxeiros eran iranianos, porén, tamén había cidadáns estranxeiros no aparello. Funcionarios confirmaron que polo menos 130 persoas a bordo eran iranianas, moitos deles estudantes regresando a países europeos e ao Canadá a través de Ucraína despois das vacacións. A meirande parte dos pasaxeiros canadenses eran de Edmonton.

O medio ucraíno Obozrevatel informou de que se confirmara que 82 dos pasaxeiros eran iranianos, 63 canadenses, 3 británicos, 6 afgáns, 8 suecos e 4 alemáns. Tamén dixo que había 15 ucraínos a bordo. A discrepancia de datos débese a que moitos tiñan dobre nacionalidade, e Irán só recoñece a estas persoas como cidadáns iranianos. O Consello de Seguridade Ucraíno confirmou que había 11 persoas con nacionalidade ucraína, incluídos os 9 tripulantes.

O ministro ucraíno de exteriores publicou o manifesto dos pasaxeiros e tripulantes do voo do seguinte xeito: 82 iranianos, 63 canadenses, 11 ucraínos, 10 suecos, 4 afgáns, 3 alemáns e 3 británicos.

Ademais de seis asistentes de voo, a tripulación estaba formada polo capitán Volodymyr Gaponenko (11 600 horas en Boeing 737, das que 5 500 foran como capitán), o piloto instrutor Oleksiy Naumkin (12 000 horas en Boeing 737, incluídas 6 600 como capitán), e oprimeiro oficial Serhii Khomenko (7 600 horas en Boeing 737).

Notas

Tags:

Voo 752 De Ukraine International Airlines AviónVoo 752 De Ukraine International Airlines AccidenteVoo 752 De Ukraine International Airlines Pasaxeiros e tripulaciónVoo 752 De Ukraine International Airlines NotasVoo 752 De Ukraine International Airlines201020208 de xaneiroBoeing 737-800IránKíivTeheránUcraínaUkraine International Airlines

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

De catro a catroPalas de ReiPablo PicassoValladolidProxyJorge PeteiroZakat al-FitrAC-413Bambú ProduccionesManuel Jesús González CapónClint EastwoodIgnacio Rivera QuintanaListenbourgMartina Aneiros BarrosLobernoEleccións municipais de 2015 en GaliciaPadre CasaresFauna de GaliciaAterínidosBloque Nacionalista GalegoCEva MejutoJoselu MatoAlexia PutellasÁrbores senlleiras de GaliciaJosé Luis Rodríguez ZapateroTuiLa Voz de GaliciaThe OffspringA viaxe de ChihiroThe ArtistJuan Carlos Rodríguez CebriánRamón María NarváezFernando Grande-MarlaskaJosé Antonio Primo de RiveraOTANBipartito galegoNordés (vento)David MellaXavier BlancoUniversidade de Santiago de CompostelaIker MuniainMarina CastañoMoscova26 de abrilPampallínMaría do Socorro Ortega RomeroLeninismoRevolución galega de 1846Xosé Neira VilasLuka ModrićMemorias dun neno labregoCopia por contactoReino de GaliciaXosé Ramón GayosoCatedral de la Seu d'UrgellMoinanteRafael Rodríguez VillarinoJosé Luis ValladaresSanta CompañaShishuo xinyuJosé Antonio Vázquez TaínEstados Unidos de AméricaDiáspora galegaAndrés PajaresHeraldo de Galicia (A Habana)Bernd SchusterProvincia da CoruñaShaquille O'NealCarballoPaís neutralXapónNervoFernando EstesoChristopher Walken🡆 More