Universidade Johns Hopkins: Universidade privada norteamericana

76°37′14″O / 39.328888888889, -76.620555555556

A Universidade Johns Hopkins, comunmente chamada Johns Hopkins, JHU ou, sinxelamente, Hopkins, é unha universidade privada situada en Baltimore, Maryland (Estados Unidos). Foi fundada o 22 de febreiro de 1876, sendo a primeira universidade dedicada á investigación nos Estados Unidos.

Universidade Johns Hopkins
The Johns Hopkins University
Universidade Johns Hopkins: Orixe, Campus e centros docentes, Gañadores do Premio Nobel relacionados coa Universidade
Escudo da Universidade Johns Hopkins
Lema: Veritas vos liberabit
(A verdade vos fará libres)
Datos xerais
LocalizaciónBaltimore, Maryland, USA
Datos actuais
ReitorWilliam R. Brody
Alumnos20.841
grao 6.023
posgrao 14.848
Datos de contacto
Páxina webWeb oficial
Facebook: johnshopkinsuniversity Twitter: JohnsHopkins Instagram: johnshopkinsu LinkedIn: johns-hopkins-university Youtube: UCeohrwR6-fO1EMk8FkJrlzw Discogs: 3981467 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Johns Hopkins ofrece programas de grao e posgrao no seu campus principal, o campus de Homewood, en Baltimore. Ademais, a universidade ten campus, entre outro lugares, en Rockville (capital do condado de Montgomery), Washington, D.C., Boloña (Italia) e Nanjing (China).

A Johns Hopkins está considerada como unha das institucións académicas e de investigación máis importantes do mundo e está entre as universidades máis prestixiosas dos Estados Unidos.

Orixe

Johns Hopkins, quen dá nome á universidade, foi un empresario, abolicionista e filántropo estadounidense que naceu en 1795. Johns, o seu nome de pía, ten un "s" ao final porque se tratabase do apelido de solteira da súa nai. Foi un home de negocios, presidente de banco e magnate dos ferrocarrís, e está considerado como un dos máis grandes financeiros de Baltimore no século XIX. Ao morrer solteiro, en 1873, estableceu no seu testamento a creación dunha universidade dedicada ao estudo e á investigación científica, e tamén dun hospital que brindara a mellor atención médica. Creáronse así o Hospital Johns Hopkins e a primeira universidade dos Estados Unidos dedicada especificamente á investigación científica e aos estudos de posgrao. Grazas a esta doazón de 7 millóns de dólares da época, quedaban por primeira vez directamente vinculados un hospital e unha universidade nos Estados Unidos. Posteriormente establecéronse na universidade tamén estudos de grao.

Campus e centros docentes

Campus de Homewood

Universidade Johns Hopkins: Orixe, Campus e centros docentes, Gañadores do Premio Nobel relacionados coa Universidade 
Biblioteca Milton S. Eisenhower.
Universidade Johns Hopkins: Orixe, Campus e centros docentes, Gañadores do Premio Nobel relacionados coa Universidade 
Gilman Hall.
  • Escola de Artes e Ciencias Zanvyl Krieger. É a escola central da universidade e oferta programas de grao e posgrao. con máis de 40 especialidades de licenciatura e máis de 40 programas de posgrao.
  • Escola de Enxeñaría Whiting. Oferta programas de grao e posgrao.
  • Escola de Educación da Universidade Johns Hopkins. Chamada escola Carey, foi fundada en 1909 como Escola de Estudos Profesionais en Negocios e Educación. O 1 de xaneiro de 2007, separouse en dúas escolas, a Escola de Negocios Carey e a Escola de Educación da Universidade Johns Hopkins.

Campus de Institucións Médicas do Leste de Baltimore

  • Escola de Medicina da Universidade Johns Hopkins. Esta esocola está situada canda o Hospital Johns Hopkins. A Escola de Medicina está amplamente recoñecida como unha das mellores facultades de medicina e centro de investigacións biomédicas do mundo.
  • Escola de Enfermaría da Universidade Johns Hopkins. A Escola de Enfermaría está ligada ao Hospital Johns Hopkins e á Escola de Medicina.
  • Escola Bloomberg de Saúde Pública. A Escola Bloomberg foi fundada en 1916 por William H. Welch e John D. Rockefeller e denominada Bloomberg debido ás xenerosas doazóns do político Michael Bloomberg, estimadas en 107 millóns de dólares. É a primeira e máis grande escola de saúd pública do mundo, con 530 profesores a tempo completo, 620 a tempo parcial e 2.030 estudantes de 84 países.

Campus de Harbor East

  • Escola de Negocios Carey.

Campus de Mount Vernon

  • Instituto Peabody. É a Escola de Música e Conservatorio da universidade.

Campus de Washington, D.C.

  • Escola de Estudos Internacionais Avanzados Paul H. Nitze. A Escola de Estudos Internacionais Avanzados Paul H. Nitze (SAIS) está localizada en Washington, D.C., cerca de Dupont Circle. A escola está dicada aos estudos internacionais, particularmente relacións internacionais, diplomacia e economía. A SAIS ten campus en Boloña (Italia) e Nanjing (China). Fundada en 1943, a Escola uniuse á universidade en 1950.

Gañadores do Premio Nobel relacionados coa Universidade

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Universidade Johns Hopkins OrixeUniversidade Johns Hopkins Campus e centros docentesUniversidade Johns Hopkins Gañadores do Premio Nobel relacionados coa UniversidadeUniversidade Johns Hopkins NotasUniversidade Johns Hopkins Véxase taménUniversidade Johns HopkinsCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Itxu DíazSupermanYolanda CastañoPornografíaCubaCarrasco (planta)NoiaPalmaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoJoan Manuel SerratBronceDelfínidosAntón Lamazares1915HomosexualidadePorno suavePortolamoso, Curtis, CurtisLuís SeoaneLista de paísesÑGoizuetaOs demostrativos galegosLabor Gallega (A Habana)Xunta de GaliciaEscáncerLingua inglesaVicente RiscoBaby ReindeerRebel MoonOrdesMedalla CastelaoVila de CrucesVangardasConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesConvento do Carme de PadrónOs adverbios galegosMark WahlbergTeresa García-SabellLuísa VillaltaA EstradaBeatriz LuengoMauro ScaloniPaulino Pereiro2020Lista de voces dos animaisVáknerMoulin RougeRebeliom do InframundoMilánPablo EcheniqueLingua galegaHLA-DMBenito KamelasGolfiño comúnSéculos EscurosArxentinaTaylor SwiftIndonesiaTelevisión de GaliciaRamiro CarregalAmazonMoscovaNava CastroLista de episodios de DoraemonMerloYolanda DíazCharles WhiteColocación do pronome átono en galegoSangueLuis Mateo DíezBélxicaThibaut CourtoisTraxe galegoEduardo IndaEva CárdenasSerés, Serés, Castroverde🡆 More