Un grao académico, titulación académica ou título académico, é unha distinción dada por algunha institución educativa, xeralmente despois da terminación con éxito dalgún programa de estudos.
Porén, esta denominación adoita utilizarse para denominar máis concretamente ás distincións de rango universitario, que tamén se denominan titulación superior ou titulación universitaria.
En Europa, despois da entrada en vigor do chamado Espazo Europeo de Educación Superior, a titulación de grao substituíu a outras que quedaron obsoletas, como a superior de licenciado ou as de grao medio de diplomado ou enxeñeiro técnico.
Os graos académicos non universitarios abarcan a educación primaria e a secundaria, así como á terciaria non universitaria, é dicir, a chamada formación profesional.
En España, na actualidade, expídense os seguintes títulos:
Cada país adoita regular de modo independente o tipo de titulacións e a forma de adquirilas. Cada centro educativo posúe, ás veces, así mesmo o seu propio catálogo de titulacións académicas.
En Europa está producíndose un proceso de homoxeneización das titulacións no marco do chamado proceso de Boloña, asemellándoas na súa duración e denominación ás existentes no Reino Unido e nos Estados Unidos. Iso deu lugar a unha estrutura de titulacións composta por tres niveis:
Os estudos conducentes ao Grao denomínanse "estudos de pregrao", e os de máster e doutoramento "estudos de posgrao". Por regra xeral, para acceder a estudos de posgrao, é necesario ter cumpridos estudos de pregrao.
Cando nunha mesma rama existen dous graos académicos, normalmente dótanse aos egresados de atribucións profesionais distintas, quedando reservadas algunhas delas a aqueles que obtiveron o título máis avanzado.
Para regular o recoñecemento dos estudos dun país a outro, o Consello de Europa propiciou a sinatura do Convenio de Recoñecemento de Lisboa, que subscribiron a inmensa maioría de países europeos, aos que se uniron algúns outros.
En España as titulacións universitarias tradicionais, en proceso de extinción coa implantación do Espazo Europeo de Educación Superior, eran:
Actualmente son:
This article uses material from the Wikipedia Galego article Grao académico, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.