Filantropía

A filantropía é o amor ao xénero humano e todo o que á humanidade representa, particularmente na súa forma positiva e construtiva, expresado na axuda aos outros sen que necesariamente se precise dun intercambio ou interese ningún nunha resposta.

Un concepto asociado cando se introducen connotacións relixiosas é a caridade. As denominacións correspondentes para a persoa son filántropo, filántropa (adxectivo e substantivo) e para a súa obra filantrópico, filantrópica (adxectivo).

Os esforzos filantrópicos son realizados por parte de individuos ou grupos de individuos organizados (como Fundacións). O normal é que posúan unha alta capacidade económica ou de influencia, e moitas veces tamén unha capacidade intelectual notable: polímatas, polifacéticos e políglotas. Baséanse en donativos a organizacións humanitarias, persoas, comunidades, ou no traballo de cooperación motivado por un fin humanitario, tal que o traballo de voluntario para dar apoio a institucións que teñen o propósito específico de axudar aos seres vivos e mellorar as súas vidas.

En Galicia moitos esforzos filantrópicos procederon de políticos locais que chegaban a cotas de poder a nivel estatal, ou de empresarios estranxeiros de éxito instalados en Galicia, ou de indianos ou benfeitores e magnates, que dende a distancia ou ó regresar beneficiaban a súa vila natal ou familiar con escolas, institutos, museos, centros de investigación, empresas, torneos, concursos ou premios, circos (o de Benposta), viaxes sanitarias (expedición da vacina), fundación de sociedades ou academias (a RAG), financiamento de equipos deportivos, axuda ós emigrantes etc. É por isto que en moitos casos están asociados fortemente a unha localidade (ou institución):

Porén, este labor de mecenado abranguía ocasionalmente eidos máis extensos. Ocasionalmente tamén se levaba a cabo por parte de relixiosos ou de mulleres, tanto como xestión dunha herdanza como do seu propio patrimonio:

O labor filantrópico, caritativo e de beneficencia non sempre é completamente altruísta e desinteresado, pois pode producir beneficios, vantaxes ou desgravacións fiscais a persoas físicas ou xurídicas.

Tags:

AmorHumanidade

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Raquel AtanesRonaldinhoCarballoRosalía (cantante)Callitriche hamulataCervantesFlorencia PeñaConcellos de GaliciaFestival de Bandas de música Meaño'92 (Fonoteca 92)Lista de episodios de SerramouraPontecesoLibertarioHargeisaSylvester StalloneÓscar García PatiñoPosición do misioneiro invertidaCoímbraTapa (peixe)Penélope CruzO hobbitLuzónChile (pemento)José Manuel LageDios ke te crewRoko (actriz)Rosa LuxemburgRobert OppenheimerSegunda República EspañolaConil de la FronteraMedio dólar do Sesquicentenario de Lexington-ConcordSaturnoPaspallás1401Santuario de Nosa Señora da PenedaEstrasburgoPartido Comunista pola República GalegaShinovaDemocracia OurensanaAstrolabioStephen HawkingDavid BroncanoEstrella GaliciaGarcía Pardiñas Vilar de FrancosAngelina JolieFascismoTwitterAlpesDMC DeLoreanPedro RieloJulian AssangeMarianneEster ExpósitoRe-TROSBieito XVI, papaAdolf HitlerRapa (serie de televisión)Estados Unidos de AméricaReino UnidoRepública Popular da Chinai0tj9XardaSão PauloNoelia ReyBTS (grupo musical)SexoFernão de MagalhãesJackie ChanXogoDemocracia🡆 More