John Richard Nicholas Stone, nado o 30 de agosto de 1913 en Londres e finado o 6 de decembro de 1991 en Cambridge en 1991, foi un economista e profesor universitario inglés que recibiu o Premio Nobel de Economía no ano 1984.
Nome orixinal | John Richard Nicholas Stone |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 30 de agosto de 1913 Londres, Reino Unido |
Morte | 6 de decembro de 1991 (78 anos) Cambridge, Reino Unido |
Causa da morte | Pneumonía |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Westminster School Gonville and Caius College (pt) Universidade de Cambridge |
Actividade | |
Campo de traballo | Economía |
Ocupación | economista , estatístico , investigador |
Empregador | Universidade de Cambridge |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Doutorando | James Mirrlees (pt) , Angus Deaton (pt) , Albert Rex Bergstrom (en) e Sigbert Prais (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Winifred Mary Jenkins Giovanna Saffi |
Premios | |
Estudou primeiro dereito, para logo pasar a estudar economía, na Universidade de Cambridge, na que se graduou en 1936 so a dirección de Hermann Kahn, John Maurice Clark e John Maynard Keynes. Durante a segunda guerra mundial foi compañeiro de James Meade no Servizo Central de Información Económica do Goberno Británico, onde foi o encargado de manter conversas, en representación do goberno, acerca da creación dun sistema internacional de contabilidade nacional.
Foi profesor da Universidade de Cambridge desde 1945 até 1980. En diversas ocasións foi profesor convidado da Universidade Johns Hopkins de Baltimore (EUA). Faleceu o 6 de decembro de 1991 na cidade de Cambridge.
Durante a súa vida compaxinou a docencia co exercicio de misións para a Organitzación para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) e mais para a Organización das Nacións Unidas (ONU). Os modelos de contabilidade nacional foron introducidos por inspiración de Keynes, Stone e Meade, e sistematizarán o uso dun volume crecente de información estatística nun sistema organizado, que Stone refinou até convertelo na base da moderna análise macroeconómica. Ideou un esquema de dupla entrada, ampliado do sistema de partida dobre empresarial, nun modelo económico con catro axentes agregados: as famílias, as empresas, o sector público e o sector exterior. O sistema creado por Stone permitiu o seu uso por países e correntes de pensamento moi diversos.
No ano 1984 foi galardoado co Premio Nobel de Economía polo desenvolvemento de modelos contables usados a nivel nacional e internacional.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Richard Stone, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.