Macroeconomía

A Macroeconomía é a rama da Teoría Económica baseada no estudo das macromagnitudes económicas: inflación, PIB, renda per cápita, desemprego etc.

e das interrelacións existentes entre elas.

Macroeconomía
Número de empresas de Galicia segundo o número de asalariados en 2006 e 2007

A cuestión fundamental na macroeconomía é acadar un equilibrio entre as diferentes magnitudes, que polo xeral entran en conflito entre elas.

Un dos desenvolvementos máis salientables na macroeconomía é a curva de Philips, que relaciona inflación e desemprego.

A análise macroeconómica é de grande utilidade na elaboración e execución das políticas económicas gobernamentais, pero o seu uso vai moito máis alá, xa que ter unha previsión de cal será o comportamento global da economía nun futuro é unha necesidade para moitas empresas e particulares á hora de planificar investimentos.

No século XIX pódese considerar que é cando comeza a tratarse de cuestións macroeconómicas dende unha perspectiva científica, destacando os membros da escola clásica, iniciada por Adam Smith no século anterior. Defensores do liberalismo económico, afirman que o comercio internacional é sempre fonte de riqueza para tódolos países. Tamén neste século destacan voces contrarias a este movemento liberalizador, como por exemplo a de Karl Marx.

Será no século XX, especialmente no período de entreguerras coa crise da Gran Depresión cando esta ciencia vai acadar o seu auxe, e vai a pasar a ser considerada como unha disciplina autónoma dentro do conxunto da Teoría Económica. Economistas como Keynes e Friedman son dous dos grandes expoñentes do século XX, o primeiro dende a defensa dunha economía mixta, na que o estado interveña para resolver os desaxustes (as súas teorías tiveron un forte apoio en momentos de recesión, especialmente nos anos trinta), e o segundo dende unha perspectiva neoclásica.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Eleccións municipais de 2015 en GaliciaMasacre de ColumbineSin tetas no hay paraísoAlain DelonLeón, EspañaXugoLisboaFrancisco de GoyaChurrascoPaul GauguinLuke PerryNósAs Pontes de García RodríguezAturuxo (folclore)LapisAmado GarraChus PatoGaliciaDonelleDomingo VillarJosé MondeloYleHeredeiros da CrusCanle (comunicación)Estadio Municipal de BalaídosSegunda guerra mundialDani CarvajalRacing Club de FerrolMorgan FreemanOlga NovoÉrbedoCalendulaShinovaSexo oralInstinto básicoGalegoLucía LapiedraWorld Wide WebArmand DuplantisSucesos de Casas ViejasBirimbao (instrumento musical)ExperienciaXistoLamento da FrouseiraRedondelaCastro de Punta do BicoMichael DouglasJavier IruretaBatalla de CacheirasDavid SuárezClara PonsatíA EstradaPeaky BlindersFrancisco Rodríguez AcostaShanghaiPremios da Crítica GaliciaTu cara me suenaCavalcade (filme de 1933)Guinea EcuatorialLuís Pérez BarralManuel Gallego VilaAbrilRío MiñoBoyanka Kostova (grupo musical)David Bisbal24 de abrilPaspallásRaposo comúnContactJosé Manuel López VarelaLista de nomes masculinos en galegoHard GZSexo analLingua coreanaThe Artist🡆 More