Uss Maine

O USS Maine (ACR-1) foi un acoirazado de segunda clase da Armada dos Estados Unidos.

Pasou á historia porque a súa explosión no porto da Habana en febreiro do 1898 foi o detonante da guerra hispano-estadounidense.

USS Maine
Uss Maine
Historial Uss Maine
Estaleiro New York Naval Shipyard
Tipo Acoirazado (ACR-1)
Operador Uss Maine Armada dos Estados Unidos
Porto de rexistro Key West (base naval)
Autorizado 3 de agosto de 1886
Posta en grella 17 de outubro de 1888
Botado 18 de novembro de 1889
Viaxe inaugural 29 de xullo de 1896
Baixa Afundido o 15 de febreiro 1898
Características xerais
Desprazamento 6.682 t
Eslora 97 m
Manga 17,4 m
Calado 6,7 m
Armamento .
  • 4 canóns de 250 mm
  • 6 canóns de 150 mm
  • 7 canóns de 6 libras
  • 8 canóns de 1 libra
  • 4 tubos lance-torpedos de 350 mm
Propulsión Dúas hélices a vapor
Velocidade 17 nós (31 km/h)
Tripulación 374 homes

A súa construción comezou no estaleiro naval de Nova York, o 17 de outubro de 1888 e non foi ata case sete anos despois en setembro de 1895, cando foi considerado apto para o servizo, operando nos anos precedentes na costa leste dos Estados Unidos e o mar Caribe.

En xaneiro de 1898 foi enviado á Habana para "protexer os intereses norteamericanos". Dúas semanas máis tarde, o 15 de febreiro, unha explosión ao redor das 21h40 voou a proa do barco, que se afundiu rapidamente, causando 266 vítimas. O capitán, Charles Dwight Sigsbee, e a oficialidade, que durmía no castelo de popa, sobreviviron.

A causa do afundimento do Maine aínda continúa sendo obxecto de especulacións. As especulacións inclúen desde un incendio non detectado nunha carboeira, imprudentemente localizada xunto aos pañois de munición, a unha mina naval e ao seu afundimento deliberado por algunhas das faccións interesadas; cubanos prol-españois, mariños españois, insurxentes cubanos ou mariños estadounidenses interesados en provocar o desencadeamento da guerra mediante unha operación de bandeira falsa.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

1898AcoirazadoArmada dos Estados UnidosGuerra hispano-estadounidenseHabana

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Víctor MosqueiraCoalición GalegaBugalloSantuario de Nosa Señora da PenedaCouto MixtoAgoladaRogue (filme)NocelloÁnxel CasalXabier DíazCódigo QRPremio Antón Losada DiéguezÁlex FidalgoPrado, Morgadáns, GondomarAntón LouroManuel CabezasCandorcaCharlie SheenDinhoAlfabeto galegoAsa ga KuruParques eólicos en GaliciaCágadoHeterosexualidadeAníbal MalvarXoniaCalendario gregorianoMucha e NuchaSolace (filme de 2015)Píntega comúnREC (filme)Guarda, PortugalAdrián CastiñeirasO PinoRianxoVagalumeLapa (molusco)Luísa VillaltaRibeiraLingua galegaO Alto do Castiñeiro, Narón, NarónÁreas sanitarias de GaliciaVertoLorbé, Dexo, OleirosAlfonso LáuzaraMarisol MorandeiraMelónOrtigueiraXosé Manuel PiñeiroCelso Emilio FerreiroAntonio Muñoz MolinaPili PampínMaría Victoria de la Fuente AlonsoOurizo cachoMaría Xosé QueizánSexo oralPeixe sapoDaniel AsoreyAlcaldes da CoruñaA BañaPablo López JiménezJosé Manuel Rey de VianaLeymaMichelle PfeifferMasculino e feminino en galegoHidrografía de GaliciaXosé Luís Franco GrandeSarriaSabugueiro🡆 More