Eslora: Lonxitude máxima do casco dun barco medido paralelamente á liña de flotación

A eslora é a medida lonxitudinal dun barco tomada desde a proa ata a popa.

Eslora: Características, Véxase tamén, Bibliografía
Diferentes esloras dun navío

Características

A eslora mídese paralelamente á liña de auga do deseño, entre dous planos perpendiculares á liña de cruxía. Un plano pasa pola parte máis saínte da popa da embarcación e o outro pola parte máis saínte da proa.

Inclúense todas as partes estruturais ou integrais, como son proas ou popas, amuradas e unións do casco coa cuberta. Exclúese o púlpito de proa, tendo en conta que o plano de referencia pasa polo punto de intersección da cuberta coa roda. Tamén se exclúen todas as partes desmontables que poidan selo de xeito que non se destrúa ou afecte á integridade estrutural da embarcación.

A teoría do buque distingue entre:

  • Eslora de flotación, é a lonxitude do eixo lonxitudinal do plano de flotación considerado. LWL Length Water Line.
  • Eslora entre perpendiculares, é a distancia entre a perpendicular de proa (Ppr) e a perpendicular de popa (Ppp). LBP Length Between Perpendiculars.
  • Eslora máxima, é a distancia entre as perpendiculares á flotación máxima, trazadas polos puntos máis saíntes na proa e na popa,
  • Eslora total, é a tomada entre os dous puntos máis extremos do navío. LOA Length Over All.

A eslora de flotación está relacionada coas capacidades de navegación do navío. Esta determina a velocidade máxima que pode acadar un navío con casco de desprazamento. A eslora total emprégase a efectos civís (cálculo de primas de seguro etc.) e para determinar o espazo necesario para atracar nun peirao e outras aplicacións similares. Todas as medidas lonxitudinais a bordo reciben o nome de eslora, polo tanto fálase da eslora dun zapón ou dunha bodega etc.

Definición internacional

Existindo distintas definicións de eslora e o uso que delas se fai a Organización Marítima Internacional adoptou unha defición que foi ratificada polos países membros de xeito que a eslora tómase como o 96% da eslora total nunha liña de flotación situada a unha distancia da quilla igual ao 85% do puntal mínimo de trazado, medida dende o canto alto desta quilla, ou a eslora dende a cara de proa da roda (na proa do buque) ata o eixo da mecha do temón (na popa do buque) na dita flotación, se esta fose maior.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Elementos de Arquitectura Naval. Librería editorial Alsina Buenos Aires 1986. ISBN 950-553-026-9 (pag 2).
  • Teoría del Buque. Cesáreo Díaz Fernández Barcelona 1972 B 43259 1972 (pag 5).
  • OMI. Líneas de Carga. Londres, 2005. ISBN 9280101048

Tags:

Eslora CaracterísticasEslora Véxase taménEslora BibliografíaEsloraBarcoPopaProa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lingua inglesaBiscaiaMarta RoucoLois DiéguezWikipedia en malaioTeixugoDistritos de PortugalEl Restaurador (Vigo)Caso Asunta BasterraAlemañaCayetana Guillén CuervoCopa da CostaProvincias de EspañaPortadaDodoDereito de autoríaJesús Vázquez AlmuíñaLista de voces dos animaisCelia DíazSharon StoneLos ChichosParlamento VascoGheadaPresidio de San FranciscoQueens Park Rangers F.C.Xogos popularesGalego-portuguésInfinitivo conxugadoCifras e letrasMarlon BrandoTraxe galegoGoogleLalínRosalía de CastroDomingo de AndradeEremitorioSurribas, Adá, ChantadaMartin Luther KingAna SeijasWolfgang Amadeus MozartTom Jones (cantante)Partido Republicano (Estados Unidos de América)Instituto de Tecnoloxía de MassachusettsParadigmas dos verbos irregulares galegosRosario Porto OrtegaCorpus Inscriptionum LatinarumAnxo González GuerraArxemundoAires da miña terraNegreiraVigoPegaCandela PeñaVehículo aéreo non tripuladoXosé Lois Maceda VilariñoThe BeatlesLista de nomes femininos en galegoMiguel Ángel Zabalza BerazaOrigin+CuñadosPedro Vázquez de NeiraIria MorgadeHLA-AIsabel Díaz AyusoBurela, BurelaSuízaFotografía eróticaCirrio comúnNee BarrosBoiroPartidos politicos de España inscritos de 1976 a 1980Contido libreBubelaCastelo da PicoñaPontevedra🡆 More