Calado: Altura dun corpo somerxida nun líquido

O calado dun corpo é a diferenza entre a súa parte máis somerxida e o nivel que acada a auga no corpo, polo tanto pódese definir como a altura dun corpo somerxida nun líquido, xeralmente aplicado a barcos, bateas, boias e demais obxectos marítimos ou fluviais na auga.

Calado: Altura dun corpo somerxida nun líquido
Marcas de calado na proa do casco dun navío.

Este calado dependerá da densidade do líquido, da superficie na que o corpo toca co líquido e da densidade do corpo principalmente. Por estas razóns mentres que un petroleiro, por exemplo, leva varios metros de barco afundidos, unha lancha planeadora apenas leva uns centímetros.

Descrición

Os barcos adoitan levar escalas métricas (con números, cada separación son 10 cm) ou en sistema inglés (en letras, cada unha é un pé) de unidades nos costados de proa e popa. Nas cales é posíbel visualizar o nivel ao que está a embarcación e detectar algún tipo de problema ou diferenzas de calados (trimado).

Tamén falamos de calado ao referirnos á diferenza entre o leito fluvial ou mariño e a superficie da auga, e xeralmente mídese con baixamar para coñecer o calado máximo dos corpos que poden pasar por esa ruta. Polo tanto o calado inflúe moito no desenvolvemento dos portos, xa que a maior calado maiores serán os barcos que poidan entrar e polo tanto máis florecente será a industria dese porto.

Tags:

AugaBarcoBateaLíquido

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CaralloWinston ChurchillAna María Fernández MartínezGuernica (cadro)BurroAmorodoBetanzosRomaníaReino de GaliciaMalvares de MoscosoElena CandiaAC-413Arredor de siRusiaAkureyriGatipedroEstadio Municipal de BalaídosRefraneiro galego sobre o mes de maioNovialSistema operativoAWStatsRicardo Varela SánchezXosé Neira VilasFariña (serie de televisión)Cristovo ColónGondar, SanxenxoRenda básica universalCarles PuigdemontMichael JacksonAngelina JolieOs EoasGerardo Pardo de VeraPonte das PíasEstadio Municipal de RiazorDiego Rivas GutiérrezExaculaciónAs aves na cultura popular galegaÑuMariano RajoyXosé Luís Méndez FerrínDMAXTito VilanovaIsidoro de SevillaMúsica dos países islámicosMónica García PérezContactorCastañolaAnxo AngueiraCatedral de la Seu d'UrgellGhaleb Jaber IbrahimEscáncerLFiúnchoFebreiroFranciaMitoloxía galegaManuel FragaMediaWikiLiga de Unidade e Ação RevolucionáriaUPatricia Argerey VilarAlbert EinsteinArxentinaOctavio AugustoCantiga de amigoSayenAna BotellaISBNIsabel Díaz AyusoUnión Europea de RadiodifusiónEduardo Paredes RodríguezRúa das Rodas (Santiago de Compostela)🡆 More