Tzipora Malka (Tzipi) Livni (en hebreo ציפורה מלכה ציפי לבני), nada en Tel Aviv o 5 de xullo de 1958, é unha política israelí.
Nome orixinal | (he) ציפי לבני |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de xullo de 1958 (65 anos) Tel Aviv, Israel |
Membro de Knesset | |
1 de xaneiro de 2019 – 30 de abril de 2019 Lexislatura: 20th Knesset (en) | |
Líder da Oposição (Israel) (pt) | |
1 de agosto de 2018 – 1 de xaneiro de 2019 ← Isaac Herzog – Shelly Yachimovich (pt) → Lexislatura: 20th Knesset (en) | |
Membro de Knesset | |
31 de marzo de 2015 – 1 de xaneiro de 2019 Lexislatura: 20th Knesset (en) | |
Justice Minister of Israel (en) | |
18 de marzo de 2013 – 4 de decembro de 2014 ← Yaakov Neeman (pt) | |
Membro de Knesset | |
5 de febreiro de 2013 – 31 de marzo de 2015 Lexislatura: 19th Knesset (en) | |
Membro de Knesset | |
24 de febreiro de 2009 – 3 de maio de 2012 – Yuval Zellner (pt) → Lexislatura: 18th Knesset (en) | |
Justice Minister of Israel (en) | |
29 de novembro de 2006 – 7 de febreiro de 2007 ← Meir Sheetrit (pt) – Daniel Friedmann (en) → | |
Membro de Knesset | |
17 de abril de 2006 – 24 de febreiro de 2009 Lexislatura: list of members of the seventeenth Knesset (en) | |
Ministro das Relações Exteriores de Israel (pt) | |
18 de xaneiro de 2006 – 1 de abril de 2009 ← Silvan Shalom (pt) – Avigdor Lieberman (pt) → | |
Membro de Knesset | |
23 de novembro de 2005 – 17 de abril de 2006 Lexislatura: list of members of the sixteenth Knesset (en) | |
Justice Minister of Israel (en) | |
5 de decembro de 2004 – 4 de maio de 2006 ← Tommy Lapid (pt) – Haim Ramon (pt) → | |
Minister of Construction (en) | |
4 de xuño de 2004 – 10 de xaneiro de 2005 ← Effi Eitam (pt) – Isaac Herzog → | |
Minister of Immigrant Absorption (en) | |
28 de febreiro de 2003 – 4 de maio de 2006 ← Ariel Sharon – Ze'ev Boim → | |
Membro de Knesset | |
17 de febreiro de 2003 – 23 de novembro de 2005 Lexislatura: list of members of the sixteenth Knesset (en) | |
Minister of Agriculture and Rural Development (en) | |
17 de decembro de 2002 – 28 de febreiro de 2003 ← Shalom Simhon (pt) – Israel Katz (pt) → | |
Minister without portfolio (en) | |
29 de agosto de 2001 – 17 de decembro de 2002 | |
Membro de Knesset | |
7 de xuño de 1999 – 17 de febreiro de 2003 Lexislatura: list of members of the fifteenth Knesset (en) | |
Director executivo | |
Datos persoais | |
Residencia | Tel Aviv |
País de nacionalidade | Israel |
Relixión | Xudaísmo |
Educación | Universidade Bar-Ilan (pt) Ironi Alef High School (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Xerusalén Universidade de Tel Aviv |
Ocupación | política , avogada defensora , director executivo , diplomática , avogada , espía |
Empregador | Mossad |
Partido político | Hatnuah (en) Kadima Likud União Sionista (pt) |
Lingua | Lingua inglesa, lingua francesa e lingua hebrea |
Carreira militar | |
Rama militar | Forças de Defesa de Israel (pt) |
Rango militar | primeiro tenente (pt) |
Deporte | baloncesto |
Participou en | |
22 de xaneiro de 2019 | Encontro Anual do Forum Económico Mundial de 2019 |
21 de xaneiro de 2015 | World Economic Forum Annual Meeting 2015 (en) |
22 de xaneiro de 2014 | Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014 |
Familia | |
Pais | Eitan Livni e Sara Livni (en) |
Páxina web | tzipilivni.co.il |
Tzipi (pronunciado Tsipi) Livni é filla de Eitan Livni, un inmigrante polaco que participou no movemento sionista coma comandante do Irgún, e que tamén chegou no seu momento a ser membro da Knesset polo Likud, e Sarah Rosenberg, tamén oficial do Irgún.
Livni foi tenente no Tzahal (Forzas de Defensa Israelís) e membro do Mossad. Está diplomada en Dereito pola Universidade de Bar Ilan na especialidade de Dereito Público e Mercantíl, e exerceu durante varios anos coma avogada. Na actualidade reside en Tel Aviv co seu esposo, o publicista Naftalí Shpitzer, e os seus dous fillos, un deles soldado na Mariña e outro estudante.
É vexetariana dende os doce anos, defensora dos animais, xogou ao baloncesto no equipo Elizur Tel Aviv , toca a batería e conta cun coeficiente intelectual de 140.
No 1980, cando contaba con vinte e dous anos de idade, Livni ingresou no servizo de espionaxe israelí, o Mossad, onde foi recrutada por unha amiga de infancia, Mira Gal, que entón traballaba coma axente e a día de hoxe é a súa xefa de gabinete. Nel permaneceu ata o 1984, estando destinada en París.
Nesa época o Mossad mantiña na capital francesa dous centros, dende os que se levaban a cabo operacións contra as faccións palestinas operativas na cidade, así coma contra os intentos de Saddam Hussein por acadar armanento nuclear, se ben non transcendeu o contido das tarefas que levou a cabo durante ese período.
Livni abandonou o Mossad ao contraer matrimonio .
Até o 18 de xullo de 2008 foi a Ministra de Asuntos Exteriores e Viceprimeira ministra. É a segunda muller, tras Golda Meir, en ocupar a carteira de Exteriores. Figura emerxente da política non só israelí, estaba xa considerada o número dous do Goberno, tras o ex-primeiro ministro Ehud Olmert.
Desde que conseguiu o seu escano na Knesset polo Likud no ano 2001, desempeñou diversas carteiras ministeriais, como a de Agricultura, a de Cooperación Rexional e a de Inmigración. Desde o 10 de xaneiro de 2005 ocupou o cargo de Ministra de Xustiza. Moi valorada tanto pola esquerda como pola dereita israelí, Livni recibiu o premio "Goberno de Calidade" do ano 2004 , galardón que se outorga á figura máis destacada no seu exercicio.
Livni apoiou sen fisuras o plan de retirada unilateral israelí da franxa de Gaza, unha iniciativa proposta e aplicada por Ariel Sharon, e estaba xa daquela considerada coma unha das principais líderes centristas do Likud. A miúdo tivo que mediar entre os elementos máis extremos dentro do seu propio partido, e gañou gran popularidade por mor dos seus esforzos por conseguir que a Knesset aprobase a retirada de Gaza. O 12 de novembro de 2005 foi a primeira política da dereita israelí que participou na conmemoración oficial do décimo aniversario do asasinato de Isaac Rabin .
O 20 de novembro de 2005, Livni seguiu os pasos de Ariel Sharon, saíndo do Likud e uníndose ao seu novo partido centrista, o Kadima. Tras o derramo cerebral que sufriu Ariel Sharon o 4 de xaneiro de 2006, que o deixou incapacitado para seguir no cargo, algúns especularon con que Livni podería ser a nova presidenta do Kadima. Con todo, foi Ehud Olmert finalmente o elixido para liderar o partido, aínda que non tiña nin o carisma nin a popularidade de Livni. Tras formar un novo goberno en marzo de 2006, Olmert nomeou a Livni Viceprimeira Ministra e Ministra de Asuntos Exteriores, o que a converteu na número dous do goberno encabezado por Olmert. O 30 de xullo do 2008 e tras o anuncio do primeiro ministro, Ehud Olmert de non presentarse ás internas do Kadima, Livni presentouse ás mesmas
Livni resultou gañadora desas primarias , aínda que por só 431 votos de diferenza (1,1%) sobre o outro candidato, o Ministro de Transportes Saúl Mofaz. O resultado final foi de 16.936 votos (43,1%) para Livni, fronte a 16.505 (42%) para Mofaz, nunhas votacións marcadas pola baixa participación, posto que só o 53,7% dos 74.000 militantes do Kadima acudiron ás urnas.
Logo da súa vitoria, o presidente Simón Peres deulle un prazo de 42 días para formar Goberno , no cal chegou a un acordo co partido laborista tras dúas semanas de negociacións. Ambos partidos aglutinan corenta e oito deputados dos cento vinte da Knesset, co que para achegarse á maioría, nos 61, intentou pactar co partido ultraortodoxo sefardí Shas, que conta con doce escanos na cámara . Finalmente o Shas rexeitou entrar no Goberno, forzando unha convocatoria anticipada de eleccións xerais que, se celebraron o 10 de febreiro do 2009.
Aínda que o Kadima obtivo 28 escanos, un máis que o Likud, finalmente foi o líder desta última formación, o antigo primeiro ministro Benjamin Netanyahu, o encargado de formar goberno. A razón foi que a dereita nacionalista de Likud, Shas e Israel Beitenu sumaban máis escanos e rexeitaban colaborar con Kadima e os laboristas decidiron sumarse á coalición dirixida por Netanyahu.
Para as lexislativas de 2015, o laborista Isaac Herzog propuxo ás formacións centristas e seculares Kadima e Hatnuah (excisión da anterior) unha coalición xunto cos laboristas. A proposta foi aceptada e Herzog e a líder de Kadima, Tzipi Livni, fixeron público o acordo: a Unión Sionista, nome da coalición, tiña como albo evitar un novo triunfo de . Durante a campaña a Unión Sionista procurou atender o descontento polos problemas sociais (aumento da pobreza, carestía da vivenda, por exemplo) fronte a Netanyahu, centrado na . As enquisas parecían apoiar a estratexia da Unión Sionista abrindo posibilidades a un cambio . Con todo, o resultado electoral saldouse co Likud de Benjamin Netanyahu en primeira posición, revalidando a xefatura do goberno. En 2018, tras non conseguir revalidar a súa condición á fronte do laborismo, Herzog retirouse da Knesset e Livni pasou entón a exercer como líder da opoisición.
En 2019, antes das novas eleccións xerais, o laborismo desvinculouse da Unión Sionista. Livni presentouse a esas eleccións nas listas de Hatnuah, sen conseguir representación.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Tzipi Livni, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.