Director Executivo: Persoa que dirixe ou está ao mando dun centro, empresa, actividade, etc

O termo director executivo, así como director xeral, director xerente, executivo delegado, xefe executivo, presidente executivo, principal oficial executivo, conselleiro delegado ou primeiro executivo, adoitan usárense indistintamente para facer referencia á persoa encargada da máxima autoridade da xestión e dirección administrativa nunha organización ou institución.

Aínda que nas pequenas empresas é habitual que o posto de presidente e de director executivo recaia na mesma persoa, non sempre é desta maneira, e adoita ser o presidente quen encabeza o goberno corporativo (estratexias xerais), e o director executivo quen representa a administración da empresa (a fase operativa das estratexias).

Nas grandes empresas o director executivo pode contar cunha serie de directores para cada unha das responsabilidades da compañía, como é o caso do director de operacións, o director de finanzas e o director de información.

No inglés utilízase normalmente o termo chief executive officer (director executivo) así como o seu acrónimo CEO, ou ben managing director (MD, director xeral), para designar este posto directivo.

Notas

Tags:

InstituciónOrganización

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

MeritocraciaHelena MuñozSoloDaniel BasteiroMondariz-BalnearioBambú ProduccionesHard GZ16 de xulloMasculino e feminino en galegoNoelia ReyCamiño dos FarosConflito das EncrobasSéchu SendeSambesugaRosario Porto OrtegaEsmeralda CervantesDavid BeckhamProvincia da CoruñaKiribatiJulio García ComesañaGoretti SanmartínÁlvaro CunqueiroPosicións sexuaisPastora VegaManuel González González (músico)GuepardoRamón PiñeiroCastro de Santa TregaPoseidónEuropaZendayaNee BarrosDolores VillarinoVictoria BeckhamMiñato comúnLista das aves de GaliciaJohnny DeppMarta DarribaCarballoArxemundoCarlos NegroCarlos de Matos GomesMelideXoanqui AmeixeirasSeán Ó hEiniríEspido FreireOU-129Pepe CarreiroPraza da QuintanaPartido Nacionalista VascoAutoescolaLedicia CostasFernando Pereira CaamañoChuchamelCampo Labrado, Naraío, San SadurniñoCandela PeñaLaxeFoca monxeIdade MediaLucía Calvo de la UzLista de siglas e acrónimosDereito de autoríaEuskal Herria BilduMosXusto López CarrilCabo TouriñánMartaInfinitivo conxugadoFútbolHugh JackmanDía da TerraArgimiro Marnotes FernándezCistusCulleredoInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts🡆 More