Carisma: Capacidade de certas persoas de motivar e suscitar admiración

O carisma (do grego χάρισμα khárisma e χαρίζεσθαι kharízesthai, ‘agradar, facer favores’) é a capacidade de certas persoas de motivar e suscitar a admiración dos seus seguidores grazas a unha suposta calidade de magnetismo persoal.

Carisma relixioso e movementos carismáticos

En relixión, particularmente en distintas confesións cristiás, denomínase carisma a un don ou talento, dado polo Espírito Santo a un crente para edificar espiritualmente a unha comunidade cristiá. Tamén se traduce a palabra grega kharisma como don gratuíto e relaciónase coa mesma raíz que kharis (graza).

Carisma no Novo Testamento

No Novo Testamento fálase de carisma pero non no sentido estrito que hoxe utiliza a Igrexa católica, en xeral designa aos dons de Deus e a Xesucristo, ao Espírito Santo e á divina graza. Segundo os teólogos católicos os carismas son concedidos para ser útiles á comunidade.

Carisma segundo o Concilio Vaticano II

Segundo o teólogo Michael Schmaus, o carisma ha de ordenarse á realización da vida eclesiástica e é propio tanto de segrares como de clérigos. Sen o carisma, a Igrexa habería de enquistarse nunha actividade soamente burocrática. Pero o carisma non é un privilexio exclusivo nin dos segrares nin dos clérigos. Se un dos dous estados o pretendese para si só, iso constituiría un desprezo do Espírito Santo que obra na Igrexa enteira.

Dentro do cristianismo recoñécense o Movemento carismático e a Renovación Carismática Católica.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Aparicio, Emilio Mª: "Madre Petra y su época". Valencia, 1982. ISBN 84-7065-094-7.
  • Schmaus, Michael: "El Credo de la Iglesia Católica", vol. II. Madrid, 1970.

Tags:

Carisma relixioso e movementos carismáticosCarisma NotasCarisma Véxase taménCarismaMotivación

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xosé Antonio TouriñánPili PampínJosé Valle ArmestoXosé Ramón Fernández-OxeaTeléfonoPantera RodríguezContactorCarlos III de EspañaFragas do EumePXogo da chaveAllarizCaralloHLA-DMSabugueiroCarme ChacónDover (banda)AresoÁlex GonzálezRicardo BeirasPanteón de Galegos IlustresMarco AurelioAntónio de Oliveira SalazarJosé Galera MorenoAgulla (peixe)CousasA EstradaPaco JémezAspiradoraVerme da sedaKirsten DunstUnión Europea de RadiodifusiónJosé Luis Rodríguez ZapateroAlexia PutellasJude BellinghamSonsoles EspinosaCristina LosadaOs Castros, A CoruñaNordés (vento)Alberto FortesJosé Antonio Rueda CrespoComarcas de GaliciaPosición aconchegadaMiguel Anxo BastosBernardino GrañaAustraliaNapoleón I de FranciaFascismoDeportivo da CoruñaRevolución galega de 1846A CañizaCódigo QRGame Boy Advance SPRafael NadalCarballoPlay-offs da Naisten Liiga 2023-2024Palas de ReiSydney SweeneyToxo arnalLino LópezHTML5María ReimóndezYolanda DíazGrândola, Vila MorenaÁlex FidalgoToni KroosGerardo Pardo de VeraMarçal MolinéAbegondoDe NinghuresMaría do Socorro Ortega RomeroReal Academia GalegaAntía OteroLicenciado MolinaXosé Neira Vilas🡆 More