Sus é un xénero de mamíferos artiodáctilos, o tipo da familia dos súidos.
Sus Porcos e xabarís | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Unha porca co seu leitón | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||||
Sus scrofa Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
|
Orixinario de Eurasia, inclúe os porcos domésticos e os xabarís.
Os porcos son animais de tamaño mediano e corpo xeralmente robusto, en forma de barril, coa pel grosa e lixeiramente pilosa. Os ollos son xeralmente pequenos en relación ao tamaño da cabeza, e as orellas son relativamente pequenas e rematadas en punta. O cranio é longo e ten un perfil plano. A cola curta e rizada.
Unha das características máis notábeis dos porcos é o eu fociño, moi móbil, rematado no seu extremo nun disco cartilaxinoso onde se abren as fosas nasais. Esta estrutura está apoiada nun óso prenasal situado debaixo dos ósos nasais.
Os dentes caninos, de crecemento continuo, medran para formaren grandes cairos curvados cara ao exterior.
Os únicos dedos funcionais para a locomoción son os dous centrais, rematados en pezuños.
Os porcos son omnívoros, e a súa dieta inclúe fungos, follas, raíces, bulbos, tubérculos, froitos, caracois, lesmas, vermes, pequenos vertebrados, ovos, preas
e excrementos (incluíndo os seus), lixo e outros porcos.
Usan o seu musculoso e flexíbel fociño e as patas dianteiras para escavar no solo.
Porcos e xabarís foron introducidos polos seres humanos nun gran número de lugares. Desgrazadamente, nalgunhas zonas causaron danos considárabeis ao medio ambiente debido á súa constante busca de alimento, e outros levaron algunhas enfermidades que poden transmitirse ás persoas.
As femias maduran sexualmente ao redor dos 8 a 18 meses de idade. Entran en celo (estro) cada 21 días. Os machos maduran entre os 8 e os 10 meses de idade. Cada camada de leitóns ten entre 6 e 12 individuos.
Os porcos non teñen glándulas sudoríparas funcionais, polo que deben arrefriarse desde unha fonte externa, normalmente auga ou lama cando o necesitan. Os baños na lama tamén lles serven para protexerse do sol e dos insectos e parasitos.
O xénero foi descrito en 1758 polo naturalista sueco Carl von Linné (Linneo) na 10ª edición do seu Systema Naturae.
Segundo Wison & Reeder, na 3ª edición do seu Mammals Species of the World na actialodade recoñécense aas seguintes especies e subespecies:
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Sus |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Sus, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.