Sorgo Común: Especie de planta

O sorgo común (Sorghum vulgare Pers, sin.

Sorgo común
(Sorghum bicolor)
Sorgo Común: Orixe e historia, Cultivo, Usos e consumo
Sorgo común
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Poales
Familia: Poaceae
Subfamilia: Panicoideae
Tribo: Andropogoneae
Subtribo: Andropogoninae
Xénero: Sorghum
Moench, 1794
Especies
Especies de Sorghum
Sinonimia
  • Sorghum vulgare Pers, sin.

Moench) ou simplemente sorgo é unha especie de planta herbácea pertencente a familia das gramíneas cultivada polo seu gran que se utiliza como alimento para humanos, pensos para animais e produción de etanol. O sorgo é orixinario de África do Norte e agora cultívase extensamente en rexións tropicais e subtropicais. O sorgo é o quinto cereal máis producido no mundo, despois do trigo, arroz, millo e cebada.,. O S. común é tipicamente anual, pero algúns cultivares son perennes. Crece en grupos que poden alcanzar máis de 4 m de altura. O gran é pequeno, de 2 a 4 mm de diámetro. Os sorgos doces son cultivares de sorgo común que se cultivan principalmente para forraxe, produción de xarope e etanol; son máis altos que os que se cultivan para gran.

O "sorgo común" é a especie cultivada de sorgo; os seus parentes silvestres constitúen o xénero botánico Sorghum.

Orixe e historia

O sorgo problablemente sexa unha das primeiras plantas que se cultivaron polo ser humano, as formas actuais deste pode que sexan orixinarias da Etiopía, desde onde se estendeu por toda África e de aí primeiro por Asia e Europa e máis recentemente por América e Australia.. Está rexistrado por Xenofonte de Atenas no 401 a .C. nas chairas de Cilicia, en Asia Menor, na actual Turquía. Xa se coñecía na época grecorromana.

Cultivo

Sorgo Común: Orixe e historia, Cultivo, Usos e consumo 
Sorgo chinés cocido.
Sorgo Común: Orixe e historia, Cultivo, Usos e consumo 
Capítulo con sementes de sorgo na India
Sorgo Común: Orixe e historia, Cultivo, Usos e consumo 
Sorgo nunha conca de Turpan, Xinjiang, China. Nalgunhas variedades e baixo certas condicións, a panícula pesada fará que o pedúnculo novo e suave se dobre. Posteriormente lignificarase nesta posición. Isto, combinado coa inflorescencia, será unha dobre defensa contra as aves.
Sorgo Común: Orixe e historia, Cultivo, Usos e consumo 
Dúas vasoiras en forma de 'cola de pavo' feitas co cereal.
Sorgo Común: Orixe e historia, Cultivo, Usos e consumo 
Campo de sorgo en Addi Azmera (Etiopía)
Sorgo Común: Orixe e historia, Cultivo, Usos e consumo 
Sorghum bicolor Moderne

Os principais produtores de S. bicolor en 2011 eran Nixeria (12,6%), a India (11,2%), México (11,2%) e os Estados Unidos (10,0%). Esta especie pode crecer en solos áridos e soportar longas secas. Ten catro características que a converten na planta cultivada máis resistente á seca de todas.

  • Ten unha gran relación entre a superficie das raíces e a superficie das follas.
  • No momento do secado rólanse as follas para reducir a perda de auga pola transpiración.
  • Se o secado continúa entra en repouso en lugar de morrer.
  • As súas follas están protexidas por unha cutícula cerosa.

Usos e consumo

Sorgo Común: Orixe e historia, Cultivo, Usos e consumo 
Sorgo na zona de rega do río Adaja (Ávila)
Sorgo Común: Orixe e historia, Cultivo, Usos e consumo 
Sorgo branco e vermello

O sorgo común é un dos principais cereais cultivados do mundo e ten nunha gran variedade de usos en moitos países sendo en moitos países de África e Asia, onde se fan pans planos, un alimento básico. No continente americano, así como en Australia e Europa, o sorgo en grans está destinado principalmente á industria dos pensos, pero tamén se pode usar para a produción de etanol. En todo o mundo, están en marcha proxectos para desenvolver tecnoloxías e difundir o cultivo de sorgo con fins enerxéticos. A produción de sorgo azucrado tamén alimenta un número crecente de plantas de etanol no Brasil, Filipinas, a India e os Estados Unidos..

Consumo humano

Ao redor da metade da produción mundial destínase ao consumo humano. O consumo de sorgo por habitante é máis estable e máis elevado nas zonas rurais que nos centros urbanos. Ademais, tende a ser maior nas rexións cunha pobreza e inseguridade alimentaria máis pronunciadas. O consumo per cápita é maior en África (por exemplo, ao redor de 90-100 kg por ano en Burkina Faso e o Sudán). En Asia, o sorgo segue sendo un cultivo importante para a seguridade alimentaria nalgunhas rexións, onde o consumo anual é aínda superior a 70 kg.

O sorgo pódese comer en gran, o igual que o arroz, ou reducirse a fariña.. Do mesmo xeito que noutros cereais, o gran de sorgo está composto esencialmente de amidón (ao redor do 70%). O contido de proteínas (10,4% da parte comestible) é comparable ao do millo (9,2%) e o trigo (10,6%). O contido de graxa bruta do sorgo é do 3%, superior ao do trigo, pero inferior ao do millo; 100 gramos de sorgo achegan 329 quilocalorías, fronte a 358 quilocalorías do millo e 348 quilocalorías do trigo. O sorgo é rico en vitaminas do grupo B. Certos cultivares co endosperma amarelo conteñen beta-caroteno que pode ser transformado en vitamina A polo corpo humano. Tamén é rico en antioxidantes, que se cre que axudan a reducir os riscos de cancro, diabetes e enfermidades cardíacas. Ademais, o sorgo non contén elementos biotecnolóxicos que o convertan nun organismo transxénico ou modificado xeneticamente. Algúns sorgos teñen grans de cor escura. Esta coloración está asociada á forte presenza de taninos nas capas máis superficiais do gran que inhiben a dixestión das proteínas do gran. Estas capas elimínanse por descascarización, unha operación que pode reducir o rendemento ata 65 - 75%. Os grans de sorgo inmaturos pódense comer asados ​​enteiros, os maduros pódense torrar como os de millo en "flocos". En xeral, o sorgo consúmese en forma de grans enteiros descascados ou en fariña. A fariña obtense a partir de grans descascados e úsase pura ou mesturada con fariña doutros cereais. Pódense distinguir os seguintes grupos de alimentos tradicionais a base de sorgo:

Baixo o nome de " jowar" na India, a fariña de sorgo é preferida para a elaboración do pan " bhakri", un alimento básico en moitas rexións. Nos países occidentais utilízase na composición de galletas para aperitivos. En Tunes adóitanse facer pasteis de sorgo (droo) e a fariña de sorgo mesturada con auga, especias e azucre pode converterse nunha especie de sopa robusta para o almorzo. O sorgo tamén é a base de bebidas populares, especialmente durante o ramadán. Os talos do sorgo común pódense mastigar como a cana de azucre..

Bebida alcohólica

Na China, o sorgo é coñecido como gaoliang (高粱) e é fermentado e destilado para producir un tipo de bebida espirituosa coñecida como baijiu (白酒) da que a bebida máis famosa é a maotai (o Moutai). En Taiwán, na illa chamada Kinmen, elabórase licor de sorgo. En varios países de África, tales como Cimbabue , Burundi, Malí, Burkina Faso, Ghana, e Nixeria, utilízase o sorgo das variedades vermella e branca para facer a tradicional cervexa opaca. O sorgo vermello dálle unha cor rosa amarronado á cervexa.

Biocombustible

O sorgo común é un obxectivo prometedor para a produción de biocombustibles. Trátase dun cultivo C4 que necesita poucas entradas e acumula unha gran cantidade de carbohidratos no talo. Con todo, a súa plantación a grande escala en terras marxinais requiriría variedades melloradas con optimización dos caracteres relacionados co seu papel como biocombustible e unha maior tolerancia aos factores de tensións bióticos e abióticos. Por este motivo, leváronse a cabo moitos estudos para crear recursos xenéticos e xenómicos en relación co sorgo común.

As variedades cultivadas de sorgo común teñen fenotipos e morfoloxías diversas. As variantes empregadas para producir biocombustibles teñen unha elevada proporción de biomasa biocelulosica. Algúns xenotipos, coñecidos como "sorgo doce", acumulan hidratos de carbono solubles no talo. O sorgo doce pode alcanzar unha altura de case 20 metros e xera unha cantidade de biomasa significativamente maior que o sorgo para uso alimentario. O talo do sorgo doce é máis groso e carnoso que o do sorgo para uso alimentario, aínda que produce relativamente poucas sementes..

A concentración de carbohidratos no talo do sorgo doce mídese en unidades Brix, que corresponden á porcentaxe de carbohidratos solubles. Un grao Brix equivale a 1 g de azucre por cada 100 g de zume. O contido Brix difire entre variedades e tamén depende das condicións ambientais, a posición dos talos, o período do ano e a fase de colleita. O sorgo común pode acumular unha cantidade de zume equivalente ao 78% da súa biomasa total, mentres que o seu contido en Brix vai do 14% ao 23%. Os glícidos que conteñen os talos de sorgo común compóñense principalmente de sacarosa ( 75%) con cantidades pequenas ( 2,6%) de frutosa e glicosa. En comparación con cultivos de biomasa lignocelulósica, tales como Panicum virgatum e Miscanthus, os glícidos solubles en forma de glicosa, frutosa e sacarosa do sorgo común son fáciles de fermentar. Outros trazos agronómicos, como un ciclo de vida de só catro meses, a súa capacidade de crecer en condicións ambientais adversas, a pouca necesidade de entradas, o baixo custo do seu cultivo e a fotosíntese C4 fan un cultivo de produción de biocombustibles particularmente útil. Este último trazo é especialmente importante porque contribúe a mellorar a eficiencia de uso do nitróxeno e a auga, así como a resistencia xeral do sorgo común, o que lle permite subsistir en rexións áridas, con máis insolación e temperaturas máis altas.

Diferentes cultivares de sorgo común presentan efectos diferentes da salinidade sobre a xerminación das semente e o crecemento das plántulas. Un estudo publicado en 2016 suxeriu que o sorgo común pódese regar con auga salgada de ata 150 mM de NaCl, xa sexa en estado vexetativo ou en estado reprodutivo.

Usos na gandería

O sorgo utilízase na alimentación e o pastoreo do gando. Aínda que, con todo, o seu uso é limitado porque o amidón e as proteínas do sorgo son máis difícil de dixerir para os animais que o amidón e as proteínas do millo. Están a realizarse investigacións para atopar un proceso para preparar o gran. Un estudo en gando concluíu que o sorgo en flocos era preferible ao sorgo seco, xa que melloraba a ganancia diaria de peso nos animais.. Nos porcos, demostrouse que o sorgo é un alimento máis eficiente que o millo ao ser ambos os grans procesados da mesma maneira.

A introdución de variedades melloradas, xunto cunha mellora nas prácticas de xestión, fixo mellorar a produtividade do sorgo. Na India, crese que a mellora na produtividade liberou seis millóns de hectáreas de terra. O International Crops Research Institute for the Semi-Arid Tropics, en colaboración con outras institucións, produce variedades melloradas de cultivos, entre as que se inclúen o sorgo. A insitución liberou ata 194 cultivos de sorgo.

Outros usos

O gran proporciona amidón, que tamén serve para preparar colas, adhesivos e glicosa, aceite e materia prima para a preparación de pensos. O azucre e a melaza obtéñense da medula dos sorgos azucrados. As fibras do talo tamén se utilizan para fabricar paneis utilizados na construción. As glumas, a vaina foliar e outras partes da planta de certos cultivares conteñen pigmentos que se utilizan como colorantes nas industrias alimentaria e téxtil. As umbelas en forma de paraugas, desprovistas do gran, utilízanse para a produción artesanal das tradicionais vasoiras de sorgo, a máis común antes do uso de materiais plásticos.

O xarope de sorgo doce úsase nalgunhas partes dos Estados Unidos.

Investigación

Estase a investigarse para desenvolver un cruzamento xenético que faga a planta máis tolerante a temperaturas máis frías ou para desactivar os mecanismos de tolerancia da planta as secas, xa que é nativa de climas tropicais. Nos Estados Unidos, isto é importante porque o custo do millo estivo a crecer de forma continuada dado o seu uso na produción de etanol para ser engadido á gasolina. Pódese utilizar o sorgo ensilado como substituto do millo ensilado na dieta das vacas leiteiras. Outras investigacións concluíron que o sorgo ten máis valor nutricional que o millo na alimentación das vacas, e que o tipo de procesado é tamén esencial na obtención da máxima nutrición do gran. O sorgo en flocos mostrou un incremento na produción de leite en comparación ao sorgo seco.

Adicionalmente, está a investigarse sobre o sorgo como unha fonte de alimento potencial para dar resposta o incremento na demanda de comida a escala global. O sorgo é resistente á seca e ás altas temperaturas. A diversidade xenética entre as diferentes subespecies de sorgo, faio máis resistente ás pragas e os patóxenos, comparado con outras fontes alimenticias menos diversas. Ademais, é altamente eficiente na conversión da enerxía solar a enerxía química, así como no uso de auga. Todas estas características fana unha candidata prometedora para facer fronte á demanda global de comida, en aumento. Como tal, moitos grupos de investigación en todo o mundo están a seguir proxectos e iniciativas sobre o sorgo (especialmente o Sorghum bicolor ), como a Universidade Purdue, o HudsonAlpha Institute for Biotechnology, o Danforth Plant Science Center, a Universidade de Nebraska, e a Universidade de Queensland.

Outra aplicación do sorgo que se está investigando é o biocombustible. O sorgo doce ten moito azucre no tallo, que se pode converter en etanol. A biomasa pódese queimar e converter en carbón, gas sintético e bio-cru.

Produción

Principais produtores de sorgo no 2018
País Produción (toneladas)
Sorgo Común: Orixe e historia, Cultivo, Usos e consumo  Estados Unidos 9.271.070
Sorgo Común: Orixe e historia, Cultivo, Usos e consumo  Nixeria 6.862.343
Sorgo Común: Orixe e historia, Cultivo, Usos e consumo  Sudán 4.953.000
Sorgo Común: Orixe e historia, Cultivo, Usos e consumo  Etiopía 4.932.408
Sorgo Común: Orixe e historia, Cultivo, Usos e consumo  India 4.800.000
Sorgo Común: Orixe e historia, Cultivo, Usos e consumo  México 4.531.097
Sorgo Común: Orixe e historia, Cultivo, Usos e consumo  Brasil 2.272.939
Sorgo Común: Orixe e historia, Cultivo, Usos e consumo  China 2.192.032
Sorgo Común: Orixe e historia, Cultivo, Usos e consumo  Níxer 2.100.190
Sorgo Común: Orixe e historia, Cultivo, Usos e consumo  Burkina Faso 1.929.834
Sorgo Común: Orixe e historia, Cultivo, Usos e consumo  Arxentina 1.563.445
Sorgo Común: Orixe e historia, Cultivo, Usos e consumo  Malí 1.469.688
Sorgo Común: Orixe e historia, Cultivo, Usos e consumo  Camerún 1.416.116
Sorgo Común: Orixe e historia, Cultivo, Usos e consumo  Australia 1.257.219
Sorgo Común: Orixe e historia, Cultivo, Usos e consumo  Bolivia 1.023.314

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Sorgo Común Orixe e historiaSorgo Común CultivoSorgo Común Usos e consumoSorgo Común InvestigaciónSorgo Común ProduciónSorgo Común NotasSorgo Común Véxase taménSorgo Común

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Tamara CanosaÁreas lingüísticas do galegoJosé Luís Valladares FernándezJosito PortoAlfonso RuedaGrupo RompenteXosé Ramón GayosoProvincias de EspañaSegunda guerra mundialLabios (xenitais)AciñeiraPenélope CruzDodecágonoGrupo de teatro O FachoRepública Popular da ChinaSímbolos de GaliciaRafael LouzánCastañolaSelena GomezIria MorgadeCoordenadas xeográficasRamón CamposMontañésVerme da sedaDiego Rivas RegoCanle (enxeñaría)Truman CapoteTeoPablo PicassoGolda MeirWikipediaJavier GutiérrezLeBron JamesLino LópezAC-418CLIP (inmunopéptido)Hard GZISBNDiego González RivasA CañizaCándido Conde-PumpidoBeatriz MatoJosé CoronadoWMúsica tradicional galegaIasir ArafatDies iraeNieves NeiraOs vellos non deben de namorarseMarco AurelioJason StathamValladolidSydney SweeneyEduardo Paredes RodríguezPazo BaiónJosé Ernesto Díaz NoriegaFrancisco AsoreyCastelo de PambreMalvares de MoscosoMaría a BalteiraFala de EstremaduraPablo ArangüenaFingeringAgustín Fernández PazLibrary of Congress Control NumberÁlex AnguloSandroSevillaLedicia CostasDavid MellaMaría MariñoCidade da Cultura de GaliciaGonzalo MellaGuestrarIvana Baquero🡆 More