Sorgo: Xénero de plantas

O sorgo é o nome común de calquera planta do xénero Sorghum spp.

Sorgo (xénero Sorghum)
Sorgo: Etimoloxía, Descrición, Cultivo e usos
Sorghum bicolor
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Poales
Familia: Poaceae
Subfamilia: Panicoideae
Tribo: Andropogoneae
Subtribo: Andropogoninae
Xénero: Sorghum
Moench, 1794
Especies
Anexo:Especies de Sorghum
Sinonimia
  • Blumenbachia Koeler
  • Sarga Ewart
  • Vacoparis Spangler

Un xénero dunhas 20 especies de gramíneas orixinarias das rexións tropicais e subtropicais de África oriental. Ten a súa orixe en África do leste e procede das variedades salvaxes en Etiopía hai 5.000 anos. Cultívanse na súa zona de orixe, Europa, América e Asia como cereal para consumo humano, animal, na produción de forraxes, e para a elaboración de bebidas alcólicas e vasoiras. A súa resistencia á seca e á calor faino un cultivo importante en rexións áridas, e é un dos cultivos alimentarios máis importantes do mundo.

É a quinta colleita de cereal no mundo, canto á súa produción (470 000 km², recollido en 1996). O produtor máis grande é Estados Unidos.

O sorgo coñécese con varios nomes: millo grande e millo de Guinea en África occidental, kafir en África austral, duro no Sudán, mtama en África oriental, iowar na India e kaoliang na China (Purseglove, 1972).

As moitas subespecies divídense en catro grupos: sorgos do gran, sorgos da herba (para o pasto e o feo), sorgos doces (xaropes do sorgo), e millo tipo vasoira (para as vasoiras e os cepillos).

Ao se tratar dun alimento carente de glute, representa unha opción nutritiva para as persoas celíacas. Posúe propiedades antidiarreicas, ou adstrinxentes, e homeostáticas.

O sorgo común (Sorghum vulgare ou Sorghum bicolor) é a especie máis estendida, cuxas sementes se utilizan para facer fariña e a planta como forraxe.

Etimoloxía

A verba galega sorgo é tomada do italiano e este do latín moderno sorghum, que moi probabelmente provén do latín vulgar syricum; é dicir, proveniente de Siria. Rexión onde os romanos seica coñeceron esta graminea. O nome xenérico Sorghum imposto por Moench foi conservado oficialmente desde 1794 , de xeito que Sorgum L. non é válido.

Descrición

O xénero Sorghum caracterízase por pequenas espigas que nacen a pares. O sorgo cultívase como planta anual, aínda que é herba perenne e nos trópicos pode recollerse varias veces no ano.

O sorgo ten unha altura de 1 a 2 m. Ten inflorescencias tipo mazaroca e sementes de 3 mm, esféricas e oblongas, de cor negra, avermellada e amarelenta. Ten un sistema radicular que pode chegar en terreos permeábeis a 2 m de profundidade. As flores teñen estames e pistilos.

O valor enerxético do gran de sorgo é un pouco inferior ao do millo. Pódese estimar como media 1,08 UF/kg. Comparándoo co gran de millo, o do sorgo é xeralmente un pouco máis rico en proteínas, porén máis pobre en materia graxa; como as do millo, son dun valor biolóxico bastante feble; son particularmente deficitarias en lisina.

Cultivo e usos

Unha das especies, Sorghum bicolor, orixinaria de África con moitas formas cultivadas agora, é un cultivo importante en todo o mundo, usado para a alimentación (como grans e en xarope de sorgo ou "melaza de sorgo"), forraxe animal, produción de bebidas alcohólicas e biocombustibles. O cultivo do sorgo estivo ligado segundo investigacións arqueolóxicas ao antigo Sudán hai uns 6000-7000 anos.

Todos os sorgos conteñen ácidos fenólicos e a maioría conteñen flavonoides. Os grans de sorgo son unha das fontes de alimento máis altas da proantocianidina flavonoide. O contido total de fenol (tanto en ácidos fenólicos como en flavonoides) está correlacionado coa actividade antioxidante. A actividade antioxidante é alta en sorgos con pericarpo escuro e testa pigmentada. A actividade antioxidante do sorgo pode explicar a reducida incidencia de certos tipos de cancro en poboacións que consomen sorgo.

Os brotes de sorgo son un aperitivo popular na India. É similar aos flocos de millo, aínda que máis pequenos. As receitas para estalar sorgo no microondas ou nunha pota están dispoñibles en liña.

A maioría das variedades son tolerantes á seca e á calor, eficientes no nitróxeno e son especialmente importantes nas rexións áridas, onde o gran é un dos elementos básicos para as persoas pobres e do campo. Estas variedades forman compoñentes importantes da forraxe en moitas rexións tropicais. S. bicolor é un importante cultivo alimentario en África, América Central e Asia do Sur, e é o quinto cultivo de cereais máis importante no mundo.

Nas primeiras fases do crecemento das plantas, algunhas especies de sorgo poden conter niveis de cianuro de hidróxeno, hordenina e nitratos, que son letais para os animais que pastan. Cando están estresadas pola seca ou a calor, as plantas tamén poden conter niveis tóxicos de cianuro e nitratos en fases posteriores do crecemento.

Especies

  • Sorghum almum
  • Sorghum amplum
  • Sorghum angustum
  • Sorghum arundinaceum
  • Sorghum bicolor (principal especie cultivada)
  • Sorghum brachypodum
  • Sorghum bulbosum
  • Sorghum burmahicum
  • Sorghum controversum
  • Sorghum drummondii
  • Sorghum ecarinatum
  • Sorghum exstans
  • Sorghum grande
  • Sorghum halepense
  • Sorghum interjectum
  • Sorghum intrans
  • Sorghum laxiflorum
  • Sorghum leiocladum
  • Sorghum macrospermum
  • Sorghum matarankense
  • Sorghum miliaceum
  • Sorghum nigrum
  • Sorghum nitidum
  • Sorghum plumosum
  • Sorghum propinquum
  • Sorghum purpureosericeum
  • Sorghum stipoideum
  • Sorghum timorense
  • Sorghum trichocladum
  • Sorghum versicolor
  • Sorghum virgatum
  • Sorghum vulgare

Produción

Os datos da FAO sobre os maiores produtores de sorgo refírense ao conxunto das especies, aínda que se presupón que a meirande parte corresponde á especie Sorghum bicolor.

Listaxe dos 10 principais produtores de sorgo (2013)
País Produción (en millóns de toneladas)
Sorgo: Etimoloxía, Descrición, Cultivo e usos  Estados Unidos 9,88
Sorgo: Etimoloxía, Descrición, Cultivo e usos  Nixeria 5,30
Sorgo: Etimoloxía, Descrición, Cultivo e usos  India 5,28
Sorgo: Etimoloxía, Descrición, Cultivo e usos  Etiopía 3,82
Sorgo: Etimoloxía, Descrición, Cultivo e usos  Arxentina 3,63
Sorgo: Etimoloxía, Descrición, Cultivo e usos  China 2,89
Sorgo: Etimoloxía, Descrición, Cultivo e usos  Australia 2,22
Sorgo: Etimoloxía, Descrición, Cultivo e usos  Brasil 2,12
Sorgo: Etimoloxía, Descrición, Cultivo e usos  Burkina Faso 1,88
Sorgo: Etimoloxía, Descrición, Cultivo e usos  Níxer 1,32
En todo o mundo Aproximadamente 48 millóns de toneladas
Fonte: Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura

FAO Arquivado 30 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.

Enfermidades

Insectos

  • Heliothis sp.. É un lepidóptero que tamén afecta a outros cultivos.
  • Spodoptera frugiperda. Aliméntase das partes tenras das follas, dana a panícula antes de que emerxa e despois do gran en desenvolvemento.
  • Spodoptera exigua. Os ovos deste insecto deposítanse nas follas e ao nacer as larvas aliméntanse desta dende o bordo, deixando so o nervio central, tamén se poden alimentar do gran en proceso de maduración.
  • Tetranychus urticae. É un pequeno ácaro apenas visíbel a simple vista
  • Contarinia sorghicola. É unha mosca que ataca durante a floración, podendo chegar a causar perdas do 100%. Pon os ovos nas flores e as súas larvas aliméntanse do gran en formación impedindo o seu desenvolvemento.
  • Elasmopalpus lignoselus ou furador do talo. As bolboretas poñen os ovos no envés da folla e as larvas aliméntanse primeiro do tecido destas, furandoo despois o talo e introducíndose no seu interior e facendo galerías.

Patóxenos

  • Puccinia sorghi ou ferruxe do sorgo.
  • Gloeocercospora sorghi
  • Cercospora sorghi
  • Colletotrichum graminícola

Taxonomía

O xénero foi descrito por Conrad Moench e publicado en Methodus Plantas Horti Botanici et Agri Marburgensis : a staminum situ describendi 207. 1794. A especie tipo é: Sorghum bicolor (L.) Moench.

Citoloxía

Ten un número de cromosomas de: x = 5. 2n = 10, 20, e 40 (e aneuploides - 26, 33, 38–39 etc.). Cromosomas ‘pequenos’.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Sorgo EtimoloxíaSorgo DescriciónSorgo Cultivo e usosSorgo EspeciesSorgo ProduciónSorgo EnfermidadesSorgo TaxonomíaSorgo NotasSorgo Véxase taménSorgoAméricaAsiaBebida alcohólicaCerealEtiopíaEuropaGramíneaPastoVasoiraXénero (bioloxía)África

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

PandeiraEl Heraldo Gallego (Buenos Aires)ZürichPaíses BaixosPremio Vidal BolañoMascatoLeninTilacoideXironaMartin Luther KingSociedade Arqueolóxica de PontevedraLeBron JamesRodrigo Díaz de VivarConcellos de GaliciaGalegoBelén CachafeiroVigoCortizaAna UllaJesús Vázquez AlmuíñaToñito BlancoRacing Club de FerrolSergio RamosTorre de HérculesManuel RivasThibaut CourtoisAnder IturraspeRepública ChecaPMáis alá!Deportivo da CoruñaCésar Lorenzo GilBudapestPombo torcazFillas de CassandraVómito (grupo musical)Antonio Couceiro MéndezEuropaValenciaCódigo QRSardeñaAbril na cultura popular galegaIndonesiaRosario DúrcalAlicia BorrásTereixa NavazaFesta dos maiosDani CarvajalÁreas lingüísticas do galegoSiddhartha GautamaOU-310PortugalPeneAlcaldes da EstradaAbraham MateoPedro RieloStourbridgeVilalbaBriónSanta CompañaLuis ZaheraFragas do EumeRoberto Vidal BolañoLedicia CostasAntártidaGuerra de Sucesión EspañolaGhaleb Jaber IbrahimPaulo Carlos LópezRafael NadalOs vixilantes do CamiñoFingeringRoko (actriz)Lista de aeroportos en ArmeniaLondrinaKLúaHistoria da pintura en Exipto🡆 More