O ramadán (en árabe: رمضان, Ramaḍān), é o noveno mes do calendario musulmán, e é considerado pola comunidade musulmá de todo o mundo como o mes de xaxún para conmemorar a primeira revelación do Corán a Mahoma segundo as crenzas do islam.
Esta celebración anual está considerada como un dos 5 Alicerces do islam. O mes dura uns 29 ou 30 días baseándose no avistamento da lúa crecente, seguindo as numerosas referencias compiladas no hadiz.
O calendario musulmán é un calendario lunar, cada mes comeza despois da lúa nova, ao se facer visible o primeiro brillo da lúa crecente. A maioría dos musulmáns insiste na observación local do cuarto crecente para marcar o principio do ramadán, mais outros prefiren o cálculo da lúa nova para determinar o empezo do mes. Xa que o primeiro crecente non aparece ao mesmo tempo en todos os lugares, as datas de inicio e fin do mes depende do que se ve en cada lugar. Xa que logo, as datas varían dun país a outro, e se non hai evidencia de lúa pode comezar un día despois. Como o calendario musulmán pode contar dez, once ou, en anos bisestos, doce días menos que o solar e sen embolismo ningún, o ramadán muda cada ano e pasa progresivamente dunha estación a outra.
As datas correspondentes ao inicio e fin deste mes no calendario gregoriano son as seguintes:
Ano (calendario musulmán) | Ano (calendario gregoriano) | Ramadán |
---|---|---|
1441 | 2020 | 24 de abril - 23 de maio |
1442 | 2021 | 13 de abril - 12 de maio |
1443 | 2022 | 3 de abril - 2 de maio |
1444 | 2023 | 23 de marzo - 21 de abril |
Lailat al-Qadr (noite do destino) está considerada a noite máis santa do ano, conmemora a noite no que o arcanxo Gabriel lle revelou ao profeta Mahoma os primeiros versos do Corán. Para os musulmáns esta noite é "mellor que mil meses" de oracións, boas accións e invocación: rezar durante toda esta noite ten tanta recompensa como rezar durante mil meses, xa que logo, moitos musulmáns pasan parte, ou mesmo toda, da noite a rezar ou ler o Corán. Non hai unha data exacta, e a falta de poder determinada é habitual que os crentes celebren ese día varias veces no ramadán para asegurar o seu cumprimento.
Segundo a tradición sunnita esta noite cadra nos últimos dez días impares do ramadán, e así pode ser o 21, 23, 25, 27 ou 29 dese, aínda que se adoita facer énfase no 27. Mentres na tradición xiíta, esta noite tamén coincide co último terzo do ramadán, mais fan fincapé no 19, 21 ou 23 do mes.
O Eid al-Fitr, a fin do período de xaxún e do ramadán, é unha ocasión de celebración e festa que abrangue tres días. Tras a fin do xaxún, os musulmáns acoden ás mesquitas a primeira hora da mañá vestidos coa súa mellor roupa, moitas veces nova, para a primeira oración do Eid. Os nenos reciben agasallos, organízanse festas e visítanse familiares e amigos. Tamén é tradición darlles alimentos aos pobres.
No ramadán conmemóranse varios acontecementos importantes da historia do islam:
This article uses material from the Wikipedia Galego article Ramadán, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.