Santiago De Chile: Cidade de Chile, capital do país

Santiago de Chile, oficialmente Santiago, é a capital da República de Chile.

Foi fundada por Pedro de Valdivia o 12 de febreiro de 1541 co nome de Santiago de la Nueva Extremadura.

Modelo:Xeografía políticaSantiago de Chile
Santiago De Chile: Demografía, Cidades irmás, Galería de imaxes
Santiago De Chile: Demografía, Cidades irmás, Galería de imaxes
Imaxe

Nomeado en referencia aSantiago o Maior Editar o valor em Wikidata
Localización
 33°26′15″S 70°39′00″O / -33.4375, -70.6570°39′00″O / -33.4375, -70.65
EstadoChile
RexiónRexión Metropolitana de Santiago Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación6.257.516 (2017) Editar o valor em Wikidata (7.468,18 hab./km²)
Xeografía
Superficie837,89 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRio Mapocho (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude521 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
FundadorPedro de Valdivia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación1541 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoIrací Hassler (pt) Traducir (2021–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal3580000 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico56 2 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webgobiernosantiago.cl Editar o valor em Wikidata

A cidade de Santiago comprende a conurbación de Gran Santiago, composta por 34 comunas. Non existe un goberno metropolitano para a cidade. Cada comuna encárgase das funcións administrativas, tributarias e regulatorias correspondentes, así como da administración dos servizos de saúde e educación.

A poboación de Santiago segundo o Censo de 2002 é de 6,4 millóns de habitantes na súa área metropolitana. É a cidade máis poboada de Chile, o que resultou nunha medra sen planificación que ademais absorbeu parte dos mellores terreos de cultivo da zona centro do país.

Demografía

Santiago De Chile: Demografía, Cidades irmás, Galería de imaxes 
Evolución da poboación de Santiago de Chile entre 1860 e2020.
Santiago De Chile: Demografía, Cidades irmás, Galería de imaxes 
Alameda del Libertador Bernardo O'Higgins, principal arteria da capital chilena.

Santiago de Chile ten unha poboación que, segundo o Instituto Nacional de Estatísticas de Chile no ano 2003 chegaba ós 6.269.629 habitantes. A poboación da cidade sufriu un gran crecemento ao longo do século XX: en 1907 a cidade tiña 383.587 habitantes; 1.010.102 en 1940, 2.009.118 en 1960 e 3.899.619 no ano 1982.

Santiago experimentou durante o século XX un grande aumento demográfico sendo determinante a súa condición de capital. Absorbeu sucesivamente a migración proveniente dos campamentos mineiros do norte de Chile durante a crise económica dos anos 1930; e na década dos 40, a constante chegada de poboación desde os asentamentos rurais.

Nun primeiro momento esta poboación tivo que asentarse nos coñecidos como cités, lugares de vivendas comunitarias preferentemente situadas nas zonas próximas ao centro da cidade. As posteriores inmigracións provocaron o nacemento de poboacións callampas e tomas de terreos para o florecemento dos campamentos. Durante os últimos anos foron desaparecendo en gran medida, grazas á axuda do goberno e institucións solidarias como Un Techo para Chile, sendo substituídos por vivendas sociais nas comunas da periferia.

As clases acomodadas que tradicionalmente habitaran as rúas céntricas (Toesca, Av. Brasil, República, París, Londres etc) comezaron a migraren a partir dos anos 1930 cara ao sector oriental da capital, conformándose no lado nororiental o chamado Barrio Alto (ou zona oriente), con características de cidade xardín, primeiro nas comunas de Providencia e Ñuñoa, logo nas actuais comunas de Las Condes e Vitacura, e actualmente no sector de La Dehesa, comuna de Lo Barnechea.

Porén, nos últimos anos houbo un lento proceso de emigración cara a terreos máis rurais, como El Arrayán e Chicureo na zona nororiente, Lonquén na zona surponiente e Pirque na zona suroriente, debido á parcelización dos campos e aos novos condominios exclusivos.

Pero o groso da poboación pertence á clase media, a cal comezou a nacer durante o século XX. Actualmente domina os sectores periféricos e centrais da cidade, grazas ao nacemento dos barrios construídos en comunas como La Florida, Maipú e Puente Alto (as comunas máis poboadas do país na actualidade, superando os 400 mil, 500 mil e 600 mil habitantes respectivamente), e en departamentos nas zonas centrais grazas ao subsidio de renovación urbana, nas comunas de Santiago e San Miguel. O acceso ao consumo e crédito máis os beneficios estatais ao sector inmobiliario permitiron un explosivo boom da construción en todas as comunas mencionadas anteriormente.

Cidades irmás

A cidade de Santiago firmou diversos protocolos de irmandamento, dentro das cales atópanse:

Ademais, Santiago pertencen á rede de Mercocidades, firmada por 180 urbes dos países membros do Mercosur, e da Unión de Cidades Capitais Iberoamericanas (UCCI), protocolo asinado por tódalas cidades capitais de Iberoamérica máis Barcelona e Río de Xaneiro.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Santiago De Chile: Demografía, Cidades irmás, Galería de imaxes 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

Santiago De Chile DemografíaSantiago De Chile Cidades irmásSantiago De Chile Galería de imaxesSantiago De Chile NotasSantiago De Chile Véxase taménSantiago De Chile12 de febreiro1541Chile

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Nicolás González CasaresXosé Luís Franco GrandeCarlos CalveloAntón Losada DiéguezStellantisA vogal temática e a conxugaciónFacebookImperio Bizantino24 de abrilA Bandeira, Manduas, SilledaDiurno (Renfe)NocelloMortalidade infantilXosé Manuel PiñeiroRosario Porto OrtegaXosé Ramón GayosoRoberto Vidal BolañoFran AlonsoRío DanubioNee BarrosPaís VascoGalván en SaorNintendo DSEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024AC-960TerraJorge BermelloÁlex FidalgoAlexandre o GrandeIrene MonteroGisela LladóO sabor das margaridasMCouto MixtoModelo OSIAntonio Fernández RivadullaLista de xentilicios de concellos galegosWikiAC-211Miguel Ángel MuñozFiúnchoXosé Luís Mosquera CambaPornografíaVerínAlalá (programa de televisión)Terra de MirandaAriadna Fernández GonzálezThe Times of IndiaGame Boy ColorLista de nomes femininos en galegoDiana Varela PuñalIlla de SálvoraSusana FortesArceJuan Ramón JiménezXestaRaúl Soutelo VázquezPoloniaAguaneiroJosé María CanedaEmilia Pardo BazánMonforte de LemosPili PampínThais VillasCélula pancreática acinarLista das aves de GaliciaVictoria Núñez LópezFrancisco Fernández del RiegoConcha CostasProsobranquiosDía das Letras GalegasEncoroAfonso X o SabioMoción de confianzaGata CattanaÁreas lingüísticas do galego🡆 More