Sandro Botticelli: Pintor italiano

Sandro Botticelli, nado en Florencia en 1447 e finado na mesma cidade en 1510, foi un pintor renacentista italiano.

O seu nome real era Allessandro di Mariano Filipepi, pero chamouse Botticelli debido a que foi aprendiz do pintor e artesán Botticello. Non se coñece demasiado da vida de Botticelli debido á falta de documentación e a que resgardou a súa vida privada. Sábese que foi acollido polos Medici e por outras prominentes familias florentinas entre 1483 e 1500. Botticcelli non asinou a maior parte dos seus cadros, polo que non podemos saber a súa orde cronolóxica máis que pola vellez da tea en que foran plasmadas as súas obras.

Infotaula de personaSandro Botticelli
Sandro Botticelli: Traxectoria, Obras (selección), Galería de imaxes
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Alessandro di Mariano di Vanni Filipepi Editar o valor em Wikidata
c. 1445 Editar o valor em Wikidata
Florencia (República de Florencia) Editar o valor em Wikidata
Morte17 de maio de 1510 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Florencia (República de Florencia) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaOgnissanti Church (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesdi Mariano Filipepi, Alessandro Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo italiano Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Florencia
Roma
Pisa
Mantua Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , debuxante arquitectónico , debuxante , pintor ao fresco Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1460 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata - 1510 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAndrea del Verrocchio Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRetrato, Pintura de historia, pintura relixiosa, alegoria (pt) Traducir, pintura mitolóxica e arte sacra Editar o valor em Wikidata
MovementoPrimeiro Renacemento e Escola florentina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresFilippo Lippi e Andrea del Verrocchio Editar o valor em Wikidata
AlumnosFilippino Lippi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
MecenasLourenzo de Medici Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor

Allocine: 37055
Musicbrainz: 941961a5-6ece-492d-8298-86e3211b33e3 Discogs: 1829989 WikiTree: Filipepi-1 Find a Grave: 7846100 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Botticelli entrou á idade de quince anos no obradoiro de Fra Filippo Lippi (1406-1469), monxe e pintor florentino, autor de celebradas pinturas de temática relixiosa. Traballou tamén cos pintores Antonio del Pollaiuolo e Andrea del Verrocchio. Con eles fixo a súa aprendizaxe da ourivaría, do gravado e do cicelado, artes que influíron na súa concepción do debuxo. Botticelli traballaba con frecuencia con artesáns, especialmente co seu irman Antonio, que era ourive, e co cal compartía o seu taller.

A partir de 1481, Botticelli foi chamado a Roma polo papa Sisto IV, para que decorase a Capela Sistina, xunto con outros grandes artistas. Porén, a rivalidade existente entre o papa e os Medici, mecenas do artista, fixo que o seu talento non fose recoñecido debidamente.

Alí realizou tres grandes frescos:

  • As probas de Moisés
  • As probas de Cristo
  • O castigo de Coré

Logo volveu a Florencia, enfurecido pola inxustiza que se fixera coas súas obras, de xeito que decidiu, entón, non abandonar xamais a súa cidade natal. Moi logo reiniciou o traballo, pintando o Nacemento de Venus en 1484, unha das súas obras mestras.

A mediados da década de 1480, Botticelli, xunto con Perugino, Ghirlandaio e mais Filippino Lippi, traballou nunha importante serie de frescos para Lourenzo o Magnífico, nunha "vila" preto de Volterra. Neses anos pintaría bastantes outros frescos en igrexas florentinas.

No 1491 Botticelli formou parte dun comité para decidir sobre a fachada do Duomo de Florencia. No 1502 foi acusado de sodomía, aínda que a acusación foi retirada. No 1504 participou noutro comité, neste caso para decidir onde colocar a estatua de David de Michelangelo. O seu último traballo foi unha serie sobre a vida de san Cenobio, que lembra o uso non naturalista do pintor Fra Angelico.

Tivo como discípulo máis destacado a Filippino Lippi, fillo do seu mestre Fra Filippo Lippi.

Obras (selección)

Sandro Botticelli: Traxectoria, Obras (selección), Galería de imaxes 
Home coa medalla de Còsimo de Médicis
  • Madonna co Neno e anxo (1465-67) -Témpera sobre táboa, 87 x 60 cm, Spedale degli Innocenti, Florencia
  • Adoración dos Magos (1465-67) -Témpera sobre táboa, 50 x 136 cm, National Gallery, Londres
  • Adoración dos Magos (1465-67) -Témpera sobre táboa, diámetro 131,5 cm, National Gallery, Londres
  • Madonna e Neno con dous anxos e san Xoán neno (1465-70) - Témpera sobre táboa, 85 x 62 cm, Galleria dell Accademia, Florencia
  • Madonna con Neno e anxo (post. 1465) - Témpera sobre táboa, 110 x 70 cm, Musée Fesch, Ajaccio
  • Madonna con Neno (h. 1467) - Témpera sobre táboa, 71,6 x 51 cm, Musée du Petit Palais, Aviñón
  • Madonna da galería (1467) - Temple sobre táboa, 72 x 50 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Madonna con Neno e dous anxos (1468-70), - Témpera sobre táboa, 100 x 71 cm, Museo de Capodimonte, Nápoles
  • A Virxe na Gloria con serafíns (1469-70) - Témpera sobre táboa, 120 x 65 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Madonna da roseira (1469-70) - Témpera sobre panel, 124 x 65 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Historias da Madalena: Comuñón e Asunción (1470), - Témpera sobre táboa, 18 x 42 cm, Museo de Arte de Filadelfia, a colección Johnson, Filadelfia
  • A Fortaleza (1470) - Témpera sobre táboa, 167 x 87 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Retrato dun mozo (ca. 1470) - Témpera sobre táboa, 51 x 33,7 cm, Pazo Pitti, Florencia
  • A Virxe e o Neno con seis santos (Retablo de sant'Ambrogio) (ca. 1470) - Témpera sobre táboa, 170 x 194 cm, Galería Uffizi,Florencia
  • Madonna da Eucaristía (1470-1472) - Témpera sobre táboa, 84 x 64,5 cm, Museo Isabella Stewart Gardner, Boston
  • Díptico das Historias de Xudit (1470-72), Galería Uffizi, Florencia:
    • Regreso de Xudit a Betulia - Témpera sobre táboa, 31 x 25 cm
    • Descubrimento do cadáver de Holofernes - Témpera sobre madeira, 31 x 25 cm
  • San Sebastián (1474) - Témpera sobre táboa, 195 x 175 cm, Staatliche Museen, Berlín
  • Adoración dos Reis Magos (1475) -Témpera sobre táboa, 111 x 134 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Retrato de hombe con a medalla de Còsimo o Vello (1475) - Témpera sobre táboa, 57,5 x 44 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Adoración dos Magos (1475), Galería Uffizi, Florencia
  • Retrato de Esmeralda Brandini (ca. 1475) - Témpera sobre táboa, 65,7 x 41 cm, Victoria and Albert Museum, Londres
  • Retrato dunha moza (ca. 1475) - Témpera sobre táboa, 61 x 40 cm, Palacio Pitti, Florencia
  • Retrato de Giuliano de Medici (ca. 1475) - Témpera sobre táboa, 54 x 36 cm, Accademia Carrara, Bérgamo
  • Virgen e Neno (h. 1475) - Témpera sobre táboa, Art Institute, Chicago
  • Catalina de Alexandría, retrato de Caterina Sforza (ca. 1475) - Lindenau-Museum, Altenburg
  • Retrato de Giuliano de Medici (1476-77) - Témpera sobre táboa, 75,6 x 36 cm, Galería Nacional de Arte, Washington
  • Nacemento de Cristo, (1476-77) - Fresco, 200 x 300 cm, Santa Maria Novella, Florencia
  • Retrato de Giuliano de Medici (1478) - Táboa, 54 x 36 cm, Gemäldegalerie, Berlín
  • Anunciación (ca. 1479) - Témpera sobre táboa, 19 x 30 cm. Colección Hyde, Glens Falls
  • Santo Agostiño no seu gabinete (1480) - Fresco, pintura mural desprendida, 152 x 112 cm, Igrexa de Ognissanti, Florencia
  • Madonna do libro (1480-81) - Témpera sobre táboa, 58 x 39,5 cm, Museo Poldi Pezzoli, Milán
  • Retrato dunha moza (1480-85) - Témpera sobre madeira, 82 x 54 cm, Instituto Städel, Frankfurt am Main
  • Madonna do Magnificat (1481) - Témpera sobre táboa, diámetro 118 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Alegoría da Primavera (1481-82) - Témpera sobre táboa, 203 x 314 cm, Galería Uffizi, Florencia
Sandro Botticelli: Traxectoria, Obras (selección), Galería de imaxes 
Adoración dos Magos, 1481-1482, Washington DC
  • Adoración dos Magos (1481-82) - Témpera sobre táboa, 70 x 103 cm, Galería Nacional de Arte, Washington DC.
  • Frescos nos muros laterais da Capela Sistina, Cidade do Vaticano (1481-82):
    • Probas de Moisés - Pintura mural, 348,5 x 558 cm
    • Castigo dos rebeldes - Pintura mural, 348,5 x 570 cm
    • Probas de Cristo - Pintura mural, 345,5 x 555 cm
  • Palas e o Centauro (1482-83) - Témpera sobre lenzo, 207 x 148 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Retrato dun mozo (h. 1482-83) - Témpera sobre táboa, 41 x 31 cm, Galería Nacional de Arte, Washington, D.C.
  • Venus e Marte (1483) - Témpera sobre táboa, 69 x 173 cm, National Gallery, Londres
  • Historia de Nastagio degli Onesti (1483):
    • Nastagio degli Onesti I - Témpera sobre táboa, 83 x 138 cm, Museo do Prado, Madrid
    • Nastagio degli Onesti II - Témpera sobre táboa, 83 x 138 cm, Museo do Prado, Madrid
    • Nastagio degli Onesti III - Témpera sobre táboa, 83 x 138 cm, Museo do Prado, Madrid
    • Nastagio degli Onesti IV - Témpera sobre táboa, 84 x 142 cm, Colección privada
  • Nacemento de Venus (1484) - Témpera sobre lenzo, 184,5 x 285,5 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Madonna da granada (1487)- Témpera sobre táboa, diámetro 143,5 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Madonna co Neno, santa Catalina de Alexandría, santo Agostiño, san Bernabé, san Xoán Bautista, san Ignacio e san Miguel Arcánxo (Pala de San Bernabé) (1487) - Témpera sobre táboa, 268 x 280 cm, Galería Uffizi, Florencia
    • Predela con Cristo muerto - Temple sobre táboa, 21 x 41 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Visión de santo Agostiño (ca. 1488) - Témpera sobre táboa, 20 x 38 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Cristo no sepulcro (h. 1488) - Témpera sobre táboa, 21 x 41 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Salomé con a cabeza do Bautista (ca. 1488) - Témpera sobre táboa, 21 x 40,5 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Extracción do corazón de san Ignacio (ca. 1488) - Témpera sobre táboa, 21 x 40,5 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Coroación da Virxe con san Xoán Bautista, santo Agostiño, san Xerome e san Elixio (Pala de San Marcos) (1488-1490) - Témpera sobre táboa, 378 x 258 cm (pala) e 21 x 269 cm (toda la predela) Galería Uffizi, Florencia
  • Retrato de Michelle Marullo (ca. 1491) - Témpera sobre lenzo transferido de madeira, 49 x 35 cm, Colección privada (en préstamo no Museo do Prado, Madrid)
  • Anunciación (1490-93) - Témpera sobre táboa, 23,9 x 36,5 cm, Museo Metropolitano de Arte, Nova York
  • Retrato de Lorenzo di Ser Piero Lorenzi (1490-95) - Témpera sobre táboa, 50 x 36,5 cm, Museo de Arte de Filadelfia, Filadelfia
  • Madonna do pavillón (h. 1493) - Témpera sobre táboa, diámetro 65 cm, Pinacoteca Ambrosiana, Milán
  • A Piedade (1495) - Témpera sobre táboa, 107 x 71 cm, Museo Poldi Pezzoli, Milán

n el Niño y san Juanito]] (1495) - Temple sobre táboa, 134 x 92 cm, Galería Palatina del Palacio Pitti, Florencia

  • A Calumnia (1495) - Témpera sobre táboa, 62 x 91 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Última comuñón de san Xerome (ca. 1495) - Témpera sobre táboa, 34,5 x 25,4 cm, Museo Metropolitano de Arte, Nova York
  • Retrato de Dante (ca. 1495) - Témpera sobre lenzo, 54,7 x 47,5 cm, Colección privada
  • Xudit abandona a tenda de Holofernes (1495-1500) - Témpera sobre táboa, 36,5 x 20 cm, Rijksmuseum, Ámsterdan
  • Crucifixión (h. 1497) - Témpera sobre lenzo, 73,5 x 50,8 cm, Museo de arte Fogg, Universidad de Harvard, Cambridge, Massachusetts
  • Oración no Horto (1498-1500) - Témpera sobre táboa, 53 x 35 cm, Capela Real, Granada
  • Catro cadros sobre a Vida de san Cenobio (1500-1505):
    • Bautismo de san Cenobio e ordenación como bispo - Témpera sobre táboa, 66,5 x 149,5 cm, National Gallery, Londres
    • Tres milagres de san Cenobio - Témpera sobre táboa, 65 x 139,5 cm, National Gallery, Londres
    • Tres milagres de san Cenobio - Témpera sobre táboa, 67 x 150,5 cm, Museo Metropolitano de Arte, Nova York
    • Último milagre e morte de san Cenobio - Témpera sobre táboa, 66 x 182 cm, Gemäldegalerie, Dresde
  • Natividade mística (1501) - Témpera sobre táboa, 108,5 x 75 cm, National Gallery, Londres

Galería de imaxes

    Pinturas
    Debuxos

Véxase tamén

Bibliografía

Tags:

Sandro Botticelli TraxectoriaSandro Botticelli Obras (selección)Sandro Botticelli Galería de imaxesSandro Botticelli Véxase taménSandro Botticelli1447148315001510FlorenciaItaliaMediciPintorRenacemento

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Candela PeñaBibTeXCanle (comunicación)Pemento de PadrónMiguel Ángel Zabalza BerazaO CarballiñoHomosexualidadeCessna T-37 TweetXinzo de LimiaTraxe galegoEduardo IndaBipartito galegoPovoaçãoCarrasco (planta)Amaia Martínez GrisaleñaMaría do Socorro Ortega RomeroMercedes QueixasEduardo MendozaLista de episodios de Shin ChanAlexander VórticeNúmero piPornografíaVicepresidencia do Goberno de EspañaSangueConvento do Carme de PadrónConceyu BableJosé López CamposXXX edición dos Premios GoyaMedalla CastelaoBrasiliaAs aves na cultura popular galegaRevolución dos CaraveisPablo EscobarPoesíaUcraínaÁlex FidalgoToxo arnalAlfonso Basterra CamporroDoenza de Paget de mamaHLA-DMFalange EspañolaÁreas lingüísticas do galegoFlorentino López CuevillasRoberto Vidal BolañoGame Boy Advance SPTelevisión de GaliciaRosalía de CastroReal Club Celta de VigoFoca monxeSete Sabios de GreciaSecretaría Xeral de Política LingüísticaLiteratura infantilEstado NovoXosé Manuel BeirasEstatua de Che Guevara en OleirosLudwig van BeethovenProvincias de EspañaBritney SpearsAmérica LatinapdwqjAlfonso RuedaEva Iglesias MiguénsEl Pueblo GallegoAbril na cultura popular galegaItxu DíazAmy WinehouseDistritos de PortugalHorteláXXXTentacionSonsoles Espinosa🡆 More