Prunus: Xénero de plantas

Prunus é un xénero de árbores e arbustos, que inclúe varias especies cultivadas polos seus froitos, como a ameixeira (Prunus domestica), a cerdeira, o pexegueiro, o abruñeiro, o loureiro real ou a amendoeira.

Prunus
Prunus: Descrición, Usos, Etimoloxía
Ilustración do pexegueiro (Prunus persica)
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Rosales
Familia: Rosaceae
Subfamilia: Spiraeoideae
Tribo: Amygdaleae
Xénero: Prunus
L.
Subxéneros
  • Amygdalus
  • Cerasus
  • Laurocerasus
  • Lithocerasus
  • Padus
  • Prunus
Sinonimia
  • Amygdalopersica
  • Amygdalophora
  • Amygdalopsis
  • Cerapadus
  • Ceraseidos
  • Emplectocladus
  • Lauro-Cerasus
  • Persica

Algunhas especies son propias de Galicia, aparecendo bravas en bosques, sebes e fragas, como a cerdeira brava ou o abruñeiro (escambrón). Ademais cultívanse dende a antigüidade no país como árbores froiteiras.

Descrición

Flor

As flores dos Prunus teñen cinco pétalos e cinco sépalos con cores que van do branco ao rosa. Poden ficar separadas, mais en acios ou en umbelas.

Follas

As follas son simples e xeralmente lanceoladas. O bordo é dentado.

Froito

O froito de todos os Prunus é unha baga (drupa) cunha carabuña de consderábel tamaño.

Usos

Prunus: Descrición, Usos, Etimoloxía 
Cerdeira xaponesa (Prunus serrulata) a florecer
Prunus: Descrición, Usos, Etimoloxía 
A cerdeiras son propensas á gomose.

O xénero Prunus inclúe todos os cultivares desenvolvidos para froitas comerciais como améndoas, albaricoques, cereixas, pexegos e ameixas (incluíndo abruños). A parte comestíbel da améndoa é en realidade a semente da carabuña; polo que o froito da amendoeira é realmente unha drupa, e non unha noz ou froito seco.

Algunhas especies, híbridos, e cultivares, tamén se empregan coma ornamentais, xeralmente pola floración que teñen, ás veces pola follaxe e forma, e, ocasionalmente, pola cortiza. Estas ornamentais inclúen os abruñeiros dos xardíns ou o grupo que poderíamos chamar cerdeiras de flor (sakura), as sonadas cerdeiras xaponesas usadas en xardinaría.

Outras especies coma o espiñento abuñeiro (Prunus spinosa), empréganse para formar sebes e valados nas estremas de leiras e xardíns.

A madeira dalgunhas especies (especialmente da cerdeira) son moi apreciadas en ebanistaría pola gran calidade.

Moitas especies botan resina aromática das feridas do troco; que ás veces ten uso medicinal ou coma tinturas.

Polo seu considerábel valor, tanto coma alimento, coma ornamental, moitas especies de Prunus foron introducidas en lugares do mundo onde non eran autóctonas, resultando, ás veces, naturalizadas.

Os Prunus serven de alimento a moitas larvas de lepidópteros, coma bolboretas e avelaíñas.

Etimoloxía

O nome do xénero Prunus vén do nome do froito en latín:prǔnu (ameixa). A verba galega bruño/abruño/abruñeiro viría directamente deste termo.

Taxonomía

Prunus foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 473–475, no ano 1753. A especie tipo é: Prunus domestica L.

A taxonomía é obxecto dalgunhas disputas; a meirande parte dos autores colócano dentro de Rosaceae, como a subfamilia Prunoideae ou Amygdaloideae, porén ocasionalmente considérsae unha familia de seu: Prunaceae ou Amygdalaceae. O gran número de especies de Prunus existentes aumenta significativamente as posibilidades de hibridación entre elas, polo que se dificulta unha correcta clasificación botánica, a isto cómpre engadirmos a importancia económica e alimentaria que ten o xénero, polo que a industria experimenta constantemente con hibridacións e novos cruzamentos.

Subxéneros

Dentro de Prunus distínguense seis subxéneros:

  • Amygdalus, que comprende o pexegueiro e a amendoeira, con floración a comezos da primavera, caracterizado por presentar gomos axilares en grupos de tres, drupas marcadas por unha depresión a un dos lados, e vaíñas das sementes sucadas profundamente;
  • Prunus, que comprende o albaricoqueiro (Prunus armeniaca) e mais a ameixeira, con floración a comezos da primavera, caracterizado por presentar gomos axilares solitarios, drupas marcadas por unha depresión a un dos lados, e vaíñas das sementes brugosas;
  • Cerasus, que comprende a cerdeira, con floración a comezos da primavera, caracterizado por presentar gomos axilares solitarios, drupas e vaíñas das sementes lisas;
  • Lithocerasus, que comprende as cerdeiras ananas, con floración a comezos da primavera, caracterizado por presentar gomos axilares en grupos de tres, drupas e vaíñas das sementes lisas;
  • Padus, con floración en acios a finais de primavera, caracterizado por presentar gomos axilares solitarios, dupas e vaíñas das sementes lisas;
  • Laurocerasus, perenne, con floración en acios a comezos da primavera, caracterizado por presentar gomos axilares solitarios, drupas e vaíñas das sementes lisas.

Especies en Galiza

Bravas

Froiteiras

Ornamentais

Listaxe xeral de especies no xénero Prunus

Esta listaxe é incompleta, mais inclúe a maioría das especies coñecidas.

Hemisferio oriental

Hemisferio occidental

Notas

Véxase tamén

Tags:

Prunus DescriciónPrunus UsosPrunus EtimoloxíaPrunus TaxonomíaPrunus SubxénerosPrunus Especies en GalizaPrunus Listaxe xeral de especies no xénero Prunus NotasPrunus Véxase taménPrunus

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xosé Ramón GayosoXunta de GaliciaCaralloOcéanoTangoEstrutura secundaria dos ácidos nucleicosAnguíaOxalacetatoPediastrumARN transferenteHesperornithesTipoloxía de vasos da Grecia antigaDía Internacional dos TraballadoresEd O'BrienDía das Letras GalegasIdade MediaWilliam Smith (lexicógrafo)The Eyes of the DragonCristina TapiasAtaque de denegación de servizoYouTubeMarjorie Emory SimpsonLecitinaRibocimaAletaAbdul KalamVesícula biliarLingua latinaDaniel RicciardoJulio IglesiasPosicións sexuaisBisonte europeoBantengChordataWillie ColónBerberechoÁcido succínicoÁreas lingüísticas do galegoMúsica das películas de Chano PiñeiroÁcido pentacosílicoHindemburg Melão Jr.Terreo (xeoloxía)PoriADN ZBrecaPeixes serraIndonesiaAngela MerkelRanger 5Oranjestad, ArubaRetorno a Tagen AtaIllas Virxes EstadounidensesVocalización das avesDiteaThe Chronicles of NarniaJackie ChanRubén CelaLeirón rabudoCarlos XV de SueciaAeroporto de Hangzhou-XiaoshanJuan Carlos Rodríguez CebriánTaurotragus oryxCondado de DalarnaThe BeatlesMatrimonio entre persoas do mesmo sexoDarío Caramés RuzaWilliams Grand Prix EngineeringHistoriografíaLleidaPlovdivOrixe das avesTranscrición xenéticaMétopaCoraciiformes🡆 More