Guindeira: Especie de planta

A guindeira (Prunus cerasus), é unha especie de Prunus do subxénero Cerasus, nativa de Europa e do sueste de Asia.

Guindeira
Guindeira: Descrición, Historia, Cultivo
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Rosales
Familia: Rosaceae
Subfamilia: Spiraeoideae
Tribo: Amygdaleae
Xénero: Prunus
Subxénero: 'Cerasus'
Sección: Cerasus
Especie: P. cerasus
Nome binomial
Prunus cerasus
L.

Está estreitamente emparentada coa cerdeira (Prunus avium), porén a súa froita é máis aceda e utilizada, especialmente, en preparacións culinarias (xaropes, licores etc.); por iso ás veces recibe o nome de cerdeira aceda.

Guindeira: Descrición, Historia, Cultivo

A súa froita chámase guinda.

En Galicia pódese atopar nalgunhas hortas e pomares particulares dende a antigüidade xunto a outras cerdeiras e demais froiteiras.

Descrición

A árbore, máis pequena que a cerdeira brava, medra entre 4-10 metros de altura, con moito ramallo en cada póla. As follas son ovaladas ou elípticas de 3,5 a 7,5 cm de lonxitude. Os froitos encarnados case negros, nacen nos talos máis curtos.

Historia

As cerdeiras foron cultivadas e seleccionados a partir de exemplares bravos de Prunus cerasus e a dubidosamente dispar especie P. acida, natural do Mar Caspio e o Mar Negro. Coñecidas polos gregos no 300 a. C., tamén eran populares entre os persianos e romanos, que introduciron as guindeiras na Gran Bretaña moito antes do século I. O seu cultivo popularizouse en tempos de Henrique VIII, no século XVI e contra o 1640 xa se rexistraran máis de dúas ducias de cultivares. Os colonos ingleses que chegaron a Massachusetts plantaron a primeira variedade de guindeira en América do Norte, a Kentish Red.

Antes da segunda guerra mundial existían máis de cincuenta cultivares en Inglaterra; hoxe, porén, cultívase pouco comercialmente e malia continuaren existindo as variedades Kentish Red, Amarelles, Griottes e Flemish, só é vendida a xenérica Morello na maioría dos viveiros. Esta variedade é de floración serodia, polo que ten que soportar menos xeadas, o que significa unha colleita máis produtiva. Os froitos maduran a finais do verán, finais de agosto en Inglaterra. É auto fértil e sería unha boa polinizadora para outras variedades se non florecese tan tarde.

En Galicia é tradicional o licor de guindas.

Cultivo

Estas cerdeiras cómpren de condicións semellantes ás requiridas para o cultivo de pereiras, é dicir solos húmidos ben drenados, esixindo máis cantidade de nitróxeno e de auga cá cerdeira doce .

Propiedades

  • Principios activos: contén sales potásicas, vestixios de polifenois: taninos catéquicos. Flavonoides.
  • Indicacións: úsase coma diurético, adstrinxente, expectorante. Indicado para estados nos que se requira un aumento da diurese: afeccións xenitourinarias (cistite, ureterite, uretrite, pielonefrite, oliguria ou urolitíase), hiperazotemia, hiperuricemia, gota, hipertensión arterial, edemas, exceso de peso acompañado de retención de líquidos. O seu uso coma diurético en presenza de hipertensión, cardiopatías ou insuficiencia renal moderada ou grave, só debe facerse por prescrición e baixo control médico, ante o perigo que pode supor a achega incontrolada de líquidos, a posibilidade de que se produza unha descompensación da tensión ou, se a eliminación de potasio é considerábel, unha potenciación do efecto dos cardiotónicos.

Taxonomía

Prunus cerasus foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 474–475, no ano 1753.

  • Cerasus ácida (Ehrh.) Borkh.
  • Cerasus austera (L.) Borkh.
  • Cerasus austera (L.) M.Roem.
  • Cerasus collina Lej. & Courtois
  • Cerasus fruticosa Pall.
  • Cerasus vulgaris Mill.
  • Prunus ácida Ehrh.
  • Prunus aestiva Salisb.
  • Cerasus austera (L.) Ehrh.
  • Cerasus avium subsp. acida (Ehrh.) Bonnier & Layens
  • Cerasus vulgaris subsp. acida (Ehrh.) Dostál (ed.)
  • Cerasus vulgaris var. frutescens (Neilr.) Cinovskis
  • Cerasus vulgaris var. caproniana (L.) Buia in Savul. (ed.)
  • Prunus caproniana (L.) Gaudin
  • Prunus cerasus subsp. acida (Ehrh.) Schübl. & G.Martens

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Cronquist, A. J., N. H. Holmgren & P. K. Holmgren. 1997. Vascular Plants of the Intermountain West, U.S.A., subclass Rosidae (except Fabales). 3A: 1–446. In A. J. Cronquist, A. H. Holmgren, N. H. Holmgren, J. L. Reveal & P. K. Holmgren (eds.) Intermount. Fl.. Hafner Pub. Co., Nova York.
  • Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York.
  • Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. vol. 2. 655 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, Nova York.
  • Gleason, H. A. & A. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–lxxv, 1–910. New York Botanical Garden, Bronx.
  • Radford, A. E., H. E. Ahles & C. R. Bell. 1968. Man. Vasc. Fl. Carolinas i–lxi, 1–1183. University of North Carolina Press, Chapel Hill.
  • Scoggan, H. J. 1978. Dicotyledoneae (Saururaceae to Violaceae). 3: 547–1115. In Fl. Canada. National Museums of Canada, Ottawa.
  • Small, J. K. 1933. Man. S.E. Fl. i–xxii, 1–1554. Published by the Author, Nova York.
  • Voss, E. G. 1985. Michigan Flora. Part II Dicots (Saururaceae-Cornaceae). Bull. Cranbrook Inst. Sci. 59. xix + 724.
  • Welsh, S. L. 1974. Anderson's Fl. Alaska Adj. Parts Canada i–xvi, 1–724. Brigham Young University Press, Provo.
  • Zuloaga, F. O., O. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Catálogo de las Plantas Vasculares del Cono Sur (Argentina, Sur do Brasil, Chile, Paraguay y Uruguay). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107(1): i–xcvi, 1–983; 107(2): i–xx, 985–2286; 107(3): i–xxi, 2287–3348.

Ligazóns externas

Tags:

Guindeira DescriciónGuindeira HistoriaGuindeira CultivoGuindeira PropiedadesGuindeira TaxonomíaGuindeira NotasGuindeira Véxase taménGuindeiraAsiaCerdeiraEuropaLicor de guindasPrunusPrunus avium

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Joe BidenBiston betulariaYouTubeManzanedaIllas CookCorpo cetónicoKingston, OntarioÁreas lingüísticas do galegoTriglicéridoLocativoProvincia de OurenseCopa do SarÁcido esteáricoGran Premio de España de 2013Aglais urticaeLingua estonianaFasiánidosOriente MedioCrise financeira de 2007-2008ARN mensaxeiroCobra viperinaEster ExpósitoLareira21 LutetiaDolores RedondoThe BeatlesEtanolWikipedia en waray-warayLance StrollPedro RieloAnimalRibocimaDécada de 1170Provincia da CoruñaOlaría da Grecia antigaXoves SantoÁcido fosfatídicoEnantiornithesHibernia (personificación)Carpa comúnGuerra civil rusaAngkor WatÁcido cápricoAnfipáticoMundial de Fútbol de 2014Maroon 5Gran CanariaCastrelo do ValShin ChanÁngel Pardo PuzoCancro colorrectalBelgradoXXX edición dos Premios GoyaFonoteca 92Carles PuigdemontClasificación de BaltimoreCinema pornográficoGrammy á carreira artísticaGiotto di BondoneTranslocase da membrana internaBrasilEucaliptoPorto da LúaA TeixeiraSabuguido, Vilariño de ConsoPatacaErgocalciferolPhoenicopteriformesAsemblea Xeral de IowaOurense🡆 More