A dos primates (Primates) é unha orde de mamíferos placentarios que abrangue 480 especie reunidas en 78 xéneros de prosimios e simios..
Primates Primates Rango fósil: Paleoceno - Actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Fotos de especies dalgunhas familias de primates: Daubentoniidae, Tarsiidae, Lemuridae, Lorisidae, Cebidae, Callitrichidae, Atelidae, Cercopithecidae, Hylobatidae e Hominidae. | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Distribución dos primates (non humanos) en verde | |||||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||||
|
Os primates xorden de antecesores que viviron en árbores de bosques tropicais e iso implica que as súas principais características débense a adaptacións a complexas contornas tridimensionais. A meirande parte das especies de primates seguen sendo, cando menos parcialmente, arbóreas. Todos os primates teñen cinco dedos (pentadactilidade), un patrón dental común e un primitivo (non especializado) deseño corporal.
Agás os humanos, que habitan en todos os continentes, a meirande parte dos primates viven nas rexións do trópico e subtrópico de América, África e Asia.
Varían en tamaño dende tan só 30 gramos do Microcebus berthae, aos 200 kg do Gorilla beringei graueri.
Segundo o rexistro fósil, os antecesores primitivos dos primates deberon existir dende finais do Cretáceo, hai 64 millóns de anos. Un dos fósiles máis próximos aos primates é Plesiadapis e data de entre 55-58 millóns de anos, a finais do Paleoceno. Estudos con reloxo molecular indican que a liña dos primates podería ser aínda máis antiga, orixinándose a mediados do Cretáceo, hai 85 millóns de anos.
A orde dos primates estivo tradicionalmente dividida en dous grupos principais:
Os prosimios teñen características máis semellantes aos dos primeiros primates e inclúe a especies como son os lémures, lorisoideos e tarseiros.
Os simios inclúen aos monos, simios e humanos. Arestora a orde dos Primates divídese en dúas subordes:
Esta división baséase na estrutura do nariz e do labio superior. A primeira suborde conta con orificios nasais externos rodeados por unha zona de pel espida e o beizo superior divídese en dous pola súa liña media, todo o cal fai que a expresión do rostro sexa limitada; pola contra, nos haplorrinos o beizo superior é continuo e móbil, e non existe unha zona de pel núa que rodee os orificios nasais, todo o cal facilita unha maior expresividade facial.
Os simios divídense en dous grupos:
Os catarrinos son os monos do Vello Mundo, como os babuínos e os macacos), os xibóns e os grandes simios. Os monos do Novo Mundo inclúen aos monos cebinos, monos ouveadores e monos esquío. Os humanos son os únicos catarrinos que se teñen expandido fóra de África, Asia do Sur e da Asia oriental con éxito; malia que os restos fósiles si mostran que houbo outras especies que o foran e estiveran presentes en Europa.
Aínda se están a descubrir novas especies de primates. Na década do 2000 descubríronse e clasificáronse taxonomicamente 25 especies e outras 11 na década do 2010.
A relación entre os diferentes grupos de primates non estivo ben esclarecida ata hai pouco, por iso, algúns termos poden dar a confusión aínda hoxe. Un caso é simio, que tanto ten sido empregado como alternativa a mono como para os primates sen rabo e con semellanzas aos humanos. Wilfrid Le Gros Clark foi un dos primatólogos que propuxo a tendencia evolutivo dentro dos primates e como a orde se podería distribuír nunha serie ascendente ata chegar aos humanos . As clasificacións como prosimios, monos, pequenos primates e grandes primates seguen esta idea. Mais arestora, varios destes grupos serían grupos parafiléticos, o que significa que aínda que todos os membros dese grupo teñen un antecesor común, ese grupo non incluiría a todos os descendentes dese antecesor. As clasificacións actuais inclúen a todos os descendentes dun antecesor común dentro do mesmo grupo.
No seguinte diagrama móstrase unha das posibles clasificacións dos actuais primates.
Primates |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Os grupos historicamente empregados, que aparecen nunha serie ascendente na árbore filoxenética e que son parafiléticos, son os seguintes:
Non existe un amplo consenso sobre que terminoloxía usar; se empregar os nomes comúns parafiléticos ou se empregar os nomes monofiléticos.
A orde dos Primates é parte do clado Euarchontoglires, que está dentro do clado de Eutheria na clase dos Mammalia. Os estudos de xenética molecular nos primates, en colugos e escadentes mostraron que as dúas especies de colugos están máis achegados aos primates vivos arestora ca aos ascendentes. malia que no seu momento estes últimos estiveran clasificados como primates. Esas tres ordes compoñen o clado dos Euarchonta. A combinación deste clado co clado dos Glires, que está composta por Roedentia e Lagomorpha, forman o clado dos Euarchontoglires. Tanto Euarchonta como Euarchontoglires están clasificados como superordes. Algúns científicos consideran que Dermoptera, os colugos, é unha suborde dos Primates e refírense á suborde dos Euprimates como a dos "verdadeiros" primates.
Euarchontoglires |
| ||||||||||||||||||||||||||||||
A liña dos primates pénsase que apareceu hai 65 millóns de anos, aínda cando os primates máis antigos coñecidos datan do Paleoceno tardío de África (que corresponde co fósil denominado Altiatlasius) ou da transición do Paleoceno-Eoceno nos continentes do norte, arredor de hai 55 millóns de anos (Cantius, Donrussellia, Altanius, e Teilhardina). Outros estudos, algúns co uso de reloxos moleculares, teñen estimado que a orixe da liña de primates está no Cretáceo Medio, aproximadamente hai 85 millóns de anos.
Coa cladística actual, os Primates son un grupo monofilético. A Suborde Strepsirrhini, os primates con rinario, pénsase que se separaron da liña de primates hai 63 millóns de anos, aínda que se propoñen datas anteriores. As sete familias de strepsirrhine son as cinco relacionadas coas familias de lémures e as dúas familias aínda viventes de lorisídeos e gálagos. A clasificación de ordes xuntaba a Lepilemuridae en Lemuridae e Galagidae dentro de Lorisidae, dando unha familia de catro a unha e non de cinco a unha como se mostra aquí. Durante o Eoceno, a meirande parte dos continentes estaban dominados por dous grupos: os adapiformes e os omomyides. O anteriores estaban considerados como parte dos Strepsirrhini, mais non tiñan un peite dental (un grupo de dentes largos, planos e curvados cara a diante) como o teñen os lémures modernos. Estudos recentes mostran que Darwinius massilae formaba parte deste grupo. Esta última especie estaba máis próxima aos társios, monos e simios. Cal é a relación destes grupos cos primates que actualmente aínda existen non está claro. Os Omomyidos desapareceron hai 30 millóns de anos e os adapiformes sobreviviron ata hai 10 millóns de anos
Os estudos xenéticos mostran que os lémures de Madagascar diverxeron dos lorisídeos hai aproximadamente 75 millóns de anos. Eses estudos, entre outros, indican que os lémures están máis relacionados entre si ca con calquera outro primate strepsirrhine. Porén, Madagascar separouse de África hai 160 millóns de anos e da India hai 90. Sendo iso así, pénsase que unha única poboación dispersouse atravesando dende África o océano cara a Madagascar hai 50 ou 80 millóns de anos e poboou o arquipélago.. Téñense valorado outras hipóteses de colonización, como é a das múltiples colonizacións desde África e a India pero ningunha destas está apoiada por estudos xenéticos ou moleculares.
Ata hai pouco [[Daubentonia madagascariensis]] non daba sido clasificado dentro de Strepsirrhini. As teorías que se tiñan proposto eran que a súa familia, Daubentoniidae, era ou un primate lemuriforme, o que significaría que os seus antecesores se separaran da liña de lémures máis recentemente que a de lémures e lorisídeos; ou un grupo irmán de todos os Strepsirrhine. No 2008 confirmouse que Daubentonia madagascariensis estaba máis achegado a orde de lémures Malagasy, o que supón que tería descendido igualmente desa mesma poboación ancestral que colonizou a illa.
A suborde de Haplorhini, está composta de dous clados próximos. Os prosimios társidos da familia Tarsiida, monotípicos na súa propia infraorde Tarsiiformes, son a división máis basal e apareceron hai 58 millóns de anos. O esqueleto de haplorrino máis antigo coñecido data de 55 millóns de anos e é un Archicebus. Foi atopado na China e iso dálle pé as orixes asiáticas da orde, algo que xa se propuxera. A infraorde de Simiiformes (primates simios, que son os monos, os simios e humanos) xurdiu hai 40 millóns de anos atrás posiblemente tamén en Asia. Se a orixe estivera alí tería habido unha dispersión oceánica polo Océano Thethys de Asia a África en moi pouco tempo. Hai dous clados de simios, que ambos son pavordes un son os Catarrhini, que está composto dos monos do Vello Mundo, os humanos e outros simios e que apareceron en África; e o outro son os Platyrrhini, que emerxeron en América do Sur e que son os monos do Novo Mundo. Un terceiro clado son os eosimiidos, que apareceron en Asia pero que se extinguiron hai millóns de anos.
Igual que co caso dos lémures, a orixe dos monos do Novo Mundo non está clara. Os estudos moleculares deron unha ampla estimación das datas de diverxencia entre os platyrrhinos e os catarrhinos, variando entre 33 a 70 millóns de anos. Porén os estudos de secuencias mitocondriais deron un rango menor, de entre 35 a 43 millóns de anos. Os primates antropoides probablemente atravesaron o océano Atlántico dende África a América do Sur durante o Eoceno polo salto de illa a illa, que sería posible polas dorsais do atlántico e o baixo nivel do mar. Outra posibilidade sería que fora froito dunha única migración transoceánica, xa que a separación do océano Atlántico nese momento non era tan distante como o é hoxe.
Os simios e os monos espalláronse dende África a Europa e Asia dende o Mioceno. Moi pouco despois os lorisídeos e os társios fixeron a mesma viaxe. Os primeiros homínidos fósiles descubríronse no norte de África e datan de 5 a 8 millóns de anos de antigüidade. Os monos do Vello Mundo desapareceron de Europa hai 1.8 millóns de anos Os estudos moleculares e de restos fósiles mostran polo xeral que os humanos modernos apareceron en África entre hai 100 mil e 200 mil anos.
Malia que os primates son un grupo que, en comparanza con outro grupos de animais, foron ben estudados; estanse a descubrir novas especies de Primates e os estudos xenéticos están mostrar especies previamente non identificadas. Arestora apréciase un recente aumento no número de especies, chegando a 424 especies e 658 subespecies.
Os principais caracteres dos primates, en relación coa súa vida arborícola, son:
Especies | Feminina | Masculina |
---|---|---|
Gorila | 105 kg (231 lb) | 205 kg (452 lb) |
Home | 62.5 kg (137.5 lb) | 78.4 kg (172 lb) |
Mono patas | 5.5 kg (12 lb) | 10 kg (22 lb) |
Mono narigudo | 9 kg (20 lb) | 19 kg (42 lb) |
Tití anano | 120 g (4.2 oz) | 140 g (5 oz) |
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Primates |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Primates, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.