Galagidae

 Otolemur  Euoticus  Galago  Sciurocheirus  Galagoides

Galagidae
Galagidae
Otolemur crassicaudatus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Suborde: Strepsirrhini
Superfamilia: Lorisoidea
Familia: Galagidae
Gray, 1825
Xéneros

Os Galagidae (galáxidos) son un grupo de pequenos primates nocturnos nativos de África continental, que constitúen unha familia. Tamén se lles chama ás veces Galagonidae (galagónidos) ou, simplemente, gálagos en xeral (aínda que hai un xénero que se chama especificamente Galago). Algunhas veces, en vez de tratalos como unha familia propia, son incluídos como subfamilia dentro dos Lorisidae ou Loridae (lorísidos, lóridos).

Galagidae
Otolemur garnettii

Tanto en variedade coma en abundancia, estes animais son os primates primitivos de maior éxito de África, segundo a African Wildlife Foundation.

Características

Os Galagidae teñen grandes ollos que lles proporcionan unha boa visión nocturna, fortes extremidades posteriores, unha audición aguda e longos rabos que lles axudan a equilibrarse. Os seus oídos son parecidos aos dos morcegos e permítenlles rastrear insectos na escuridade. Capturan insectos no chan ou apáñanos polo aire. Son criaturas rápidas e áxiles. Como están ligados a unha vida en mestos arbustos, dobran as súas delicadas orellas para así protexelas. Tamén as dobran cando descansan. Teñen uñas na maioría dos dedos, agás na segunda deda dos pés posteriores, que ten unha garra de acicalamento. As súas dietas son unha mestura de insectos e outros pequenos animais, froitos e resinas das árbores. Teñen incisivos pectinados (con forma de peite) e a súa fórmula dental é: 2.1.3.32.1.3.3

Despois dun período de xestación de 110 a 133 días, as crías nacen cos ollos medio pechados e son inicialmente incapaces de moverse independentemente. Pasados de 6 a 8 días, a nai transporta a cría colléndoa coa boca e póusaa en pólas mentres ela se alimenta. As femias poden ter unha cría, xemelgos ou trixemelgos e poden ser moi agresivas. Cada neonato pesa menos de 14 g. Durante os primeiros tres días, a cría está en constante contacto coa nai. A nai aliméntaa durante seis semanas e pode alimentarse por si mesma aos dous meses. A cría medra rapidamente, xeralmente causando que a nai camiñe torpemente cando a tansporta.

As femias manteñen un territorio, pero compárteno cos seus fillos, formando grupos sociais que consisten en femias estreitamente relacionadas e as súas crías. Os machos abandonan os territorios das súas nais despois da puberdade, e os machos adultos manteñen territorios separados, que se solapan cos dos grupos sociais de femias. Xeralmente un macho adulto aparéase con todas as femias dunha área. Os machos que non foron quen de establecer un territorio propio ás veces forman pequenos grupos de individuos solteiros.

Ás veces estes animais téñense como mascotas, aínda que non se recomenda, porque, igual que ocorre con outros primates non humanos, considéranse fonte probable de zoonoses.

Os Galagidae comunícanse tanto chamándose uns a outros coma marcando os camiños por onde van con urina. Seguindo o cheiro da urina, poden chegar exactamente á mesma póla que marcaron. Todas as especies emiten chamdas fortes ou chamadas de anuncio específicas de especie. Estas chamadas teñen moitas funcións diferentes. Unha función é a identificación a longa distancia e a diferenciación entre unha especie e outra, e os científicos poden hoxe endía recoñecer todas as especies coñecidas de Galagidae polas súas chamadas fortes. Ao final da noite, os membros dun grupo usan unha chamada especial para xuntarse e agruparse para durmir nun niño feito de follas, ou nun grupo de pólas ou nun oco nunha árbore.

Salto

Estes primates teñen unha salientable capacidade de choutar. O informe fiable do maior salto dun gálago é de 2,25 m. Segundo un estudo publicado pola Royal Society, tendo en conta a masa corporal do animal e que a masa muscular da perna supón un 25% do total, os músculos do salto do gálago deben funcionar cunhas prestacións de seis a nove veces mellores que os dunha ra. Pénsase que isto se debe a que se almacena enerxía elástica nos tendóns das patas traseiras, o que lles permite dar maiores saltos do que se esperaría nun animal do seu tamaño. Cando está a medio voo durante o salto dobra as pernas e brazos achegándoos ao corpo; despois sepáraos no último segundo para agarrar a póla da árbore. Nunha serie de saltos, poden cubrir unha distancia de 9 m en poucos segundos. O rabo, que é máis longo que as lonxitudes da cabeza e corpo combinadas, axuda aos poderosos músculos das patas a dar eses poderosos saltos. Pode andar a saltiños como os canguros ou simplemente correr ou andar a catro patas. Estes movementos tan fortes, complicados e coordinados están baixo o control da metade rostral do córtex parietal posterior que está ligado ás áreas motora, premotora e visuomotora do córtex frontal.

Estrutura social

Xeralmente, a estrutura social dos Galagidae ten aspectos sociais e aspectos de vida solitaria. Isto pode verse nos seus xogos. Pendúranse das pólas ou gabean alto e lanzan cousas. Os xogos sociais inclúen xogos de loitas, de acicicalamento e de seguimento. Cando realizan o xogo de seguimento, dous gálagos choutan esporadicamengte e perséguense uns a outros polas árbores. Os individuos máis vellos do grupo prefiren repousar sós, pero os novos están en constante contacto entre si. Isto obsérvase na especie Galago garnettii (ou Otolemur garnettii). As nais adoitan deixar as crías soas durante longos períodos de tempo e non intentan impedir que as crías se separen delas. Ao contrario, as crías tratan de permanecer preto da nai e inician accións para manter unha estreita proximidade coa nai e activar as interaccións sociais materno-filiais.

O acicalamento é unha parte moi importante da vida diaria destes animais. Adoitan acicalarse antes, durante e despois de descansar. O acicalamento social é realizado máis frecuentemente polos machos no grupo. As femias a miúdo rexeitan os intentos feitos polos machos de acicalalas.

Clasificación

Segundo as clasificacións existentes, os Galagidae poden agruparse en tres xéneros (Euoticus, Galago e Otolemur), ou noutras clasificacións en cinco xéneros, distinguíndose dous xéneros máis (Galagoides e Sciurocheirus), ás veces incluídos no xénero Galago:

A clasificación con cinco xéneros é:

Galagidae 
Gálagos
Galagidae 
Gálago

Familia Galagidae - gálagos

  • Xénero Euoticus, gálagos de garras de agulla
    • E. elegantulus
    • E. pallidus
  • Xénero Galago, gálagos menores
    • Grupo do Galago senegalensis
      • G. senegalensis
      • G. moholi
      • G. gallarum
    • Grupo do Galago matschiei
      • G. matschiei
  • Xénero Galagoides, gálagos ananos
    • Grupo do Galagoides zanzibaricus
      • G. zanzibaricus
      • G. granti
      • G. nyasae
    • Grupo do Galagoides orinus
      • G. orinus
      • G. rondoensis
    • Grupo do Galagoides demidoff)
      • G. demidovii
      • G. thomasi
      • G. cocos
  • Xénero †Laetolia
    • Laetolia sadimanensis
  • Xénero Otolemur, gálagos maiores ou de rabo groso
    • O. crassicaudatus
    • O. monteiri
    • O. garnettii
  • Xénero Sciurocheirus, gálagos esquíos
    • S. alleni
    • S. cameronensis
    • S. gabonensis
    • S. makandensis

Xenoma

Está determinándose a secuencia xenómica parcial da especie Otolemur garnettii. Como é un primate 'primitivo', esta secuencia será especialmente útil para relacionar as secuencias dos primates superiores (macaco, chimpancé, humanos) con animais non primates próximos, como os roedores.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Galagidae CaracterísticasGalagidae Estrutura socialGalagidae ClasificaciónGalagidae XenomaGalagidae NotasGalagidae Véxase taménGalagidae

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Paulino PereiroFauna de GaliciaGheadaMateo KovačićDibencil cetonaO. J. SimpsonUtopía e distopía na literaturaLeón, EspañaCinema de GaliciaManuel MaríaOU-621ViveiroOs biosbardosToni KroosLista de castelos de PortugalAzumanga DaiohFelipe Senén LópezLista de concellos de ZamoraSarriaGoogleAdolf HitlerFestas MinervaisInterferencia lingüísticaFlorentino PérezPedro ChoscoIndiaFrida KahloEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Lingua inglesaRosalía de CastroAmesListenbourgBugalloAlcaldes da EstradaBatalla de CacheirasPorno duroA CoruñaCruz de BorgoñaLista de aeroportos en ArmeniaVicepresidencia da Xunta de GaliciaCoristancoJude BellinghamAlbert EinsteinEstatua de Che Guevara en OleirosMaría Xesús LorenzanaLeninTilacoideRusiaXXX edición dos Premios GoyaConsellería de Cultura, Lingua e XuventudeEuskal Herria BilduManchesterXXXTentacionUnión do Povo GalegoXestaSalvador Puig AntichBifidobacteriumPatricia HighsmithBoqueixónRamiro CarregalManuel MurguíaTereixa NavazaBárbaroJohann Sebastian BachArias MuñizJosé Manuel Rodríguez PuenteLeninismoVilanova de ArousaCerdeiraManuel María Puga PargaGonzalo López AbenteQDigital object identifier🡆 More