Planeta Anano: Categoría de corpos celestes

Un planeta anano e unha categoría de corpos celestes no sistema solar acordada pola Unión Astronómica Internacional (IAU) o 24 de agosto de 2006.

Esta resolución describe un planeta anano coma un obxecto que:

  • está na órbita arredor do Sol,
  • a súa gravidade supera as forzas do corpo ríxido e asuma unha forma en equilibrio hidrostático (practicamente esférica)
  • non limpou o espazo circundante da súa órbita,
  • non é un satélite dun planeta ou doutro corpo non estelar.

Esta definición incorpora a Plutón entre os planetas ananos, e deixa de ser planeta porque non liberou o espazo circundante da súa orbita, o Cinto de Kuiper, e o seu planeta dobre Caronte.

Listaxe de planetas ananos

A IAU identificou oficialmente tres corpos celestes que inmediatamente recibiron a clasificación de "planeta anano" :

Obxecto Tipo Diámetro
(km)
Masa
(kg)
Planetas ananos
Nome Categoría Diámetro Masa
Ceres Asteroide 975×909 km 9.5 × 1020 kg
Plutón Plutoniano 2306±20 km ~1.305 × 1022 kg
Haumea Plutoniano 1.150 (−100 +250) km 4,006 ± 0,040 × 1021 kg
Makemake Plutoniano 1.300–1.900 km ~4 × 1021 kg
Eris Obxecto disco espallado 2400 km ± 100 km descoñecida

Adicionalmente, hai outros corpos que poderían ser considerados "planetas ananos". Destes seguintes crese que teñen un diámetro maior ca 750 quilómetros en diámetro:

Posibles planetas ananos
Nome Categoría Diámetro Masa
2005 FY9 ("Coello de Pascua") Cubewano 1600 – 2000? km descoñecida
Orcus Plutoniano 840 – 1880 km 6.2 - 7.0 × 1020 kg
Sedna Obxecto disco espallado 1180–1800 km 1.7-6.1 × 1021 kg
"Santa" Cubewano ~ 1500 km ~4.2 × 1021 kg
50000 Quaoar Cubewano 989 - 1346? km 1.0-2.6 × 1021 kg
Caronte Plutoniano 1207 km ± 3 km (1.52±0.06)×1021 kg
2002 TC302 Obxecto disco espallado ≤ 1200 km descoñecida
Varuna Cubewano ~936 km ~5.9 × 1020 kg
2002 UX25 Cubewano ~910 km ~7.9 × 1020 kg
2002 TX300 Cubewano <900 km descoñecida
Ixión Plutoniano <822 km descoñecida
2002 AW197 Cubewano 700±50 km descoñecido

(Véxase Mesoplaneta para entender mellor os métodos de clasificación.)

Malia o novo sistema de clasificación, mantéñense outros termos coma os de asteroide e obxecto do Cinto de Kuiper. Estas definicións baséanse na situación do corpo no sistema solar e/ou a súa composición e historia. Ceres segue a ser o asteroide mais grande e Plutón continúa a ser un obxecto do Cinto de Kuiper malia a súa clasificación coma planetas ananos.

O estado de Caronte, hoxe en día considerado un satélite de Plutón, segue a ser incerto. Isto débese a que non hai unha definición clara de que constitúe un satélite nun sistema binario coma o caso de Plutón e Caronte, que orbitan entre si arredor dun punto do espazo.

O asteroide mais grande tras Ceres, Vesta, semella semi-esférico, pois ten un lado plano, namentres que Palas e Hixiea son irregulares mais parcialmente redondeados pola gravidade, polo que poderían entrar nos novos criterios da IAU.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Planeta Anano Listaxe de planetas ananosPlaneta Anano NotasPlaneta Anano Véxase taménPlaneta Anano200624 de agostoObxecto astronómicoSistema solarUnión Astronómica Internacional

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ShinovaCampo Municipal de Las LlanasIker CasillasTelevisión de GaliciaDeportivo da CoruñaMoscovaXunta de GaliciaDover (banda)Río TíberCatedral de la Seu d'UrgellTotó GarcíaJosé Ernesto Díaz NoriegaMúsica tradicional galegaKarmaGoizuetaCristina Pérez HerraizFrancisco AñónCharles de GaulleLista de nomes femininos en galegoLista de concellos da CoruñaJorge MiraCharles MansonCarlos II de EspañaSabela (Operación Triunfo)Mela CasalLisboaAndorraCurmánCopia por contactoXosé Ramón Fernández-OxeaPedro RieloTorre de HérculesTonhito de PoiFernando GuillénMarco AurelioRafael NadalDonicelaPremios Follas Novas do Libro GalegoLino LópezIrúnGrândola, Vila MorenaGolda MeirCeleste CaeiroJuan Carlos Rodríguez CebriánO comparativo galegoRamiro CarregalEmilio Gutiérrez CabaWill SmithReal Federación Española de FútbolMasculino e feminino en galegoSupermartesHaxixBóvedaLista de castelos de PortugalAlemañaRiba-roja de TúriaTaylor SwiftXosé Antonio TouriñánMarraxoOs Castros, A CoruñaCándido Conde-Pumpido VarelaCristovo ColónZakat al-FitrVigoXaxún no islamAgulla (peixe)Lista de nomes masculinos en galegoMondraElla Baila SolaDavid BustamanteAndrés PajaresSalvador García-BodañoMaría Jesús MonteroSabugueiroA Cañiza🡆 More