Nellie Bly: Xornalista estadounidense

Elizabeth Jane Cochran nada en Cochran's Mills, Pensilvania o 5 de maio de 1864 e finada en Nova York o 27 de xaneiro de 1922, coñecida polo seu pseudónimo Nellie Bly, foi unha xornalista, escritora e empresaria estadounidense.

Foi a primeira reporteira de xornalismo de investigación e pioneira do xornalismo encuberto. En 1889 rebaixou en oito días a marca de 80 días en "dar a volta ao mundo" narrada por Jules Verne na súa novela A volta ao mundo en oitenta días.

Infotaula de personaNellie Bly
Nellie Bly: Traxectoria, Recoñecementos, Notas
(década de 1890) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Elizabeth Jane Cochran Editar o valor em Wikidata
5 de maio de 1864 Editar o valor em Wikidata
Burrell Township, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xaneiro de 1922 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Pneumonía Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio de Woodlawn Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaNova York
Roosevelt Island (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXornalismo de opinión, Escrita creativa e profesional, discoveries and inventions (en) Traducir, beneficência (pt) Traducir e circum-navegação (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , viaxeira , inventora , novelista , xornalista , sufraxista Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioNellie Bly Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeRobert Seaman (1895–1904), morte do cónxuxe
Cronoloxía
14 de novembro de 1889-25 de xaneiro de 1890circumnavigation of Earth (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Nellie Bly: Traxectoria, Recoñecementos, Notas Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Cochran-2 Find a Grave: 106 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Elizabeth Jane Cochran naceu en Cochran's Mills, Pensilvania, a dez millas de Pittsburgh. Era coñecida como "Pinky" por usar moito a cor rosa de nena. A súa nai, Mary Jane, era ama de casa e criaba as súas fillastras e fillastros. O seu pai, Michael, era un modesto peón e traballador dos muíños. Na súa adolescencia Elizabeth cambiou o seu apelido a Cochrane, xa que aparentemente o e lle daba un aire de sofisticación. Estivo nun internado durante un semestre, pero debeu abandonalo por falta de diñeiro. En 1880, Cochran e a súa familia mudáronse a Pittsburgh.

Unha columna sexista no xornal Pittsburgh Dispatch impulsouna a redactar a súa primeira carta ao editor baixo o pseudónimo de "Lonely Orphan Girl" ("Orfa solitaria"). A calidade da misiva fixo que este último convidase a Cochran (que estaba en busca de emprego) a unirse ao diario como reporteira. O mesmo editor foi o que lle deu a "Pink" o pseudónimo Nellie Bly, en honra á personaxe da canción do mesmo nome, de Stephen Foster.

Bly escribiu algúns artigos de investigación antes de ser relegada á sección para mulleres. Abandonou o Dispatch e viaxou a Nova York, onde solicitou emprego no xornal sensacionalista The New York World, de Joseph Pulitzer. Pulitzer contratouna, e asignóuselle como primeiro traballo a escritura dun artigo sobre un asilo psiquiátrico para mulleres en Blackwell's Island. Bly internouse no asilo, expóndose ás horribles condicións ás que se sometía ás pacientes. Trala experiencia escribiu a reportaxe titulada "Ten Days in a Mad-House" ("Dez días nun manicomio") denunciando os abusos da administración sobre os pacientes e obrigou as autoridades sanitarias a tomar medidas drásticas sobre o trato aos enfermos mentais, abrindo unha investigación oficial e liberándose orzamento para mellorar a asistencia a devanditos enfermos.

Este tipo de xornalismo encuberto eventualmente converteríase no seu estilo particular, ademais da súa visión feminista do mundo, que lle permitiu achegar outra perspectiva aos seus artigos e ser pioneira ao embarcarse en proxectos até entón reservados aos homes.

Nellie Bly: Traxectoria, Recoñecementos, Notas 
Nellie Bly, finais da década de 1880.

En 1888 suxeríuselle ao World que mandase un reporteiro nunha viaxe ao redor do mundo, en referencia ao libro A volta ao mundo en oitenta días (escrito por Jules Verne). Nellie Bly foi escollida como a reporteira a realizar dita fazaña e o 14 de novembro de 1889 a aventureira partiu na súa viaxe de 24.889 millas desde Nova York.

Itinerario da súa volta ao mundo

Tardou seis días en chegar a Southampton, onde tomou un tren para Londres, e de alí pasou alén do canal da Mancha a Calais, co tempo xusto de tomar outro tren e dirixirse a París, con parada en Amiens, onde coñeceu a Jules Verne quen, escéptico, díxolle "Señorita, se é vostede capaz de facelo en 79 días, eu felicitareina publicamente".

Dende París trasladouse a Brindisi, ao sur de Italia, e dende alí tomou un vapor co que cruzou o Mediterráneo, con parada en Port Said, antes de atravesar o canal de Suez; cruzou logo o mar Vermello e o mar Arábigo e fixo escala no porto de Adén no Iemen.

Cruzou logo o océano e fixo escala en Colombo, a capital da illa de Ceilán. Dende alí dirixiuse a Malaisia, logo a Singapur e a Hong Kong e despois a Yokohama, o único lugar non británico.

Dende alí partiu cara a San Francisco, na costa oeste dos Estados Unidos, que cruzou en tren, presentándose en Nova York aos 72 días, seis horas 11 minutos e algúns segundos, o 25 de xaneiro de 1890. O experimento fora todo un éxito e a prensa mundial fíxose eco da súa fazaña.

Bly estableceu unha nova marca mundial ao dar a volta ao mundo en tan pouco tempo (meses despois, George Francis Train rompeu esta nova marca ao completar devandita viaxe en 67 días). Foi a primeira muller en navegar o mundo soa, sen compañía nin protección dun home, e chegou a inspirar as mulleres occidentais.

Correspondente de guerra

Nellie Bly contraeu matrimonio co millonario Robert Seaman en 1895, e ao mesmo tempo retirouse do xornalismo por algún tempo. Cando Seaman morreu en 1904, Bly tomou as rendas das empresas do seu marido e realizou reformas sanitarias nelas, modificou horarios e ofreceu salarios máis xustos, o que lle carrexou unha popularidade engadida. Finamente arruinouse e tivo que volver dedicarse ao xornalismo. Entón comezou a escribir no Evening Journal, de Nova York.

Traballou como xornalista unha vez máis e informou dos eventos da convención de 1913 a favor do sufraxio feminino. Tamén viaxou a Europa durante a primeira guerra mundial e exerceu como reporteira dende a fronte leste, converténdose nunha das primeiras mulleres correspondentes de guerra.

Elizabeth "Pink" Cochrane morreu aos 57 anos de pneumonía. Está enterrada no mesmo cemiterio que outra famosa xornalista falecida en 1929: Elizabeth Bisland, quen competiu con Bly na volta ao mundo.

Recoñecementos

En Brooklyn (Nova York) existe un pequeno parque de atraccións que leva o nome de Elizabeth e ten como tema A volta ao mundo en oitenta días.

En 1998 foi recoñecida na National Women's Hall of Fame.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Nellie Bly TraxectoriaNellie Bly RecoñecementosNellie Bly NotasNellie Bly Véxase taménNellie Bly1864192227 de xaneiro5 de maioA volta ao mundo en oitenta díasEscritorEstados Unidos de AméricaJules VerneNova YorkPensilvaniaXornalista

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Carlos SedesArturo RegueraYouTubeMarie CurieFeixónVivir sin permisoMaría Jesús MonteroTristán UlloaClub Deportivo OurenseLuz FandiñoJosé Ramón Romero GarcíaMaría JamardoRuxe RuxeDía das Galegas nas LetrasPanteón de Galegos IlustresPortadaMariano RajoyCantiga de amigoMadridVulgarismoIria MisaAna AcuñaProxyRochoBala (grupo musical)Peter FondaClaudio MonteverdiHard GZADP-ribosilaciónEnciclopediaO porco de péOza Juvenil Sociedad DeportivaSimón BolívarFeniciosAndy da FonteA poeta analfabetaElvira Fernández BalboaDiocese católica latina de Mondoñedo-FerrolJohn LennonRoko (actriz)Televisión de GaliciaGaliciaRoxos, Villestro, Santiago de CompostelaBueuMaría RozasDe catro a catroMona LisaPartido Comunista dos Traballadores de EspañaPolinomios de ChebyshevDaniel de la TorreAlmoite, Almoite, Baños de MolgasNeptunoJeremy CorbynHeredeiros da CrusContactRevolución FrancesaFrancisco Porto ReyRocco SiffrediTrackbackPorto do Souto, A Canda, PiñorEsteban Cortizas VilarAReino Armenio de CiliciaCastro de Punta do BicoOJesús Vázquez AlmuíñaDía das Letras GalegasJorge ArmestoLagarto arnalUnión Deportiva OurenseInés ReyThe Beekeeper (2024 film)WikipediaAlfonso Basterra CamporroPaula CarballeiraHistoria do cinema de Galicia🡆 More