Cuentos De Buenas Noches Para Niñas Rebeldes

Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes é unha serie de libros infantís, para nenas e nenos de 6 anos en diante.

Os libros foron financiados a través do sitio web de crowdfunding, Cada un dos libros inclúe cen historias curtas sobre biografías de mulleres reais que poden ser un modelo, cada biografía vén acompañada de ilustracións realizadas por artistas mulleres de todo o mundo.

Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes
Autor/aElena Favilli e Francesca Cavallo
OrixeEstados Unidos de América
Lingualingua inglesa
Xénero(s)conto e Literatura infantil
Data de pub.2016 e 2017
editar datos en Wikidata ]

Escritura e publicación

O primeiro volume de Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes foi escrito por Elena Favilli e Francesca Cavallo, publicado orixinalmente en inglés en 2016 e en 2017 en español. O primeiro e segundo libro foron financiados polo achegue colectivo (crowdfunded) na plataforma web Kickstarter, ambos rompendo marcas no sitio web. O primeiro volume foi "o libro infantil máis financiado" en Kickstarter, recadando máis dun millón de dólares, o segundo volume foi o seu "proxecto editorial de financiamento máis rápido". É considerado o caso máis exitoso a nivel internacional como método de autofinanciación editorial.

O segundo volume, con outras cen biografías, foi publicado en 2018 nas edicións en inglés e español. O terceiro volume, que inclúe unicamente mulleres migrantes, foi publicado en outubro de 2020 nas edicións en inglés e en español. En español os tres volumes publicáronse en formato de audiolibros.

Como marca Niñas Rebeldes firmou un acordo coa editorial Planeta para que se publicasen durante 2021 diferentes libros de Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes, para diferentes países de Latinoamérica: México, a Arxentina, o Perú, Chile, Colombia, Ecuador e o Uruguai. Cada edición terá a súa propia publicación, cunha selección de mulleres destacadas para cada país, realizada por escritoras e ilustradores do mesmo país.

Biografías

A lista das biografías incluídas no tomo 1:

O tomo 2 contén as biografías de:

O terceiro libro, dedícase especificamente ás mulleres migrantes, que deixaron o seu país de orixe e desenvolveron a súa vida e carreira noutro país achegando contribucións significativas na súa comunidade:

  • Rapelang Rabana
  • Reyna Duong
  • Rihanna
  • Roja Maya Limbu e Sujana Rana
  • Rosalie Abella
  • Rose Fortune
  • Roseli Ocampo-Friedmann
  • Samantha Power
  • Sandra Cauffman
  • Sara Mazrouei
  • Sara Anne McLagan
  • Sau Lan Wu
  • Surya Bonaly
  • Susan Francia
  • Zsuzsa Polgár
  • Tereza Lee
  • Timnit Gebru
  • Turia Pitt
  • Velma Scantlebury
  • Xiye Bastida
  • Yoky Matsuoka
  • Yoshiko Chuma
  • Young Jean Lee
  • Yuan Yuan Tan
  • Zainab Salbi

España

A edición que selecciona as cen biografías de españolas titulouse Cuentos de buenas noches para nuestras niñas rebeldes. Neste libro aparecen as biografías de 18 mulleres galegas.

Vendas

Cuentos de buenas noches vendeu máis dun millón de copias e foi traducido a máis de 47 idiomas. Recibiron eloxios por ser unha alternativa á representación estereotípica das nenas e as mulleres na ficción (como as princesas de Disney), ou libros sobre heroes que centran principalmente nos protagonistas masculinos, enfócase en dicirlle ás mozas que poden crecer para ser o que desexen, independentemente do que pensen os demais. O libro converteuse nun referente do movemento de apoderamento da muller.

A inclusión de Aung San Suu Kyi no primeiro libro recibiu críticas polo seu fracaso en condenar a actual persecución Rohingya en Myanmar. Favilli e Cavallo comentaron que están a considerar (pero non se comprometeron) a sacala de futuras impresións do libro.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Cuentos De Buenas Noches Para Niñas Rebeldes Escritura e publicaciónCuentos De Buenas Noches Para Niñas Rebeldes BiografíasCuentos De Buenas Noches Para Niñas Rebeldes EspañaCuentos De Buenas Noches Para Niñas Rebeldes VendasCuentos De Buenas Noches Para Niñas Rebeldes NotasCuentos De Buenas Noches Para Niñas Rebeldes Véxase taménCuentos De Buenas Noches Para Niñas Rebeldes

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BacaladaADN polimeraseLeirón rabudoXunta de GaliciaCristovo ColónHuniCristianismo e homosexualidadeFukuokaOriente MedioMercedes-Benz C112Giotto di BondoneCastrelo do ValLeón, EspañaGuerra civil rusaApp Store (iOS)GalloanseraeSangueMachu PicchuLogaritmoCinque TerreAnna Maleras ColoméTipoloxía de vasos da Grecia antigaColectivizaciónGallus gallus domesticusRío AmazonasTeoría de conxuntosLynx rufusFroita silvestreAporofobiaEspañaCentrocampistaParafiléticoMila KunisSantiago de CompostelaTartaruga xigante das GalápagosPlebeEstados Unidos de AméricaMela CasalFrancisco Porto MellaOs ÁnxelesNoruegaNoelia ReyÁcido caprílicoGarcía Pardiñas Vilar de FrancosSan Xoán de RíoMesodermaDobre héliceRenacemento carolinxioEdicto de MilánRick and MortyAsemblea Xeral de IowaPolpa dentariaCaviarShin ChanMarcello BertinettiOpisthocomiformesPietro BadoglioLingua inuktitutADN mitocondrialWillie ColónTerceira dinastía de ExiptoCamarón de areaGrafenoFisioterapiaÁcido undecanoicoRaleigh, Carolina do NorteQuirópterosColesBearizComunicación celular2005República Socialista Soviética de LituaniaCallosobruchus chinensisNorth American Racing Team🡆 More