Isabel Allende: Escritora chilena

Isabel Allende Llona ( pronunciación (axuda · info)), nada en Lima (Perú) o 2 de agosto de 1942, é unha escritora chilena.

Actualmente reside nos Estados Unidos. Unha das escritoras máis destacadas do mundo, con vendas por riba de 35 millóns de exemplares e traducida en 27 linguas. A súa obra vén marcada pola ditadura chilena, implantada co golpe militar que en 1973 derrubou o goberno do seu tío Salvador Allende.

Infotaula de personaIsabel Allende
Isabel Allende: Traxectoria, Obra, Premios
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de agosto de 1942 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Lima, Perú Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América (2003–)
Chile Editar o valor em Wikidata
EducaciónLiceo N.º 1 Javiera Carrera Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónNovelista
Período de actividade1982
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela e novela curta Editar o valor em Wikidata
MovementoFeminismo e realismo máxico Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaCastelán
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeWillie Gordon (1988–2015)
Miguel Frías (1962–1987)
FillosPaula Frías Allende (pt) Traducir
 (Isabel Allende: Traxectoria, Obra, Premios)
Nicolás Frías Allende (en) Traducir
 (Isabel Allende: Traxectoria, Obra, Premios) Editar o valor em Wikidata
ParentesSalvador Allende (second uncle (en) Traducir)
Laura Allende (en) Traducir (second aunt (en) Traducir)
Ramón Huidobro Domínguez (en) Traducir (padrasto (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata

Páxina webPáxina web oficial
IMDB: nm0021196 Allocine: 68574 Allmovie: p168309 TV.com: people/isabel-allende
Twitter: isabelallende TED: isabel_allende Musicbrainz: f9e821ca-154d-4241-b695-b4f9c5067655 Songkick: 186668 Discogs: 518286 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Nace no Perú, con todo é cidadá chilena desde o seu nacemento. Filla de Tomás Allende, funcionario diplomático de Chile e primo irmán de Salvador Allende, e de Francisca Llona. Os seus pais separáronse en 1945, retornando a súa nai a Chile con ela e os seus dous irmáns.Entre 1953 e 1958, a súa familia residiu sucesivamente en Bolivia e Beirut (Líbano). En Bolivia frecuentou unha escola estadounidense e en Beirut un colexio privado inglés. En 1958 retornou a Chile e reencontrouse con Miguel Frías, con quen contraeu matrimonio en 1962.

Dende 1959 ata 1965 traballou na Organización das Nacións Unidas para a Organización para a Agricultura e a Alimentación (FAO) en Santiago de Chile. En 1963 naceu a súa filla Paula. Os anos seguintes pasou longas tempadas en Europa, residindo especialmente en Bruxelas e Suíza. De retorno a Chile en 1966 naceu o seu fillo Nicolás.

A partir de 1967 tomou parte na redacción da revista Paula, ó tempo que publicou artigos sobre diversos temas. Posteriormente realizou diversas colaboracións para a revista infantil Mampato e publicou dous contos para nenos La abuela Panchita e Lauchas y lauchones, ratas y ratones e unha colección de artigos titulada Civilice a su troglodita; ademais traballou en dúas canles de televisión chilenas.

En 1973 estreou a súa obra de teatro El embajador. Ese mesmo ano, se produciu o golpe de Estado encabezado polo xeral Pinochet, no que morreu o seu tío avó. En 1975 exiliouse coa súa familia en Venezuela. Alí permaneceu 13 anos traballando no diario El Nacional de Caracas e nunha escola secundaria ata 1982, e publicou a obra La casa de los siete espejos (1975).

En 1981, tendo o seu avó 99 anos e estando o mesmo ás portas da morte, comezou a lle escribir unha carta que se converteu nun manuscrito. La casa de los espíritus (1982), a súa primeira novela e, a súa obra máis coñecida. Esta suscitou un grande interese e máis tarde foi adaptada ó cine (por Bille August) e ó teatro.

En 1984, publicou De amor y de sombra, que rapidamente se converteu noutro grande éxito e que tamén foi levada ó cine. As viaxes constantes que emprendeu promovendo os seus libros fixeron que o seu matrimonio con Frías chegase a termo. Divorciada do seu marido, casou con Willie Gordon o 7 de xullo de 1988 en San Francisco.

En 1988, concorreu a votar no plebiscito que fixo dimitir ó ditador Pinochet. En 1990, co retorno da democracia en Chile, foi distinguida co premio Gabriela Mistral polo presidente Patricio Aylwin.

Trala morte da súa filla Paula, Allende publicou o libro de memorias Paula (1994). Este esta escrito en forma de carta dirixido á súa filla, cando esta se achaba en coma nun hospital de Madrid. Son unha memoria dos seus anos de nenez e de exilio. Paula morreu de porfiria en 1992.

Actualmente reside en San Rafael (California). Foi distinguida na Academia de Artes e Letras dos Estados Unidos.

Obra

  • La casa de los espíritus (1982).
  • La gorda de porcelana (1984).
  • De amor y de sombra (1984).
  • Eva Luna (1987).
  • Cuentos de Eva Luna (1989).
  • El plan infinito (1991).
  • Paula (1994).
  • Afrodita (1997).
  • Hija de la fortuna (1999).
  • Retrato en sepia (2000).
  • La ciudad de las bestias (2002).
  • Mi país inventado (2003)
  • El Reino del Dragón de Oro (2003)
  • El Bosque de los Pigmeos (2004)
  • El Zorro (2005)
  • Inés del alma mía (2006)

Premios

  • Mellor novela do ano (Chile, 1983).
  • Panorama Literario (Chile, 1983).
  • Autor do ano (Alemaña, 1984).
  • Libro do ano (Alemaña, 1984).
  • Grand Prix d'Evasion (Francia, 1984).
  • Grand Prix A radio Television Belge (Point de Olle, 1985).
  • Mellor Novela (México, 1985).
  • Premio Literario Colima (México, 1986).
  • Quality Paperback Book Club New Voice (Estados Unidos; nomeamento en 1986).
  • Autor do ano (Alemaña, 1986).
  • XV Premio Internazionale I Migliori Dell'Anno (Italia, 1987).
  • Premio Mulheres á Mellor Novela Estranxeira (Portugal, 1987).
  • Nomeamento ó Los Angeles Times Book Prize (Estados Unidos, 1987).
  • Library Journal's Best Book (Estados Unidos, 1988).
  • Before Columbus Foundation Award (Estados Unidos, 1988).
  • Premio Literario XLI Bancarella (Italia, 1993).
  • Independent Foreign Fiction Award (Inglaterra, xuño-xullo de 1993).
  • Brandeis University Major Book Collection Award (Estados Unidos, 1993).
  • Feminist of the Year Award, The Feminist; Majority Foundation (Estados Unidos, 1994).
  • Critics' Choice (Estados Unidos, 1996).
  • Books to Remember, American Library Assoc. (Estados Unidos, 1996).
  • Hispanic Heritage Award for Literature (Estados Unidos, 1996).
  • Malaparte Amici dei Capri (Italia, 1998).
  • Donna Citta Dei Roma (Italia, 1998).
  • Dorothy and Lillian Gish Award (Estados Unidos, 1998).
  • Sara Le Foundation (Estados Unidos, 1998).
  • Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia (2006).

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Isabel Allende TraxectoriaIsabel Allende ObraIsabel Allende PremiosIsabel Allende Véxase taménIsabel Allende194219732 de agostoChileEstados Unidos de AméricaFicheiro:Isabel Allende.oggIsabel Allende.oggLimaPerúSalvador AllendeWikipedia:Ficheiros multimedia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Manuel MurguíaAna TurpinPrestigeMariano RajoyRamón CabanillasPaís Vasco (rexión histórica)Miguel SolísDomingoContactCharles DarwinEva Iglesias MiguénsCEstados Unidos de AméricaAvenida da Liberdade (Lisboa)Provincia da CoruñaLuisa CarnésRembrandtYolanda CastañoLista de paísesTeixugoMaría Jesús MonteroGabriel RufiánContactorAlfonso Rueda1928Santa CompañaEsperantoA gaita gallega (libro)Sete SabiosISBNO GroveCarles PuigdemontAC-141QueiroaLugoPablo EscobarCessna T-37 TweetDonald TrumpPanxermanismoMedoEspañaMúsica tradicional galegaAdrenalinaÁlvaro CunqueiroPaparazziCuruxa comúnMaría Antonieta de AustriaJulio Iglesias RedondoAlberto FortesSabela (Operación Triunfo)República Democrática do CongoMario CaneiroDiáspora galegaBélxicaParlamento de GaliciaCinema pornográficoFala de EstremaduraGoizuetaGuerraEstado NovoRevolución dos caraveisTonhito de PoiGheadaLingua casteláVerónica ForquéEleccións municipais en SadaNacho CastañoXogos floraisPotaCaraveleiraXunta de Galicia🡆 More