Muhammad Al-Bukhari

Abū ‘Abd Allāh Muḥammad ibn Ismā‘īl ibn Ibrāhīm ibn al-Mughīrah ibn Bardizbah al-Ju‘fī al-Bukhārī (en árabe: أبو عبد الله محمد بن إسماعيل بن إبراهيم بن المغيرة بن بردزبه الجعفي البخاري), nado en Bukhara o 21 de xullo de 810 e finado en Khartank o 1 de setembro de 870, tamén coñecido como Bukhārī (en persa: بخاری), Imam al-Bukhari ou Imam Bukhari, foi un ulema persa.

Escribiu unha colección do hadith coñecida como Sahih al-Bukhari, considerado polos musulmáns sunnitas como un nos máis auténticos compiladores do hadith. Tamén escribiu outros libros como Al-Adab al-Mufrad..

Infotaula de personaImán Editar o valor em Wikidata
Muhammad al-Bukhari
Muhammad Al-Bukhari
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) محمد بن إسماعيل البخاري Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xullo de 810 Editar o valor em Wikidata
Bukhara (Abbásida) Editar o valor em Wikidata
Morte1 de setembro de 870 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Samarcanda (Abbásida) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAl Bukhari Memorial (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAbbásida Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam e Sunnismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoScience of hadith (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmuhaddith , alfaquí , ulema , poeta , historiador Editar o valor em Wikidata
ProfesoresAhmad ibn Hanbal, Ali ibn al-Madini (en) Traducir, Yahya ibn Ma'in (pt) Traducir, Ishaq Ibn Rahwayh (pt) Traducir e Al-Darimi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosMuslim ibn al-Hajjaj, Ibn Abi Asim (en) Traducir e Abu Isa at-Tirmidhi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiIsmail ibn Ibrahim (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Nacemento

Muhammad ibn Ismaʿil al-Bukhari al-Juʿfi naceu despois da oración do Jumu'ah o venres 21 de xullo de 810 (13 Shawwal 194 AH) na cidade de Bukhara en Transoxiana (actual Uzbekistán).

O seu pai, Ismail ibn Ibrahim, estudoso do hadith, foi alumno e asociado de Malik ibn Anas. Algúns estudosos iraquís contaron narracións súas do hadith.

Liñaxe

O bisavó Imam Bukhari, al-Mughirah, estableceuse en Bukhara tras aceptar o islam das mans do gobernador de Bukhara, Yaman al-Juʿfi. Como era o costume, converteuse en mawla de Yaman, e a súa familia continuou a levar o nisbah de "al-Juʿfi".

O pai de Al-Mughirah, Bardizbah, é o devanceiro coñecido máis antigo de Bukhari de acordo coa maioría dos estudosos e historiadores. Era un mago zoroastrista e faleceu como tal. As-Subki é o único estudoso que menciona o pai de Bardizbah, que dixo que se chamaba Bazzabah (en persa: بذذبه). Pouco se sabe de Bardizbah ou de Bazzabah, agás que eran persas e seguían a relixión do seu pobo. Os historiadores tampouco teñen información sobre o avó de Bukhari, Ibrahim ibn al-Mughirah.

Estudos do Hadith e viaxes

O historiador al-Dhahabi describiu os primeiros anos da súa vida académica:

Comezou a estudar o hadith o ano 205 AH. Memorizou as obras de [‘Abdullah] ibn al-Mubaarak cando era neno. Foi criado pola súa nai porque o seu pai morreu cando era un neno. Viaxou coa súa nai e o seu irmán o ano 201 despois de oír as narracións da súa rexión. Comezou a escribir libro e narrar o hadith cando era aínda adolescente. Dixo: "Cando cumrpín dezoito anos, comecei a escribir sobre os Acompañantes e os Seguidores e as súas afirmacións. Isto foi durante o tempo de ‘Ubaid Allah ibn Musa [un dos seus mestres]. Nesa época tamén escribín un libro de historia na tumba do profeta de noite durante un plenilunio".
Muhammad Al-Bukhari 
Viaxes de Bukhari buscando e estudando o hadith.

Aos dezaseis anos, el, o seu irmán e a nai viúva, fixeron a peregrinación á Meca. Dende alí realizou unha serie de viaxes para incrementar o seu coñecemento do hadith. Visitou todos os centros de aprendizaxe islámica importantes nesa época, falou con estudosos e intercambiou información sobre o hadith.

Posteriormente volveu a Bukhara, e alí redactou o seu al-Jami' as-Sahih, colección de 7275 tradicións, clasificadas en capítulos para permitir a creación dunha base para un sistema completo de xurisprudencia sen o uso dunha lei especulativa.

O seu libro é amplamente recoñecido entre os sunnitas e está considerado a colección máis auténtica do hadith, mesmo por diante de Muwatta Imam Malik e do estudante de Bukhari Muslim ibn al-Hajjaj. Moitos estudosos sunnitas considérano segundo só despois do Corán en termos de autenticidade. Tamén compuxo outros libros, incluído al-Adab al-Mufrad, colección de hadiths sobre ética e formas, e dous libros con biografías de narradores de hadith.

Últimos anos

O ano 864/250, estableceuse en Nishapur. Foi alí onde coñeceu a Muslim ibn al-Hajjaj. Foi considerado o seu alumno, e finalmente coleccionista e organizador da colección de hadith Sahih Muslim, segunda só despois da de al-Bukhari. Os problemas políticos levárono a marchar a Khartank, aldea próxima de Samarcanda, onde faleceu o ano 870/256.

Mausoleo

Muhammad Al-Bukhari 
Memorial do Imam Al Bukhari

A tumba sitúase no complexo de Imam al-Bukhari, na aldead de Hartang, a 25 quilómetros de Samarcanda. Foi restaurada en 1998 despois de séculos abandono e deterioración. O complexo consiste na tumba, unha mesquita, unha madrassah, biblioteca e unha pequena colección de coráns. A tumba a nivel do chan é só un cenotafio, e a tumba real está nunha pequena cripta baixo a estrutura moderna.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Ghassan Abdul-Jabbar, Bukhari, Londres, 2007
  • Muḥammad ʿIṣām ʿArār al-Ḥasanī, Itḥāf al-qāriʾ bi-maʿrifat juhūd wa-aʿmāl al-ʿulamāʾ ʿalā Ṣaḥīḥ al-Bukhārī, Damascus 1407/1987
  • Jonathan Brown, The canonization of al-Bukhārī and Muslim, Leiden 2007
  • Eerik Dickinson, The development of early Sunnite ḥadīth criticism, Leiden 2001
  • Mohammad Fadel, "Ibn Ḥajar’s Hady al-sārī," JNES 54 (1995), 161–97
  • Johann W. Fück, "Beiträge zur Überlieferungsgeschichte von Bukhārī’s Traditionssammlung," ZDMG 92 (n.s. 17, 1938), 60–87
  • Ignaz Goldziher, Muslim studies, ed. S. M. Stern, trans. C. R. Barber and S. M. Stern (Chicago 1968–71), 2:216–29
  • Nizār b. ʿAbd al-Karīm b. Sulṭān al-Ḥamadānī, al-Imām al-Bukhārī, Mecca 1412/1992
  • al-Ḥusaynī ʿAbd al-Majīd Hāshim, al-Imām al-Bukhārī, Cairo n.d.
  • Abū Bakr al-Kāfī, Manhaj al-Imām al-Bukhārī, Beirut 1421/2000
  • Najm ʿAbd al-Raḥmān Khalaf, Istidrākāt ʿalā Taʾrīkh al-turāth al-ʿArabī li-Fuʾād Sizkīn fī ʿilm al-ḥadīth (Beirut 1421/2000), 135–264
  • Scott C. Lucas, "The legal principles of Muḥammad b. Ismāʿīl al-Bukhārī and their relationship to classical Salafi Islam," ILS 13 (2006), 289–324
  • Christopher Melchert, "Bukhārī and early hadith criticism," JAOS 121 (2001), 7–19
  • Christopher Melchert, "Bukhārī and his Ṣaḥīḥ," Le Muséon 123 (2010), 425–54
  • Alphonse Mingana, An important manuscript of the traditions of Bukhārī, Cambridge 1936
  • Rosemarie Quiring-Zoche, "How al-Bukhārī’s Ṣaḥīḥ was edited in the Middle Ages. ʿAlī al-Yūnīnī and his rumūz," BEO 50 (1998), 191–222
  • Fuat Sezgin, Buhârî’nin kaynakları, Istanbul 1956
  • Umm ʿAbdallāh bt. Maḥrūs al-ʿAsalī et al., Fihris Muṣannafāt al-Imām Abī ʿAbdallāh Muḥammad b. Ismāʿīl al-Bukhārī…fīmā ʿadā al-Ṣaḥīḥ, Riyadh 1408/1987–8

Ligazóns externas

Tags:

Muhammad Al-Bukhari TraxectoriaMuhammad Al-Bukhari MausoleoMuhammad Al-Bukhari NotasMuhammad Al-Bukhari Véxase taménMuhammad Al-Bukhari1 de setembro21 de xullo810870BukharaHadithLingua persaLingua árabeSunnismoUlema

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

San Lázaro, Santiago de CompostelaChatGPTRauw AlejandroJosé Luis VergaraCachotaríaRotacismoSistelo, Arcos de ValdevezHomosexualidadeFranciaPaspallásFacultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da CoruñaMCristianismoPremio RañolasVladimir GudeljJacobo BucetaObxectivos de Desenvolvemento SostíbelCaxade (grupo)José Miñones CondeVerónica Martínez DelgadoPatacas frixidasXestaRubén Fernández GarcíaMario de LangulloConverxencia Nacionalista GalegaAlcaldes da CoruñaO comparativo galegoFirefly LaneRulaBoiro NovoXiros idiomáticos galegosLesmaLista de monarcas de GaliciaGrecia antigaTimeReino UnidoTomas DeLoreyMcDonnell Douglas DC-10XornalismoNacho CastañoGuerra da Tripla AlianzaLoureiroPorscheMinisterio de Sanidade de EspañaMelania CruzNoelia ReyIMichael JacksonAdvanced Encryption StandardJosefina Ling LingLista de concellos de PontevedraJosé Manuel Baltar BlancoGolfiño comúnXosé Ramón GayosoHarvard University PressAntonio ReigosaSistema de escritaCopia por contactoPepe MiñonesRaposo comúnXosé Ramón Gómez Besteiro89Antonio López DíazCañita BravaO vento que axita o orxoFiúnchoCarbohidratoManuel MaríaAndoriñaGloteXulio CésarFuxan os VentosLista de palabras galegas de orixe celtaMeat Is Murder🡆 More