Mieloperoxidase

A mieloperoxidase (MPO) é un encima peroxidase que en humanos está codificado polo xene MPO situado no cromosoma 17.

A MPO exprésase máis abundantemente nos granulocitos neutrófiloss (un tipo de glóbulo branco), e produce ácidos hipohalosos para levar a cabo a súa actividade antimicrobiana. É unha proteína lisosómica almacenada en gránulos azurófilos situados no citoplasma do neutrófilo que é liberada no espazo extracelular durante a desgranulación. A mieloperoxidase de neutrófilos contén un grupo hemo, que orixina unha cor verde nas secrecións ricas en neutrófilos, como o pus e algunhas formas de moco. A esta cor verde débese o seu antigo nome, xa en desuso, de verdoperoxidase.

Mieloperoxidase
Identificadores
Número EC 1.11.2.2
Bases de datos
IntEnz vista de IntEnz
BRENDA entrada de BRENDA
ExPASy vista de NiceZyme
KEGG entrada de KEGG
MetaCyc vía metabólica
PRIAM perfil
Estruturas PDB RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum
MPO
Mieloperoxidase
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
Nomenclatura
Identificadores
externos
LocusCr. 17 q22
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
4353 17523
Ensembl
Véxase HS Véxase MM
UniProt
P05164 P11247
RefSeq
(ARNm)
NM_000250 NM_010824
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_000241 NP_034954
Localización (UCSC)
Cr. 17:
58.27 – 58.28 Mb
Cr. 11:
87.79 – 87.8 Mb
PubMed (Busca)
4353


17523

Estrutura

A proteína MPO de 150 kDa é un homodímero catiónico que consta de dúas cadeas lixeiras de 15 kDa e dúas cadeas pesadas glicosiladas de peso molecular variable unidas a un grupo prostético hemo. As cadeas lixeiras están tamén glicosiladas e conteñen o sitio activo protoporfirina IX de ferro modificado. En conxunto, as cadeas pesadas e lixeiras forman dous monómeros idénticos de 73 kDa conectados por unha ponte de cistina en Cys153. A proteína forma unha profunda fenda que contén o grupo hemo no fondo, e tamén un peto hidrófobo na entrada da cavidade hemo distal que leva a cabo a súa actividade catalítica.

Identificáronse tres isoformas, que difiren só no tamaño das cadeas pesadas.

Un dos ligandos é o grupo carbonilo do Asp96. A unión do calcio é importante para a estrutura do sitio activo debido á estreita proximidade do Asp96 á cadea lateral catalítica de His95.

Función

A MPO é un membro da subfamilia XPO de peroxidases e produce ácido hipocloroso (HOCl) a partir de peróxido de hidróxeno (H2O2) e o anión cloruro (Cl) (ou ácido hipobromoso se está presente o Br-) durante a explosión respiratoria dos neutrófilos. O grupo hemo cómpre como cofactor. Ademais, oxida a tirosina a radical tirosilo utilizando peróxido de hidróxeno como axente oxidante. O ácido hipocloroso e o radical tirosilo son citotóxicos, así que son utilizados polo neutrófilo para matar bacterias e outros patóxenos. Porén, este ácido hipocloroso pode tamén causar un dano oxidativo nos tecidos do hóspede. Ademais, a oxidación pola MPO da apoA-I reduce a inhibición mediada por HDL da apoptose e a inflamación. Ademais, a MPO funciona como mediadora na nitrosilación de proteínas e na formación de enlaces cruzados de 3-clorotirosina e ditirosina.

Importancia clínica

A deficiencia de mieloperoxidase é unha deficiencia hereditaria do encima, que predispón á inmunodeficiencia.

Os anticorpos contra a MPO foron implicados en varios tipos de vasculite, moi especialmente en tres formas recoñecidas clínica e patoloxicamente: granulomatose con polianxiite, polianxite microscópica e granulomatose eosinofílica con polianxite. Os anticorpos son coñecidos tamén como anticorpos citoplásmicos antineutrófilos (ANCAs), aínda que ditos anticorpos tamén se detectaron nas marcaxess da rexión perinuclear.

En estudos recentes atopouse unha asociación entre os niveis elevados de mieloperoxidase e a gravidade da enfermidade arterial coronaria. E Heslop et al. informaron que os niveis elevados de MPO aumentan a máis do dobre o risco de mortalidade cardiovascular nun período de 13 anos. Tamén se suxeriu que a mieloperoxidase xoga un papel significativo no desenvolvemento das lesións ateroscleróticas e converten en inestables as placas.

Usos médicos

Un estudo inicial de 2003 suxire que a MPO podería servir como preditor sensible para o infarto de miocardio en pacientes que presentan dor de peito. Desde entón, publicáronse uns 100 estudos que documentan a utilidade de testar a MPO. O estudo de 2010 de Heslop et al. informou que medir tanto a MPO coma a CRP (proteína C reactiva; un marcador de inflamación xeral e relacionado co corazón) proporciona beneficios adicionais para a predición do risco fronte a medir só a CRP.

A marcaxe inmunohistoquímica para a mieloperoxidase adoita administrarse na diagnose da leucemia mieloide aguda para demostrar que as células leucémicas derivan da liñaxe mieloide. A marcaxe da mieloperoxidase aínda é importante na diagnose do sarcoma mieloide, que contrasta coa marcaxe negativa dos linfomas, que doutro modo poderían ter un aspecto similar. No caso de pacientes de cribados para a vasculite, os ensaios de citometría de fluxo demostraron unha sensibilidade comparable aos tests de inmunofluorescencia, co beneficio adicional da detección simultánea de múltiples autoanticorpos relevantes para a vasculite. Non obstante, este método aínda require máis comprobacións.

A mieloperoxidase é o primeiro e ata agora único encima humano que degrada os nanotubos de carbono, o que calma a preocupación dos médicos clínicos de que o uso de nanotubos para a administración de medicinas dirixidas a unha diana orixine unha acumulación insá de nanotubos nos tecidos.

Inhibidores da MPO

A azida foi utilizada tradicionalmente como un inhibidor da MPO, pero a hidrazida do ácido 4-aminobenzoico (4-ABH) é un inhibidor máis específico.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

  • Cloroma

Ligazóns externas

  • Relación de toda a información estrutural dispoñible en PDB para UniProt: P05164 (Myeloperoxidase) en PDBe-KB.

Tags:

Mieloperoxidase EstruturaMieloperoxidase FunciónMieloperoxidase Importancia clínicaMieloperoxidase NotasMieloperoxidase Véxase taménMieloperoxidaseCitoplasmaCromosoma 17EncimaGlóbulo brancoGránulo azurófiloHemoLisosomaMocoNeutrófiloPeroxidasePusXene

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ChulaFentoMelónProvincia da CoruñaConcellos de GaliciaAnxo AngueiraPedro NimoNarónMáquina comecartosPremios da Cultura GalegaMelideEsgonzo comúnFoliadaLeymaLista de nomes masculinos en galegoThe ArtistLista de palabras galegas de orixe celtaFerrolRelación sexual humanaFolgoso, Castro CaldelasO Cuco de VelleTim RobbinsCercedaOurenseCompromiso por GaliciaLa Voz de GaliciaHeterosexualidadeMiniJanja Lula da SilvaDaniel Carballo CodesidoValfendidoXinzo de LimiaRastroGran Premio de Acerbaixán de 2023A Escravitude, Cruces, PadrónLuís Álvarez PousaCucoJoseba ApaolazaThe Times of IndiaDiane LanePauletaAníbal MalvarHenrique López VeigaLago ComoSantuario de Nosa Señora da PenedaO reino medieval de Galicia na historiografíaAlcaldes da Coruña77VacaMitoloxía galegaNúmero de teléfonoCira, SilledaPíntega comúnSexo analMichelle JennerCangas64Mona SimpsonHadriánDiego AnidoMofa e BefaFrancisco Arriví LópezAsa ga KuruJulián Iglesias del RíoSaga da FundaciónLista de xentilicios de concellos galegosBukkakeXoán (nome)Marta DoviroFamilia CaamagnoYolanda DíazContactorMiguel MosqueiraEsparragueiraCharlie SheenLorbé, Dexo, Oleiros🡆 More