Lago Balkhash

O lago Balkash (casaco: Балқаш Көлі, Balqash Köli; ruso: Озеро Балхаш, Ozero Balkhash) é un gran lago endorreico que ocupa unha depresión pechada na área suroriental de Kazhakhstán, e que forma parte da ampla cunca endorreica da Asia Central que inclúe entre outros o mar Caspio e o mar de Aral.

Cunha superficie de 16996 km², é un dos lagos máis grandes de Asia e o duodécimo lago continental máis grande do mundo. A súa altura media é de 320 m sobre o nivel do mar e drena unha gran cunca de 413000 km².

Lago Balkhash
Lago Balkhash
Vista dende o espazo do lago (NASA, 1991)
Mapa
Capacidade440 km³ hm³
Lonxitude605 km
Cota341,4 m msnm
Profundidade25,6 m m
Prof. media5,8 m m
TipoLago salino en parte
Referencia* Os valores do perímetro, área e volume poden ser imprecisos debido as estimacións desenvolvidas, podendo non estar normalizadas.

No lago desaugan sete ríos, sendo o principal o río Ili, que proporciona a maior parte da auga da ribeira, mentres que outros, como o río Karatal, proporcionan auga tanto en superficie como achegando fluxo subsuperficial. O Ili aliméntase da precipitación (en gran parte o desxeo de primavera) das montañas da China, na rexión de Xinjiang. Os outros ríos, de menor caudal, son o Lepsa, o Aksu, o Byan, o Kapal e o Koksu.

De xeito semellante ao que sucede no mar de Aral, o lago está diminuíndo a causa do uso extensivo que se fai da auga procedente dos ríos que o alimentan. O lago está dividido case en dúas partes por unha península, que deixa a zona occidental de auga doce e a oriental de auga salgada. A profundidade media do lago é de 5,8 m, e a máxima é de 25,6 m.

A cidade máis grande da zona do lago tamén se chama Balkhash e ten uns 66 000 habitantes. As principais actividades industriais na zona son a minaría, o procesamento de minerais e a pesca. O lago permanece xeado dende finais de novembro ata principios da primavera.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Asia CentralKazhakhstánLago endorreicoLingua casacaLingua rusaMar CaspioMar de AralSobre o nivel do mar

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Sexo analGuerra civil rusaKaren UhlenbeckAmérica do NorteAeroporto de Reiquiavik-KeflavíkFosfatidiletanolaminaUral AirlinesPragaShirley ChisholmVía da pentosa fosfatoProteína ATMStoffel VandoorneLingua alemáBostonÁlxebraPristiophoridaeCidade de MéxicoBalsa (árbore)Xosé Ramón GayosoAporofobiaAustraliaMosteiro de Santa María de OseiraÁcido fosfatídicoErgocalciferolFlynasCopa do SarDune (filme de 2021)Circuíto Ricardo TormoJuan Carlos Rodríguez CebriánEdgar de WahlCorpo cetónicoTetrabucleCronoloxía da segunda guerra mundialEsteroideAntigo ExiptoEva Iglesias MiguénsCentral térmica das PontesXXIII dinastía exipciaJohn Horton ConwayReggaeVacaFrank SinatraRamiro CarregalVocalización das avesCrónica troianaPrimeira guerra mundialTracy McGradyManzanedaMukhannathunReino de GaliciaLappeenrantaPhilip GlassPortugalPedro RieloEsteroide sexualSauber F1Olympique de MarseilleLeicesterOranjestad, ArubaHistoria dos eslavos do surBelgradoSteven AdamsEstados Unidos de BélxicaTurboventiladorEurocopa de FútbolTeoría de conxuntosGiotto di BondoneLuis García-ReyPericarditeDeportivo da CoruñaPiñorEleccións municipais en Vilariño de Conso🡆 More