Central Térmica Das Pontes

A central térmica das Pontes é unha central térmica de carbón situada no concello das Pontes de García Rodríguez, pertencente á empresa eléctrica Endesa.

Construíuse e púxose en funcionamento entre os anos 1972 e 1976. Consta de catro grupos de xeración de enerxía de 350 MW cada un, os cales se agruparon nun só grupo de 1400 MW entre os anos 1976 e 1979.

Central térmica das Pontes
Central Térmica Das Pontes
Edificio
TipoCentral térmica
LocalizaciónAs Pontes de García Rodríguez
Coordenadas43°26′26″N 7°51′45″O / 43.44055556, -7.86257°51′45″O / 43.44055556, -7.8625
PropietarioEndesa
Construción
Inicio1972
editar datos en Wikidata ]
Central Térmica Das Pontes
Cheminea da central das Pontes. Comparación coa Torre Eiffel de París.

Orixinalmente deseñada para consumir exclusivamente o lignito local extraído da mina, a central foi adaptada entre os anos 1993 e 1996 para consumir unha mestura de lignito e carbón de importación en proporcións do 50%-50%.

O parque de carbóns da central ocupa unha superficie de 10 Ha, o equivalente a 12 campos de fútbol. A súa capacidade de almaceamento é de 250.000 toneladas.

A cheminea da central ten unha altura de 356 m, cun diámetro na base de 36 m e 18 m no pico, sendo unha infraestrutura única no mundo[Cómpre referencia]. Aparece no Libro Guinness dos Récords como a cheminea de maior volume de todo o mundo, e é a segunda cheminea máis alta de Europa.

A planta de tratamento de efluentes líquidos (Planta T.E.L.) depura a auga procedente da mina, do vertedoiro, da central e do parque de carbóns. A planta está deseñada para tratar caudais de auga que poden oscilar entre 0,45 e 30 m3/s.

Actualmente[cando?] a central está sufrindo un proceso de adaptación ó maior poder calorífico da hulla debido á fin da extracción do lignito na mina local. Atópase en fase de probas outra central térmica de ciclo combinado que usa o gas coma combustible e produce de 800 MW de potencia entre as súas tres turbinas: dúas de gas e unha de vapor. O vapor que utiliza esta última prodúcese aproveitando a calor dos gases de escape das turbinas de gas.

Datos técnicos

Xerador de vapor

Central Térmica Das Pontes 
Torre de refrixeración da central.
  • Fabricante: Foster Wheeler Corporation
  • Circulación natural, tipo torre
  • Combustión tanxencial
  • Produción de vapor: 1.091 TM/h
  • Presión do calderín: 183 kg/cm²
  • Temperatura vapor sobrequentado: 540 °C
  • Presión vapor requentado: 40,5 kg/cm²
  • Temperatura vapor requentado: 540 °C

Turbina

  • Fabricante: Mitsubishi Heavy Industries
  • Potencia: 350 MW
  • Velocidade: 3000 r.p.m.
  • Presión vapor sobrequentado: 169 kg/cm²
  • Presión de escape: 0,069 kg/cm²
  • Temperatura vapor sobrequentado: 538 °C
  • Temperatura vapor requentado: 538 °C

Alternador

  • Fabricante: Westinghouse
  • Potencia nominal: 369 MVA
  • Potencia activa nominal: 350 MW
  • Intensidade nominal: 11.836 A
  • Tensión nominal: 18 kV
  • Factor de potencia: 0,95
  • Refrixerado por hidróxeno: 4,22 kg/cm²
  • Excitatriz: tipo brushless

Galería de imaxes

Tags:

Central Térmica Das Pontes Datos técnicosCentral Térmica Das Pontes Galería de imaxesCentral Térmica Das Pontes197219761979As Pontes de García RodríguezCarbónCentral térmicaEndesaMega-Vatio

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

PegaPosicións sexuaisReino de GaliciaLazaSistema Internacional de UnidadesSistema nervioso somáticoXinzo de LimiaArgos, GreciaAgora RepúblicasMarjorie Emory SimpsonComunicación celularCinque TerreBisexualidadeDonicelaÁlvaro SolerAncaraCamarón de areaCornizóWikipediaTelomeraseBudapestSabuguido, Vilariño de ConsoAntilope cervicapraAWStatsAprendizaxe en liñaRaleigh, Carolina do NortePericarditeDune (filme de 2021)Lista de castelos de PortugalBacaladaConcellos de GaliciaPortadaKingston, OntarioMacedaAmieiroToledoEsteroideMosteiro de Santa María de Sobrado dos MonxesMonterreiEstadio Municipal de RiazorLingua zazakiReino UnidoJosé Luis GilCobra viperinaOsloChipreHistoria AugustaÁcido láuricoSevillaElvis PresleyBrendon HartleyADN mitocondrialAporofobiaFernando AlonsoArco da vellaÁngel Pardo PuzoParque nacionalMarçal MolinéRetorno a Tagen AtaNoruegaBilurico comúnGlícidoSydney SweeneyBrandeburgoBreixoStephen Blair HedgesMétopaGuerraMelbourne Grand Prix CircuitLinguas de EuropaCentral térmica das PontesAngkor WatBacteria gramnegativaXXIII dinastía exipciaPadrendaBerberecho🡆 More